domingo, 10 de maio de 2020

UNHA DE DETECTIVES (III).

Vector de Fondo creado por brgfx - www.freepik.es
Como ides, detectives? Creo que xa case todos/as descifrastes parte do enigma que propuxen esta semana pasada. Agora falta a segunda parte. Estades preparados/as? Tendes xa listo o voso kit? Algún maletín xa o vin e teño que dicirvos que investigar así ten que ser espectacular!!!
A finais desta semana celébrase o Día das Letras Galegas. Como estamos inmersos en plena investigación detectivesca, imos deixar para a segunda quincena de maio a Carballo Calero (o autor homenaxeado este ano)  e o festexo o noso. Así podemos centrarnos mellor no tema.
Imos ir co traballo desta semana.

Fixádevos que aparece o panel da semana pasada. Tedes que clicar na frecha da dereita para pasar ao desta semana. O traballo está disposto coma sempre, por días. O mércores temos unha ficha interactiva de Ciencias da Natureza. Facédea así, tamén temos que realizar cousas on line.
Espero as fotos dos vosos kits de detectives. Xa recibín un vídeo!!!
IMOS A POLA SEMANA!!!

2 comentarios:

  1. Cuando era pequeña jugaba a ser detective., ¡me encantaba investigar!
    De mayor he estado trabajando en un archivo también, en cierta manera, investigando,jajajaja
    Un bico forte, Anabel.

    ResponderEliminar