sábado, 20 de abril de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Seguimos contádovos como foi a recepción de novas cartas, que encheron a nosa aula de sorrisos e ledicia.
Teño que pedir desculpas porque  o segundo en recibir correo foi Luis pero eu empeñeime en que fora Héctor; cousas da idade, nenos/as! Dito isto, Luis recibiu contestación da súa curmá, Maca. Mirade como a recibiu!
Tamén Oliva tivo novas da profe Silvia (a súa profe en 5 anos), que foi  quen ela escolleu para escribirlle. Nesta ocasión, a extensísima misiva , viña acompañada dun precioso collage fotográfico que a profe fixo con fotos dos nenos/as cando eran máis cativos. Gustounos a todos/as un montón!
Así recibiu Oliva a súa carta.
Vídeos obtidos no canal de Youtube Anabel García
Aquí vos deixo as súas cara cando as leron. É evidente que lles fixo mioita ilusión!
Montaxe realizada con PiZap 

4 comentarios:

  1. Non parecen os mesmos nenos! Parece mentira que so pasaran 2 anos!. Moitas grazas a profe Silvia e a profe Anabel por estes bonitos recordos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Toca medrar, Ana María! Iso é o máis satisfactorio que temos; ver como se converten en persoas marabillosas.
      Grazas ás familias que vos implicades para que este traballo sexa conxunto.
      Un saúdo.

      Eliminar
  2. Les da mucha ilusión a los niños/as recibir las cartas, muy bonito el buzón.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es cierto, Mirian, a los peques les gusta y a mi como mayor, también.
      Saludos.

      Eliminar