domingo, 31 de maio de 2020

OS MAIOS.

Imaxe atopada na rede
Xa remata o mes e con el o prazo para realizar o voso maio. Como vos foi? Xa volo digo eu : ESTUPENDAMENTE!!! Estou encantada co resultado desta actividade, sorprendida moi gratamente e agradecidísima polo esforzo realizado. Queredes ver os reultados? Non perdades detalle!!!

luns, 25 de maio de 2020

AS LETRAS DA NOSA VIDA(II).

Imaxe obtida na Primavera das Letras
Rematando o mes de maio, imos dedicarlle esta última semana a Ricardo Carvalho Calero e as nosas Letras, que ben o merecen! Lembrade que tendes que facer o voso maio. Algúns xa os vin e son espectaculares; estou desexando ver o resto.
Imos coa derradeira semana deste mes!!!

mércores, 20 de maio de 2020

AS ABELLAS.

Imaxe de Ralf Uy en Pixabay
Hoxe é o Día Mundial das Abellas, que levamos celebrando dous anos. Esta data pretende crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores, dos perigos que corren e dos beneficios que nos aportan.

luns, 18 de maio de 2020

AS LETRAS DA NOSA VIDA.

Imaxe obtida en A primavera das Letras
Que tal, meus recén licenciado/as detectives? Obtidas as credenciais polas que tanto e ben traballastes nestes días, debemos comezar unha nova misión. Esta ten que ver co estudo e disfrute das Letras Galegas. Estades preparados/as?
Comezamos!!!

domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020.

Imaxe atopada na rede
Tócanos hoxe unha celebración un tanto descafeinada. Polos efectos da pandemia non haberá os fastos e festas de anos pasados na conmemoración das Nosas Letras; as Galegas. Instituídas en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a persoas detacadas pola súa creación literaria  en galego ou pola defensa do mesmo, chegan aos nosos días resaltando a figura de Ricardo Carvalho Calero. O insigne autor ten unha extensa obra e foi defensor do idioma, co cal cumpre as espectativas dobremente.

sábado, 16 de maio de 2020

UNHA DE DETECTIVES (IV).

Imagen de TheToonCompany en Pixabay
Teño o pracer de anunciar que, a maioría dos alumnos/as de 1º, acaban de licenciarse con honores como detectives!!! Despois de realizar un arduo entrenamento, durante dúas semanas,  e finalizado o seu kit para o traballo de campo, puideron recibir as súas credenciais como axentes. Existe algún investigador/a pendente de placa debido a que ten algún asunto sen rematar. Non ten máis que facelo para conseguir o obxectivo.
A continuación, mostramos os excelentes resultados da elaboración do kit de detective.

xoves, 14 de maio de 2020

DÍA INTERMEDIO.

Imaxe atopada na rede
Onte foi o Día do Neno/a Hospitalizado e no podemos pasar por alto porque mentres nós nos preocupamos por se podemos saír ou non ou se está permitido facer determinadas cousas, hai moitos nenos e nenas que están nos hospitais e viven confinados temporadas longas como nos acaba de pasar a nós.Ser coscientes da realidade pode axudarnos e ver de xeito máis claro  que cousas son as importantes e onde podemos axudar. Que onte fora o seu día non significa que hoxe non poidamos falar, pensar ou actuar sobre un problema. Ás veces, so é cuestión de empatizar.
Déixovos información sobre a data.

martes, 12 de maio de 2020

DÍA DA ENFERMERÍA.

Vector de Médico creado por freepik - www.freepik.es
Hoxe é o Día Internacional de Enfermería. Escolleuse o 12 de maio porque é a data de nacemento da considerada a fundadora da enfermería moderna, Florence Nightingale. Nos tempos que corren temos moi clara a importancia de todo o persoal sanitario que se dedica a velar pola nosa saúde, pero sempre foi importante e sempre estivo aí. Isto pasa tamén con outros moitos colectivos sociais que son básicos para o bo funcionamento das nosas vidas. Que non teña que suceder unha catástrofe para que sexamos concientes do importante!!!

luns, 11 de maio de 2020

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2020.

Imaxe atopada na rede
Este ano as nosas Letras están dedicadas a un autor ferrolán, Ricardo Carballo Calero (ou Carvalho Calero, como asinou os seus escritos dende a década dos 70). Aínda que por mor desta pandemia se  trasladou a celebración da data a outubro, nós imos compilar recursos para traballar  a nosa festa.

domingo, 10 de maio de 2020

UNHA DE DETECTIVES (III).

Vector de Fondo creado por brgfx - www.freepik.es
Como ides, detectives? Creo que xa case todos/as descifrastes parte do enigma que propuxen esta semana pasada. Agora falta a segunda parte. Estades preparados/as? Tendes xa listo o voso kit? Algún maletín xa o vin e teño que dicirvos que investigar así ten que ser espectacular!!!

venres, 8 de maio de 2020

UNHA DE DETECTIVES (II).

Vector de Cámara creado por macrovector - www.freepik.es
Como están os meus detectives favoritos? Está decifrada a primeira parte do enigma proposto? Beeeeen!!! Xa sabía eu que podía contar con vós!

martes, 5 de maio de 2020

SALVANDO VIDAS!!!

Imaxe obtida na rede.
O 15 de outubro celebramos o Día Mundial do Lavado de Mans e hoxe, 5 de maio, o Día Mundial da Hixiene de Mans.

luns, 4 de maio de 2020

UNHA DE DETECTIVES.

Vector de Plantilla creado por brgfx - www.freepik.es
Unha semana máis estamos de volta para seguir aprendendo. Xa regresastes da viaxe espacial? Non teñades pena por ela; poderedes retomala sempre que queirades. Agora gustaríame propoñervos algo diferente. Estades preparados?

domingo, 3 de maio de 2020

AI, MI MADRE!!!

Vector de Floral creado por freepik - www.freepik.es
Que día tan especial! Aquel que lle dedicamos ás nosas nais. Esta sí que é unha data merecida e que me gusta celebrar porque, aínda que so teña unha perspectiva, claramente agradezo a labor dunha nai. En concreto, a da miña. Canta sabedoría acumulada, canta paciencia gardada, canto amor incondicional..... Da igual como seamos os fillos, elas ; quérennos igual. Iso non significa que nos pasen todo, que non vexan os nosos defectos ou que calen ante as inxustizas. Están para guiar, para acompañar, para curar..... Tendo un papel tan importante, como non as imos querer?

sábado, 2 de maio de 2020

NON AO BULLYING!!!

Vector de Escuela creado por upklyak - www.freepik.es
Hoxe é o Día Internacinal conta o Bullying ou o Acoso Escolar. Esta desafortunada data está no calendario por algo co cal teremos que tomar cartas no asunto. Neste tempo estivemos nas nosas casas e aínda seguiremos algo máis. Pero volveremos!!! E teremos que repectar aos demais, deixalos vivir nas súas diferenzas e ser nós libres tamén.

venres, 1 de maio de 2020

3,2,1... DESPEGUE!!!

Vector de Fondo creado por pikisuperstar - www.freepik.es
Hoxe, no Día Internacional dos Traballadores, imos despegar na nosa nave espacial. Xa fixemos moitos estudos, temos os nosos traxes preparados, sabemos como construir foguetes.... Solo nos queda iniciar a viaxe! Será tan longa ou curta como cada quen a queira facer ,tan intensa  e apaixonante como cada un a queira sentir e tan produtiva e frutífera como nos empeñemos en facela. Realmente isto xa ten que ver con como chegamos ata aquí e con todo o que aprendemos ao respecto. Espero que fora moito e bo.
Cando olledes pola ventá da nosa nave espacial seguro que podedes observar todo o que estudamos. Clicade no logo da NASA e aí veredes o que vos estou contando.