sábado, 27 de decembro de 2014

O NADAL DE PERELLA.

Non quixo Perella pasar sen desexarnos unhas Felices Festas e pasouse pola aula para deixarnos uns chocolates de Nadal. Tamén nos trouxo unha carta en contestación á nota que lle enviara Daniel.Creo que xa nos quedou claro que as cousas debemos facelas con antelación, o da última hora...non acaba de resultar!!!Deixamos testemuño gráfico da visita.

mércores, 24 de decembro de 2014

FELIZ NADAL A TODOS/AS!!!

Con esta postal queremos felicitar a todos/as os que visitades e comentades no noso blogue. Para todos/as
FELIZ NADAL!!!

martes, 23 de decembro de 2014

SEMANA INTENSA!!!

Esta última semana de cole foi moi intensa: ensaios,  a visita de Papá Noel,experimentos, o festival , o photocall.....Aquí vos deixo un resumo do acontecido.
Grazas a profe Vane por toda a axuda prestada, a Carlos polas fotos (tamén hai algunha de Karina, a mamá de Marcela. Graciñas .) e a todos/as os que contribuistes para facer desta semana algo especial.
Para todos vós
FELICES FESTAS!!!
(Nota: A sección "Como a vida mesma" tómase un descanso de Nadal e voltará despois das vacacións. Graciñas por entendelo.)

venres, 19 de decembro de 2014

COMUNICÁNDONOS.

Nestas datas tan familiares e de amizade decidimos desexarlles unhas Boas Festas a dúas persoas moi importantes para nós e que xa non vemos tan a miúdo como nos gustaría. Un é o profe Celso,que aínda que está xubilado veu a vernos ao festival e a outra é, Marta,á que botamos tanto en falta e cuxo traballo en Vigo non a deixa vir a vernos.Esperamos que vos chegasen as nosas postais, que vos gustaran e.....a ver se nos contestades!!!

xoves, 18 de decembro de 2014

DECORANDO O NADAL.

Este ano, os nenos/as de cuarto, fixeron múltiples e preciosos traballos en Plástica coa profe Puri. Comigo,que non son moi experta nas manualidades, optamos por unha estrela para a árbore  e unha felicitación moi sinxela. Xulgade vós mesmos!!!!

mércores, 17 de decembro de 2014

ANTES DE QUE ACABE O OUTONO.

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria fixeron unhas estupendas poesías sobre o outono e antes de que remate esta melancólica e chuviosa estación, aquí volas presentamos.

martes, 16 de decembro de 2014

ANTES DE QUE CHEGUE O INVERNO.

Veredes; pensei en facer  un divertido Brincaletras para repasar o vocabulario de outono e pasalo ben aprendendo; e así o fixen (bueno xa xulgaredes vós se aprendedes e  resulta divertido).
O problema veu cando quixen publicalo para que o virades todos. Foi unha gran odisea!!!
Molestei a amiga Ana Martínez para preguntarlle, á profe Vane, que a súa vez falou con Belén Junquera, consultei coa teacher María..... e por fin, grazas a todas, aquí está a obra rematada.
Está publicado grazas a que Belén Junquera subiu  o traballo ao seu dropbox, porque o meu (ao ser recente non ten carpeta pública e para creala teño que pagar).Cóntovos isto porque dín tantas voltas que necesito dicírvolo!!!
De todas maneiras se alguén se lle ocorre como solucionar esto, dicídemo por favor, porque pode existir unha maneira e eu non a coñezo. Grazas.

luns, 15 de decembro de 2014

COMO A VIDA MESMA (VII) (2014-2015)

Xa deberiades saber que non son moito de modas pero, ás veces,  non se pode pechar os ollos ás evidencias. Hoxe , na nosa sección, aparece o famoso vídeo dunha empresa sueca de mobles que está causando furor nas redes sociais convertídose en viral ( Vídeo viral: gravación que foi amplamente difundida  a través de  Internet).Vino xa nalgún blogue , como o da nosa amiga Ana  Martínez (Aula Tic ) ou  no doutra amiga, Natalia Longo (Orientacióncondesa).Ademáis de falalo entre os profes durante a  comida .
En fin, que invita á reflexión e ten varias lecturas. 
Cal sacas ti?
Aproveito para poñervos tamén o outro vídeo da marca que tampouco ten desperdicio ningún.

domingo, 14 de decembro de 2014

xoves, 11 de decembro de 2014

PRIMEIRA SAÍDA.

 No mes de novembro realizamos unha saída a Pontevedra para ver "Antía, Wamba e o regato pequeno". Fomos cos nenos de  3º do noso cole e cos mesmos cursos do centro  de Soutelo. Pasámolo xenial!!!
Como testemuña unhas fotos e unhas crónicas.

mércores, 10 de decembro de 2014

DEREITOS HUMANOS.

O 10 de decembro de 1948( en París) foi asinada polas Nacións Unidas,  a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Redatárona  representantes de todas as rexións do mundo e abrangue todas as tradicións xurídicas. Velaquí un vídeo que o explica.
  
Se premedes sobre a seguinte imaxe poderes ver toda a Declaración e os seus 30 artigos.Tamén vos deixo un resumo.
Se premedes sobre esta imaxe iredes á entrada  do ano pasado onde hai xogos interesantes.

luns, 8 de decembro de 2014

COMO A VIDA MESMA (VI)(2014-2015).

Hoxe en "Como a vida mesma" quero mostrarvos este vídeo que publicou Edward Pérez en Youtube.
Cando me enfado por todas as cousas que vexo que están mal ao meu arredor sempre hai alguén que me di: "Ti soa non podes cambiar o mundo". Iso provoca moita rabia e frustración, pero debemos trocar o enfoque.As pequenas accións son transformadoras do entorno; é aí onde se produce  a variación.
E ti,  que fas para  cambiar o mundo?

domingo, 7 de decembro de 2014

CAEN AS FOLLAS.

Desde a Biblioteca Escolar do noso centro propuxéronnos realizar unha decoración de outono  tendo como base unha folla de cartulina. Mirade o que veu das casas dos  nenos/as , que boa man teñen estas familias. Aquí  queda unha presentación coas  follas de 4º , pero non me puiden resistir a subir algunha foto doutros cursos porque merecen moito a pena.



venres, 5 de decembro de 2014

E PERELLA CONTESTOU.

Estivemos moi atentos estes días para ver se Perella atopaba un oco entre as súas múltiples actividades e contestaba ás cartas enviadas. E así foi, enviou dúas  misivas; unha para Ana, que veu no sobre dos nenos/as de 4º (esta Perella é moi aforrativa, jejeje) e outra para a nosa compi, Diana (que tamén lle escribira).Alegrámonos moito de ter novas súas ;  pediu máis ideas, pero polo de agora estamos á espera.

mércores, 3 de decembro de 2014

DISCAPACIDADE=IGUALDADE.

Imaxe obtida na rede.

O día 3 de decembro celebramos o Día Mundial das persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión destas persoas na sociedade. O tema de 2014 é "O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía".
Na súa mensaxe o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, ínstanos a que " fagamos todo o necesario para asegurar que as políticas, os programas, as directrices e as tecnoloxías do século XXI estean ao alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias."
Todos temos calidades excepcionais e todos necesitamos axuda en ocasións. Non somos tan diferentes, non cres?
VÍDEO canción El canto del loco “Tal como eres “

luns, 1 de decembro de 2014

COMO A VIDA MESMA (V) (2014-2015)


Hoxe é o Día Mundial da Loita contra a Sida e quero facer mención diso na nosa sección, xa que é unha enfermidade epidémica que existe  no mundo e cobra moitas vidas. 
Interésame ,fundamentalmente, que reflexionedes sobre a frase do cartel (non se refire só á sida) senon ao estado de saúde que pode ter calquera persoa. Non discriminemos  por  razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía... pero tampouco demos de lado a alguén que está enfermo. 
A maioría das enfermidades non se escollen, e se foses ti?