mércores, 29 de abril de 2020

HOXE DÍA DA DANZA E MAÑÁ?

Imaxe de  Lars Peter Witt en Pixabay.com
Hoxe é o Día Internacional da Danza, o cal levamos celebrando dende 1982 para conmemorar o nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre. Tedes información sobre esta data na páxina diainternacionalde.com .

luns, 27 de abril de 2020

REMATA A NOSA VIAXE ESPACIAL!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Esta semana será a última da nosa misión espacial.
Non vos preocupedes. Xa buscaremos outras aventuras nas que embarcarnos. Antes de acabar debemos facer unhas cantas tarefas  para deixar todo ben atado. O saber non ocupa lugar.

sábado, 25 de abril de 2020

FINDE LITERARIO.

Menuda semaniña  máis intensa, non si? Todo foron celebracións arredor dos libros que espero que vos fixeran gozar da súa lectura. Vistes a actividade da biblioteca onde limos fragmentos do Principiño? Por se algún non puido escoitalo, aquí vos deixo os enlaces.

xoves, 23 de abril de 2020

SEMANA LITERARIA (III).

Imaxe atopada na rede
Hoxe é o Día do Libro. Para festexalo tedes unha actividade moi chula que nos ofrece a nosa biblioteca escolar. Queredes saber cal é? Pois entrade a averigualo !!!

mércores, 22 de abril de 2020

ESCÓITOTE, NAI TERRA!!!

Iustración de Evarami.studio
Que curioso que, estando parte do planeta confinado, sexa o momento no que a Terra brille máis intensamente. É so unha reflexión, un pensamento en voz alta que nos pode axudar a ser máis conscientes do que necesita o noso fogar conxunto para  estar mellor.

martes, 21 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

SEMANA LITERARIA.

Imaxe de Idaha en Pixabay.com
Toca facer unha paréntese na nosa misión espacial. Preguntarésdevos o por que. Moi fácil!!! Esta semana celebraremos o Día do Libro e penso que esta data ben merece unha semana de festexos. Estades de acordo? Pois imos aló!!!

venres, 17 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (XIV).

Imaxe de Nicolas Quintana en Pixabay.com
Por fin é venres!!!! Parece que a expresión soaba mellor cando iamos ao cole. Pois non!!! Agora ten que soar igual de ben porque a fin de semana está aquí. E será diferente. Nós farémola diferente!!!

xoves, 16 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (XIII).

Imaxe de Syaibatul Hamdi
Hoxe, no Día Mundial da Voz, falaremos sobre a Lúa. É o único satélite natural da Terra. Pero... Que é un satélite? Déixovos un vídeo para que vos axude.

mércores, 15 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (XII).

Imaxe de Arek Socha en Pixabay.com
Aprendestes moito sobre o movemento de translación da Terra? Pois hoxe toca o segundo movemento: o de rotación. Será xusto aí onde apareza o traballo correspondente.
Imos a por el!!

martes, 14 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (XI).

Imaxe de OpenClipart- Vectors en Pixabay.com
Xa estamos de volta!!! A todos/as nos houbese gustado regresar ao cole, vernos polos pasillos e xogar no patio. Aínda non pode ser. Tócanos ter un  pouco máis de paciencia e niso estamos. Xa falamos onte de que a nosa misión segue. Estades preparados/as?
Imos aló!!!

luns, 13 de abril de 2020

ASTRONOMÍA.

Imaxe de Mystic Art Desing en Pixabay.com
Hoxe é o Día Mundial da Astronomía. Dende o ano 1973 celébrase esta data para achegala á xente común, intentando motivar ás novas xeracións para que se interesen por esta ciencia. Para obter máis información sobre este día consultade a páxina de www.diainternacionalde.com.

martes, 7 de abril de 2020

QUE BONITO TER SAÚDE!!!

Imaxe de digital designer en Pixabay.com
O 7 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde, nesta ocasión estando máis de moda que nunca. A saúde sempre foi prioritaria nas nosas vidas, tal vez non nos dabamos demasiada conta porque era algo que tiñamos incorporado. Non todo o mundo ten a sorte de traela de serie, xa que existen enfermidades conxénitas, xenéticas, invalidantes, dexenerativas, puntuais, incurables e ata raras. Non hai que agoniarse!!! Nos tempos que corren estamos facéndolle fronte a unha pandemia que non sabemos como resolver aínda. Todo chegará!!!

venres, 3 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (X).

Imaxe de Gordon Johnson n Pixabaycom
Hoxe, véspera das vacacións, imos tomar a cousa con calma e recapitular.Como traballo propóñovos o seguinte:

mércores, 1 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (IX).

Imaxe de DavidRockDesing en Pixabay.com
Hoxe chegamos ao astro rei: o Sol. O que nos quenta e nos ilumina, no fondo o que permite que no planeta Terra exista vida. El darávos as claves do traballo de hoxe.

AVENTURA ESPACIAL!!! (VIII).

Imaxe de CharlVera en Pixabay.com
Hoxe comezamos o mes de abril celebrando o Día das Bromas en algúns países europeos. Parece que a cousa non está para moitas historias pero ter gañas de vivir e facelo cun sorriso pode solucionar moitos problemas.