xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2020.

Imagen de Alexas_Fotos en Pixabay
Nun día tan especial, no que celebramos o que queremos para diario compártovos 10 frases sobre a Paz que aparecen dentro de Guíainfantil.com. Trae varios enlaces que vos levarán a interesantes artigos.

martes, 28 de xaneiro de 2020

SUMAMOS?

Imagen de Ulrike Leone en Pixabay
Xa facía tempo que non compartiamos uns xogos, non si? Pois hoxe toca practicar a suma. Na páxina de Juegos Infantiles hai moitas opcións divertidas pero imos decantarnos polo exercicio da suma.
Aparecen 7 xogos diferentes para que poidades ir avanzando e adaptándovos ao voso nivel. Se xogades moito seguro que os faredes todos xenial!!!

sábado, 25 de xaneiro de 2020

CAIXÓN DESASTRE (V)

Montaxe realizada con Pizap
Hoxe tócanos  conto no "Caixón Desastre". "El abrigo de Jana" é unha conmovedora historia sobre a busca da identidade e a autoestima. Está escrito por Lola Ordoñez e ilustrado por Desirée Arancibia. Que vos guste!!!

Obtido no canal de Youtube Cuentos en la nube.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

RECURSOS DA PAZ 2020.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Imos ver que temos por aquí para celebrar este 30 de xaneiro o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
-No blogue da nosa amiga Blanca B, Actividades para Educación Infantil, aparecen interesantes actividades sobre o día da Paz.

martes, 21 de xaneiro de 2020

DÍA MUNDIAL DO ABRAZO 2020.

Imaxe de Mugoshos
Se hai algo que conforte, que calme, que sosteña e agarime ese é un abrazo. Pero non de calquera maneira, non por compromiso; ten que ser sentido, desexado, dado e recibido con amor. Cando fai tempo que non ves a unha amizade ou familiar, cando tes un mal día, cando queres celebrar un triunfo... Non hai cousa mellor!!!
Ten moitos beneficios. Ollade!!
Imaxe obtida en Hop´Toys
Na páxina de Educa y aprende ofrécennos o conto "La fábrica de abrazos". Resultoume interesante, a ver que vos parece!
Podedes ver a entrada do ano pasado aquí.
Obtido no canal de Youtube de CorreoMágico
FELIZ DÍA CHEO DE APERTAS!!!

domingo, 19 de xaneiro de 2020

PUNTIÑOS E RECOMPENSAS.

Imaxe atopada en WikiHow
Rematado o trimestre case todos/as conseguiron os dez puntos dos seus teléfonos de última xeración (queda algún rezagado ao que lle faltan dous ou tres). 
Marco de fotoefectos.com
Obtiveron  os  puntos grazas a rematar os seus traballos en aula, a traer algún encargo especial da profe, como agasallo dun compi... e así conseguiron a súa recompensa. Queredes vela?
Montaxe realizada con PiZap
Con eles faremos estupendas sesións de lectura en baixo, aínda que eles escoiten o que len.
Permanecede atentos/as!!! Cócense novos puntos!!!

venres, 17 de xaneiro de 2020

RECURSOS INVERNO 2020.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Metidos de cheo na estación do frío, imos ver que podemos facer con este tempo que nos toca aguantar.
- Na páxina de Familiados aparecen actividades para facer coa cativada neste inverno.
- En Sapos y princesas hai 5 manualidades divertidas para pasar as frías tardes entretidos/as.
-Na web de Guíainfantil  compártennos uns ditados e dous poemas sobre o tema.
- Este ano tamén atopei en Pinterest un taboleiro de Actividades de inverno de Isa Bel que ten un pouco de todo.
- Non vos esquezades consultar as ideas de anos anteriores.
SEGUIMOS CO INVERNO!!!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

AGASALLOS E PROPÓSITOS 2020.

Imaxe de Bruno/Germany en Pixabay.com
Os Reis e Papá Noel viñeron cargados de presentes e todos/as tivemos que contar algo do que nos trouxeran. Tamén fixemos uns propósitos para este novo ano. Aquí vos contamos todo!!

luns, 13 de xaneiro de 2020

DÍA MUNDIAL DO BRAILLE.

Imaxe de Little Boulder en Pixabay.com
Con todo o lío das vacacións e datas festivas colóuseme  o Día Mundial do Braille, que foi o 4 de xaneiro. A Organización das Nacións Unidas proclamou esta data para concienciar sobre a importancia deste sistema para a comunicación das persoas invidentes. O braile é un sistema de lectura e escritura táctil pensado para persoas cegas. Vós xa tivestes a sorte de que Bea, a amiga de Alex, vos ensinase un texto escrito e de poder tocalo. Lembrádesvos?
Na páxina de Díainternacionalde.com tedes máis información sobre este tema. Clicade na imaxe do logo.
Atopei este anuncio dunha marca de roupa sobre o tema  e quero que o vexades. Pareceume moi emotivo; por iso o comparto, non para facer publicidade, vale?

Obtido no canal de Youtube de Levi´s

sábado, 11 de xaneiro de 2020

EDUCACIÓN RESPONSABLE (IV).

Toca contar como rematamos o noso proxecto de Educación Responsable. Cando rematamos de ler o libro, que  nos gustou un montón, fixemos un par de xogos para quedar con bo sabor de boca.
Aquí volos ensinamos!
Montaxes realizadas con PiZap
Gustaríame darlle as grazas á miña tirora, Beatriz Castro Suárez, pola súa atención e asesoramento. Foi de moita axuda!!

xoves, 9 de xaneiro de 2020

O QUE DEIXARON OS REIS.

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Xa estamos de volta! Con máis ánimos e máis gañas se cabe. O mellor de volver é o reencontrarse,o contar e escoitar e, no noso caso,as sorpresas. Si, porque cando chegamos atopamos ao lado do photos uns paquetes misteriosos. Había unha notiña e así descubrimos que foran os Reis Magos os que nos deixaran os presentes. Mar, a encargada da semana, abriu un deles e despois escolleu aos compis que quixo que lle axudaran.
Así foron saindo un xogo de memoria, un xogo de dados para contar historias,un tangran diferente e un conto "Caleidoscopio se emociona". Xa vos contaremos como nos vai  con todo!!!
Montaxes creadas con Pizap

luns, 6 de xaneiro de 2020

XA CHEGARON OS REIS MAGOS.

Imaxe de Michelle Maria en Pixabay.com
Que tal se portaron os Reis? Seguro que moi ben! Non sei se de acordo con como vos portastes vós ou de maneira máis xenerosa. En todo caso seguro que estades contentos/as!
O meu agasallo neste día é este precioso anuncio que nos fala da amizade. Espero que vos guste!!
Obtido no canal de Youtube de Guardian News
Móstrovos as estupendas postais que realizastes en clase e supoño que vos chegaron antes de Nadal,
os detalles que levastes o último día para a casa,
os traballos do trimestre 
e uns presentes que recibín con moita ilusión!
Montaxes realizadas con PiZap
Todo isto conforma uns estupendos agasallos que pecharon o noso trimestre. A polo 2º con máis gañas se cabe!
FELIZ DÍA DE REIS!!!

domingo, 5 de xaneiro de 2020

EDUCACIÓN RESPONSABLE (III).

Na segunda parte do proxecto de Educación Responsable, metémonos de cheo na lectura do libro "Un bicho raro". Fomos facéndoo de maneira progresiva, en varias sesións, alternando algunhas actividades que se nos propoñían. Explícovolo como na entrada anterior.
Montaxes realizadas con Pizap

sábado, 4 de xaneiro de 2020

MANUALIDADES 2019 (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Chegados a decembro fixemos unhas manualidades de Nadal. Comezamos cun anxo para colocar na árbore ou en calquera parte da casa. Fixémolos seguindo unhas instruccións sinxelas.
Os anxos quedaron moi simpáticos, que lle puxemos as nosas caras. Mágoa que a profe, cos apuros, non fixo ningunha foto.
Tamén fixemos unha árbore decorativa. Pintamos rolos de papel hixiénico, marrón para o tronco e verdes para a copa. Para o tronco necesitamos un rolo completo e para a copa 6 aros do cartón. Da montaxe e a decoración encargouse a profe porque se fixo con silicona quente; hai que evitar accidentes.  A ver se vos gustan!!
Montaxes realizadas con PiZap

venres, 3 de xaneiro de 2020

COUSAS DO NADAL (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Quédanos contar o remate de trimestre; que foi apoteósico!!! O día do festival estabamos todos/as eufóricos/as pero aínda así conseguimos controlar os nervios.
Os nosos compis fixérono todos/as moi ben!!!Mirade que guapos estaban!
Nós non nos quedamos atrás; faciamos uns pingüíns ben xeitosos!! E que dicir dos nosos S. Xosé e Virxe María esquimais!
Montaxes realizadas con PiZap
Aquí vos deixo os vídeos das nosas actuacións. Non teñades en conta o son, que non é moi bo,fixádevos no ben que o pasamos!
Vídeos obtidos no canal de Youtube de Anabel García