Amosando publicacións coa etiqueta Actividade conxunta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividade conxunta. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de xullo de 2026

ÚLTIMO DÍA.

Imaxe de Suradej P en Pixabay.com
O último día de cole celebramos unha gran festa de fin de curso. Foi unha xornada chea de xogos, risas e momentos inesquecibles para despedir este fantástico curso.

martes, 30 de xuño de 2026

FESTA DOS INCHABLES.

Imaxe creada con Gemini.google.com
Ha véspera de rematar o curso vivimos unha xornada moi especial no pavillón de Forcarei. Todo o alumnado do noso cole xuntouse co alumnado do CEIP de Soutelo para gozar dunha gran festa de inchables.

xoves, 25 de xuño de 2026

ECOS DAS LETRAS (2026).

Imaxe obtida en Colegio Los Sauces
Aínda que a información quedou no tinteiro e non puidemos publicala no seu momento, non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir unha xornada moi especial que vivimos no cole con motivo do Día das Letras Galegas.

domingo, 31 de maio de 2026

OBRADOIROS EDUCALECRÍN.

Logo de Educalecrín

O pasado 27 de abril, no salón de actos do cole, o alumnado do 1º ciclo participou nun interesante obradoiro organizado por Educalecrín centrado no traballo das emocións e da convivencia.

mércores, 8 de abril de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (IV): IMPRESIÓNS.

Imaxe de SweetMellowChill en Pixabay.com
O pasado 20 de marzo tivemos a sorte de recibir no noso centro a Alouette Machine, unha imprenta nómade que percorre escolas achegando ao alumnado o marabilloso mundo da impresión artesanal.

venres, 13 de marzo de 2026

SUSA VOLVEU!

Imaxe do conto
O pasado 24 de febreiro tivemos unha visita moi bonita no cole. A autora e música Susa Herrera veu compartir con nós o seu libro A moto de Rufino.

martes, 30 de decembro de 2025

VISITA PAPÁ NOEL E GUSANITADA.

Imaxe de rabeya jui en Pixabay.com
Durante os últimos días antes das vacacións, no noso colexio vivimos momentos moi especiais cheos de ilusión, música e diversión.

venres, 26 de decembro de 2025

SAÍDA Á RESIDENCIA (2025).

Imaxe de Pixabay.com
O martes 16 tivemos a oportunidade de vivir unha xornada moi especial coa nosa visita á residencia Virxe das Dores de Forcarei. Ata alí desprazámonos os nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º de primaria, con moita ilusión e ganas de compartir un bonito momento cos residentes.

luns, 22 de decembro de 2025

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN.

Imaxe de Rosy/Bad Homburg/Germany en Pixabay.com
Comezamos o mes de decembro vivindo un día moi especial para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

sábado, 13 de decembro de 2025

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA.

Imaxe do proxecto creada en Canva.com pola profe Vane
Xa sei que estamos en plena conta atrás para o Nadal pero temos cousiñas pendentes de mostrar e non debemos de demoralas máis.

mércores, 26 de novembro de 2025

VISITA DE ELENA FERRO.

Imaxe dunha creación de Elena Ferro
O martes pasado todo o alumnado asistimos ao salón de actos para recibir a visita de Elena Ferro, a zoqueira de Merza, recoñecida polo seu traballo artesanal e pola tradición familiar dos zocos.

mércores, 12 de novembro de 2025

SAMAÍN NO COLE(III).CELEBRACIÓN DO SAMAGOSTO 2025.

Imaxe de dandelion_tea en Pixabay.com
O pasado  30 de outubro, o alumnado de 1º de primaria viviu unha mañá moi especial coa celebración do Samaín-magosto.

venres, 7 de novembro de 2025

SAMAÍN NO COLE(II).

Imaxe de Juliezimmi3 en Pixabay.com
A semana pasada o colexio encheuse de cores, risas e... ¡cabazas monstruosas! Con motivo da celebración do Samaín/Halloween, o alumnado de 1º de Primaria, xunto con todo o cole, participou nunha exposición de cabazas chea de colorido e creatividade organizada como cada ano pola teacher.

martes, 4 de novembro de 2025

SAMAÍN NO COLE.

Imaxe de Juliezimmi3 en Pixabay.com
O pasado 29 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria viviu unha xornada moi especial: un "Break out" inspirado no “Hotel Transilvania”!

domingo, 2 de novembro de 2025

PEQUENO CABARET INFANTIL.

Cartel do espectáculo
O pasado 17 de outubro, no noso colexio celebramos o Día das Bibliotecas dunha maneira moi especial. Tivemos a sorte de recibir a Nelson Quinteiro, que nos trouxo o seu espectáculo “Pequeno Cabaret Infantil”.

domingo, 29 de xuño de 2025

SEMANA DE FESTA.

Cartel da festa de aniversario
Este mes de xuño, a nosa escola viviu momentos moi especiais durante a semana de celebración do 50 aniversario do centro. Para conmemorar medio século de historia, organizamos unha serie de actividades que puxeron en valor a cultura, a tradición e o amor pola lectura. Un dos momentos máis emocionantes foi a visita de dous grandes referentes da literatura infantil en galego: Celso F Sanmartín e Ana Meilán.

sábado, 28 de xuño de 2025

SEMANA VERDE.

Logo da Feira
Que día tan especial tivemos o 6 de xuño! Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria visitamos a Feira da Semana Verde de Silleda, unha experiencia inesquecible chea de aprendizaxe, diversión e descubrimentos.

mércores, 11 de xuño de 2025

TOCA A PANDEIRETA, SANÍN!

Imaxe dunha pandeireta de Sanín Percusión
A nosa celebración das Letras Galegas continuou o martes 14 de maio cando recibimos no colexio a José Manuel Salvado Sanín, coñecido como José Sanín, un verdadeiro mestre artesán de pandeiretas e instrumentos de percusión.

sábado, 31 de maio de 2025

NA GRANXA DE.... FERVENZAVENTURA!!!

Imaxe de Fervenzaventura en Abades

Hoxe imos falar de como comezamos o mes e maio.Vivimos unha aventura moi divertida toda a cativada do centro: fixemos unha saída a Fervanventura en Abades. Foi un día cheo de emocións, risas e novas experiencias.

martes, 29 de abril de 2025

CONDUCINDO COA IMAXINACIÓN.

Imaxe de Lean2Succes en Pixabay.com

O 10 de abril , oa nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria, vivimos unha experiencia incrible na biblioteca: construímos e programamos un coche de carreiras con LEGO!