lunes, 29 de abril de 2019

DANZA E MÚSICA.

Foto de danza Maasai  obtida en Pixabay.com
Hoxe, 29 de abril, é o Día Internacional da Danza. Como xa sabedes,existen entradas de anos anteriores que podedes consultar, e eu dedicareime a darvos novas informacións. Como por exemplo, que este ano a encargada de escribir o manifesto para este día foi a bailarina, coreógrafa e docente exipcia, Karima Mansour. Resumiría a  súa mensaxe en "A danza é sanadora. A danza é onde a humanidade pode atoparse." Se queredes ler a mensaxe enteira premede aquí.
Tamén é propio de min, neste día, falar do meu curmán Pablo que, xunto cos seus compis da escola Media Punta, recorren escenarios e concursos mostrando a súa arte. Pero fora dos premios que conseguen(que son moitos)o máis importante é loitar polos soños e gozar do que apaixona. Quedádevos con iso porque é importante para as vosas vidas: sen esforzo non se consegue nada e a felicidade persoal está ligada a  dedicarse ao que a un lle gusta.
Queda aquí testemuña do traballo destes mozos/as que representan "Terra de meigas" na III Gala do Turismo das Rías Baixas.

Obtido no canal de Youtbe MEDIA PUNTA
Se clicades no enlace poderedes disfrutar doutras fantásticas coreografías no su canal e non esquezas o de anos anteriores, aquí.
Imaxe   obtida en Pixabay.com
Adiantándonos a mañá, 30 de abril, xa comezamos hoxe a festexar o Día Internacional do Jazz. Se queredes saber o por que da súa cebración, clicade na imaxe.
E que mellor maneira de facerlle homenaxe a este xénero musical tan vital , como escoitar unha boa peza. Nesta caso trátase de "A shot in the dark" do xenial Henry Mancini. Que vos guste!!!
Obtido no canal de Youtbe de Dachero
FELIZ DÍA!!!

domingo, 28 de abril de 2019

CÓNTOCHO?

Imaxe obtida en Pixabay.com
Aquí vos deixo unhas crónicas sobre as vacacións de Semana Santa. Creo que na maioría dos casos foron moi produtivas. Botádelle un ollo!

viernes, 26 de abril de 2019

SOLAR SYSTEM.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hoxe na clase estivemos vendo uns vídeo sobre o sistema solar e as fases da Lúa. Como resultaron moi interesantes e entretidos, propuxen colgalos no blogue. E aquí estou , cumprindo a palabra.
Déixovos o de Paxi explorando o noso sistema solar e o de Happy Learning sobre a Lúa.
Obtido no canal de Youtube European Space Agency, ESA
Obtido no canal de Youtube Happy Learning Español
Como agasallo para todos/as os que vos pasedes, este vídeo de curiosidades sobre a Lúa. Poñede moita atención porque fala de cousas que vimos e experimentamos na clase o outro día: a gavidade, tirar dous obxectos á vez desde a mesma altura..... Alguén se lembra?
Obtido no canal de Youtube Happy Learning Español

martes, 23 de abril de 2019

MÁIS LIBROS, POR FAVOR!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como cada 23 de abril, o día de San Xurxo celebramos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Para non repetir sempre o mesmo rediríxovos á información que aparece na páxina das Nacións Unidas, que nos conta o por que desta data. Nesta ocasión céntrase na importancia de manter e protexer as linguas indíxenas,  acorde coa celebración do Ano Internacional das Linguas Indíxenas.
Como cada ano, desde o 2001,  a UNESCO escolle unha Capital Mundial do Libro. A elexida para o 2019 é Sharjah (Emiratos Árabes Unidos). "A súa oferta innovadora, completa e inclusiva, cun programa de actividades centrado na comunidade que ten propostas creativas para involucrar á poboación inmigrante" foi decisivo na súa elección." (Cedro, Centro Español de Dereitos Reprográficos). Clicade sobre imaxe da cidade para saber máis.
Para celebrar o día déixovos unha selección de 34 libros recomendados na páxina de La Cuentería Respetuosa.
E tamén o conto "Roberto y el escultor de nubes" que atopei en Babyradio.
Obtido no canal de Youtube de Babyradio
Consulta e goza das entradas de anos anteriores, aquí.
FELIZ DÍA!!!

lunes, 22 de abril de 2019

DÍA DA TERRA 2019.

Imaxe a topada na rede
Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Internacional da Nai Terra coa pretensión de recordar que o planeta e o que nel habita sustenta as nosas vidas. Tamén se poñen de manifesto os problemas que afectan á Terra e as diferentes formas de vida. Tedes información sobre o tema na páxina arxentina de AIM (Agencia de Informaciones Mercosur).
Queda para a reflexión esta presentación que nos fala de como están as cousas nestes intres.

Obtido no canal de Youtube de IMPOUY
Pero non podemos quedarnos solo co que está mal, senón que debemos actuar dentro das nosas posibilidades (que son moitas aínda que pensedes que non). Aquí vos deixo dúas cancións sobre a Terra para que as gocedes e sigades os consellos que nelas nos dan.
Obtido no canal de Youtube de Ballon  and Ben
Obtido no canal de Youtube de yose Ss
Non esquezades as entradas de anos anteriores; están aquí.
FELIZ DÍA!!!

sábado, 20 de abril de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Seguimos contádovos como foi a recepción de novas cartas, que encheron a nosa aula de sorrisos e ledicia.
Teño que pedir desculpas porque  o segundo en recibir correo foi Luis pero eu empeñeime en que fora Héctor; cousas da idade, nenos/as! Dito isto, Luis recibiu contestación da súa curmá, Maca. Mirade como a recibiu!
Tamén Oliva tivo novas da profe Silvia (a súa profe en 5 anos), que foi  quen ela escolleu para escribirlle. Nesta ocasión, a extensísima misiva , viña acompañada dun precioso collage fotográfico que a profe fixo con fotos dos nenos/as cando eran máis cativos. Gustounos a todos/as un montón!
Así recibiu Oliva a súa carta.
Vídeos obtidos no canal de Youtube Anabel García
Aquí vos deixo as súas cara cando as leron. É evidente que lles fixo mioita ilusión!
Montaxe realizada con PiZap 

jueves, 18 de abril de 2019

RECURSOS PRIMAVERA 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Antes de que me pase como cos recursos de inverno (pasou a estación e non tiven tempo de colgalos), ofrézovos algunhas posibilidades para gozar da primavera.
-Comezamos cunha compilación de carteis decorativos da primavera en Escuela en la Nube.
-Seguimos con decoración de portas e murais temáticos a cargo de Imágenes Educativas.
-Na páxina de Rejuega y disfruta jugando!, aparecen 10 actividades primaverais asociadas a libros infantís.
- No blogue da nosa amiga Blanca, Actividades para Educación Infantil, aparecen 16 manualidades ben chusquiñas.  Botádelle un  ollo!
- En Sapos y Princesas, un pouco de todo.
- Non podedes esquecer as entradas doutros anos, que están contidas todas en Recursos Catro Estacións.
FELIZ PRIMAVERA!!!

martes, 16 de abril de 2019

CAIXÓN DESASTRE (VII)

Montaxe realizada con PiZap
Como prometín no último Caixón Desastre (fai moito,moito tempo), aquí vos deixo o conto do "Crebanoces". Se ben é certo que está ambientado no Nadal, tamén o é que podemos gozar de calquera historia en calquera época do ano. Agora que estades de vacacións poderesdes disfrutar de dúas versións do conto.
Obtido no canal de Youtube de Apploide-Kids
Obtido no canal de Youtube de Músicaeduca
Podes acceder á entrada anterior premendo aquí.

sábado, 13 de abril de 2019

O INVISIBLE, VISIBLE.

Burato negro.Foto: Event Horizon Telescope (EHT)
O día 10 de abril convertiuse nun día histórico, cando o EHT ,fixo a primeira fotografía dun burato negro. Pero, que é exactamente? Neste vídeo de Happy Learning explícannolo moi ben.
Obtido no canal de Youtube de Happy Learning
En Pregúntale a un astrónomo para niños, aparece moita máis información interesante. Clicade na imaxe para acceder. Tamén hai información sobre os Planetas, o Sol.... Podedes aproveitala para os vosos traballos de recollida de información.
En Infonucleo tendes unha recopilación de páxinas moi imteresantes de astronomía para nenos/as.
Aquí vos deixo un vídeo de La Vanguardia coa primeira imaxe conseguida deste fenómeno.
Obtido no canal de Youtube de La Vanguardia

miércoles, 10 de abril de 2019

PROXECTO :MERGULLÁNDONOS NA BIBLIOTECA. 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA. (III)

 Caricatura de Julio Verne por Bodard.
Despois do visionado da película "20.000 leguas de viaxe submarina" decidimos ler unha adaptación sobre a obra da editorial Baía Edicións. Gustounos moito , sobre todo, ir anticipando o que ía pasar no relato.
Pensamos que estaría ben coñecer ao autor desta historia e comezamos polo seu aspecto físico. Vimos unhas imaxes e despois realizamos un retrato do mesmo ,baseándonos no debuxo de Mili Koey. Estes son algúns exemplos:
Montaxe realizada con PiZap
Tamén nos interesamos pola súa biografía. Déixovos  a súa vida nun minuto e na próxima entrada cóntovos como fixemos as nosas.
Obtido no canal de Youtube de pathbooks

domingo, 7 de abril de 2019

CANTO VALE A SAÚDE!

Imaxe obtida na páxina de OPS
Este ano, o 7 de abril, (Día Mundial da Saúde) pídese a Saúde Universal, para todos e todas, en todas partes. Ese é o obxectivo fundamental da OMS (Organización Mundial da Saúde) para este 2019. Se premedes sobre a imaxe obteredes máis información sobre o tema.
Na páxina de guíainfantil.com atopei  dez consellos para que os nenos/as coiden o seu corpo.
Para saber cales son os puntos claves para ter saúde podedes escoitar esta canción de Andaluna e Samir, que nolo deixa moi claro.
Obtida no canal de Youtube de Andaluna y Samir
Como sempre tedes as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!

viernes, 5 de abril de 2019

TODO PODE SER.

Hoxe traivos dúas actividades que fixemos con motivo  doutras dúas conmemoracións que celebramos na aula. Unha ten que ver co Día Internacional da Muller. Primeiro, escoitamos a canción de La guagua "Todo pode ser" e, ata cantamos algo. Despois de falar da letra e da igualdade, fixemos un debuxo daquelo que pensabamos que podía ser; porque  se o cres posible, TODO PODE SER!
Estas son as propostas.
A segunda actividade está relacionada co Día da Cocienciación sobre o Autismo. Tamén falamos do tema e, decidimos que si, que queriamos facer visible que existen persoas con diferentes maneiras de ver o mundo. Por iso volvemos a soltar a imaxinaxión para pensar que facer co símbolo nas nosas mans e que podiamos reflectir nun infinito sobre papel. Isto foi o que deu de si: Héctor fixo unha barba; Oliva, un pendente; Ainoa colocouse un lazo no pelo; Luis púxose elegante cunha gravata; Aarón decidiu voar; Diego observou o mundo cuns prismáticos; Natalia tivo que suxeitar os pantalóns cun cinto e Xeila colocouse unha paxariña ao pescozo.
Montaxe realizada con Pizap
Presentación realizada con Animoto

martes, 2 de abril de 2019

SEGUEN AS CELEBRACIÓNS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Seguimos festexando nada máis comezar o mes de abril. Onte celebrouse o Día Mundial da Educación. Non afondei moito nel porque falamos do tema o Día dos Docentes e o dos Mestres, pero como o compañeiro, Eugenio García Lois, compartía no Facebook este enlace sobre a data, decidín darvos esta información.
-Día da Concienciación sobre o Autismo.
Cartel atopado na páxina Fundació Hospital de Nens de Barcelona
O 2 de abril é o Día da Concienciación sobre o Autismo, que non é unha enfermidade senón unha maneira única  de ver o mundo. Nesta  presentación explícase moi claramente.

Obtido no canal de Youtube  de Asperger para Asperger
Non te perdas as entradas de anos anteriores, aquí.
-Día Internacional do Libro infantil e Xuvenil.
E compartindo  data co Autismo atopamos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil; instaurado nesta fecha ao coincidir co día do nacemento de Hans Christian Andersen. A  mensaxe deste ano, Os libros inspiran pausa, ven da man do letuano Kestutis Kasparavicius, que tamén é o autor do cartel.
Como cada ano, a revista Babar infórmanos.
Tamén temos entradas doutros anos (algunhas coinciden coas do Autismo). Premede aquí para velas.
FELIZ DÍA!!