sábado, 25 de febreiro de 2023

RECURSOS ROSALÍA (2023).

Imaxe de Chuliña

Festexar o Día de Rosalía é un feito que debemos realizar anualmente pero non aproveitala a diario debería considerarse un delito. Para que poidamos gozala todos os días, uns recursos que nos poden axudar.

venres, 24 de febreiro de 2023

DESFILE DE ENTROIDO.

Imaxe de Liam Ortiz en Pixabay.com
Durante a semana pasada, estivemos indo todos os cursos pola biblioteca para xogar coa profe Vane ao Pasapalabra. Adiviñades a temática??? O Entroido!!! Foi moi divertido e aprendemos un montón dos diferentes personaxes que campan as súas anchas por Galicia adiante nestas datas.

xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSA.

Poster de Franck Sastre
Hoxe é o Día da nosa Rosalía! Despois dun Entroido axetreado e cheo de troula , retornamos ao cole para celebrala. Case estou segura que está todo dito desta magnífica autora pero aínda así, mostrar a nosa admiración por ela e a súa obra nunca está de máis.

martes, 21 de febreiro de 2023

DÍA DA LINGUA MATERNA (2023).

Imaxe da Editorial GALAXIA
Hoxe é un día importante. Imos celebrar a Lingua Materna!!! Porque debemos aproveitar as ocasións que temos para festexar todo o que sexa cultura, raíces,idioma....En dúas palabras, o propio.

domingo, 19 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023.

Imaxe de  Stefan Schweihofer en Pixabay.com
A semana pasada tivémola moi movidiña; con isto do Entroido, case todo foi festa.E tomar medidas, e probar disfraces, e facer maracas.... Bueno, non nos adiantemos aos acontecementos.

xoves, 16 de febreiro de 2023

CELEBRACIÓN DO 11F.

Imaxe de treintayseis
Como xa dixemos na entrada anterior, celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha estupenda sesión de Ciencia, enmarcada na "Maxia dos venres" da biblioteca. Esta actividade levárona a cabo alumnos/as do IES "Chano Piñeiro" coa súa mestra María García Chao á fronte.

sábado, 11 de febreiro de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (2023).

Imaxe de  Colectivo Violeta DH
Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nós onte festexámolo no cole pero iso será para outra entrada. Nesta, imos con información!

xoves, 9 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ (2023).

Imaxe de Arek Socha en Pixabay.com
O pasado 30 de xameiro, celebramos o día Escolar da Paz e a non Violencia no cole. Xa durante a semana anterior falamos do tema e fixemos unha plantación de fabas máxicas. Si, si, como o oídes! Máxicas de todo. Tanto é así, que aínda estamos esperando que saian!😅

venres, 3 de febreiro de 2023

TEMA 3. CIENCIAS SOCIAIS.

Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
Neste tema de Ciencias Sociais tocáronnos as Comunidade Autónomas, coas súas provincias, capitais...
Como vos dixen en clase, vouvos compartir algún xogo para practicar de Seterra. Uns compis profes suxeríronme outra páxina, DIDACTALIA (en galego). A ver se vos gusta!

mércores, 1 de febreiro de 2023