Amosando publicacións coa etiqueta Scribd. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Scribd. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de febreiro de 2026

SEMANA DO MECO (2026).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Durante estes días de febreiro celebramos a divertida Semana do Meco, na que cada día tivemos que cumprir un mandato moi importante… e moi tolo! 

mércores, 12 de outubro de 2022

O QUE PODEMOS E DEBEMOS.

Creación de Noelia de Mi cole al día
Nos primeiros días de cole decidimos facer uns carteis con normas para a nosa clase. Partimos dun precioso modelo elaborado por Noelia Martín, de Mi cole al día, (que nos encantou) sobre as cousas permitidas na nosa aula. Como non podía ser doutro xeito, fixemos a nosa propia creación traducíndoa ao galego.

martes, 27 de setembro de 2022

RECORDAMOS AS VACACIÓNS.

Imaxe de Ralf Kunze en Pixabay.com
Aínda non rematara o verán e xa o botamos de menos; máis ben a as vacacións, que tanto nos prestaron para descansar do curso pasado. Facéndolle unha homenaxe a ese tempo de lecer marabilloso elaboramos as nosas redaccións sobre o tema.

sábado, 10 de xullo de 2021

TECE, TECEDEIRA!! (IV).

Fotografía de Juan Carlos Asorey
E o proxecto materializouse en papel. Ás veces, parece que se non escribimos as cousas non existen. Non é certo; con todo, plasmar o aprendido non é unha mala forma de asentalo.

luns, 29 de marzo de 2021

COUSAS DO PASADO.

Imaxe obtida en freepick.es 
Antes de mostrarvos o que estivemos facendo no Día da Muller (que xa vistes algo) ou No Día da Poesía quedaron perdidas unhas crónicas de Entroido. Non quedaron moi mal. Por iso, aí van!!!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

AGASALLOS E PROPÓSITOS 2020.

Imaxe de Bruno/Germany en Pixabay.com
Os Reis e Papá Noel viñeron cargados de presentes e todos/as tivemos que contar algo do que nos trouxeran. Tamén fixemos uns propósitos para este novo ano. Aquí vos contamos todo!!

luns, 22 de xullo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (VII).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Para culminar o noso querido proxecto, fxemos unha visita á Oficina de Correos cando realizamos a nosa saída por Forcarei. Se premedes sobre a imaxe , poderedes consultar dita visita.
Para que as nosas cartas non se perderan fixémoslle un libriño. Así traballamos.
Montaxe realizada con PiZap
Aprendemos que é unha carta e para que serve, describimos ao noso remitente, escribimos as partes dunha carta e os seus tipos e mandamos, desde Correos, unha carta sorpresa a un compañeiro/a. O resultado foi este.
Moitísimas grazas a todos/as os que fixestes posible este marabilloso proxecto: ás familias, aos remitentes e ao noso particular carteiro Pat (o profe Javi).

venres, 5 de abril de 2019

TODO PODE SER.

Hoxe traivos dúas actividades que fixemos con motivo  doutras dúas conmemoracións que celebramos na aula. Unha ten que ver co Día Internacional da Muller. Primeiro, escoitamos a canción de La guagua "Todo pode ser" e, ata cantamos algo. Despois de falar da letra e da igualdade, fixemos un debuxo daquelo que pensabamos que podía ser; porque  se o cres posible, TODO PODE SER!
Estas son as propostas.
A segunda actividade está relacionada co Día da Cocienciación sobre o Autismo. Tamén falamos do tema e, decidimos que si, que queriamos facer visible que existen persoas con diferentes maneiras de ver o mundo. Por iso volvemos a soltar a imaxinaxión para pensar que facer co símbolo nas nosas mans e que podiamos reflectir nun infinito sobre papel. Isto foi o que deu de si: Héctor fixo unha barba; Oliva, un pendente; Ainoa colocouse un lazo no pelo; Luis púxose elegante cunha gravata; Aarón decidiu voar; Diego observou o mundo cuns prismáticos; Natalia tivo que suxeitar os pantalóns cun cinto e Xeila colocouse unha paxariña ao pescozo.
Montaxe realizada con Pizap
Presentación realizada con Animoto

venres, 5 de maio de 2017

A PASCUA ESQUECIDA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Xa sei que non é sen tempo pero deixovos as nosas crónicas sobre as vacacións de Pascua.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

DESCRIBINDO.

Montaxe realizada con PiZap.
Unha das actividades que máis nos gustou o trimestre pasado foi a descrición dun compañeiro/a. A idea trouxoa á aula a profe Sonia de PT, que nos ven a axudar  de cando en vez. Sempre ten moi boas propostas, xa que despois de facer as descricións sen o nome , xogamos a adiviñar quen era quen.
O material é de Julia Azagra  e aparece recollido na páxina do Goberno de Aragón. Premede na imaxe para acceder a el.
Deixovos as descricións para que vexades que ben as fixeron.

mércores, 6 de xullo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XIV).


Cando o lapbook de Exipto chegou á nosa aula puxémoslle moita atención porque ademáis de gustarnos moito traíanos unha sorpresa. Sabedes cal?Dúas sinalizacións que tivemos que poñer na super maqueta do salón de actos. Queredes vela?
Agora ensinámosvos o lapbook.
E tamén a fichas que fixemos nós.
Por  se é do interese dalguén, deixovolas aquí para descargar.
*Nos Deuses hai tres fichas, unha é de base e as outras dúas hai que recortalas e pegalas polo extremo esquerdo.

sábado, 2 de abril de 2016

#PASAOPOLOAUTISMO.

Imaxe atopada na rede.

Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro Infantil(xa publicamos a entrada onte) e tamén o Día Mundial da Concienciación  sobre o Autismo.
Para que teñades unha idea do que significa este trastorno, aquí tedes este conto da Asociación Esperanza para el Autismo.


A Confederación de Autismo España fixo un chamamento social para dar visibilade ao trastorno a través dunha campaña na que nos invita a pasar a testemuña pola inclusión, a tolerancia e o respecto. Á clase de primeiro chegou un cilindro azul(made in na casa total) pero non sabiamos o que era nin para que ser servía. Así que decidimos  facer cábalas sobre o estraño obxecto. Este foi o resultado.(No vídeo aparecen as ideas que os nenos/as tiveron e os nenos/as que as propuxeron).
Unha vez soubemos o que era,  falamos sobre o tema e decidimos pasarnos  a testemuña.
Montaxes realizadas con piZap.

NÓS XA O PASAMOS; E TI A QUE ESPERAS?

domingo, 10 de xaneiro de 2016

FILOSOFANDO.

Este ano concedéronme , por vez primeira, un curso on line de PLATEGA (Plataforma  de Teleformación de Galicia).PLATEGA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.
 E a que ven todo este rollo? Pois ven a que, unha vez rematado Métodos innovadores na xestión da aula de primaria, gustaríame mostrarvos unha das prácticas que levei a cabo durante o curso: unha sesión de filosofía na aula arredor dunha pintura. A sesión centrámola nun lenzo de Tarsila do Amaral titulado "O pescador", que lles presentei en branco e negro.
Imaxe obtida no Baú da Tia Sonia
Aquí vos deixo a transcrición da sesión, da avaliación figuro-analóxica e dunhas actividades que xurdiron posteriormente: colorear o cadro xustificando as cores escollidas e darlle un novo título.
Grazas as miñas titoras, Mar Santiago Arca e Ana González Vidal, por todo o que me ensinaron neste curso e tamén, a quen sempre recurro cando estou atafegada.Miña pobre, sempre é a mesma!!!!

mércores, 15 de xullo de 2015

POR QUE OS PRÍNCIPES SON AZUIS?

Preguntástevos algunha vez por que os príncipes dos contos son azuis? Será do que comen? Terá que ver co feitizo dunha bruxa malvada? Se tedes interese en descubrilo, lede as posibles causas deste fenómeno.

xoves, 26 de febreiro de 2015

ASÍ ENTROIDAMOS NÓS.

O Entroido xa vai alá pero nós queremos recordalo a través das crónicas  que realizamos sobre a festa do noso cole e os días que pasamos na casiña. Que vos gusten moito!!!

mércores, 17 de decembro de 2014

ANTES DE QUE ACABE O OUTONO.

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria fixeron unhas estupendas poesías sobre o outono e antes de que remate esta melancólica e chuviosa estación, aquí volas presentamos.

domingo, 30 de novembro de 2014

RETALLOS DO MAGOSTO.

Aínda non tivera ocasión de subirvos nada sobre o magosto.Aquí vos deixo unhas fotos que testemuñan o ben que o pasamos e de paso, xa vos quedan as crónicas que realizamos sobre ese día.


xoves, 3 de xullo de 2014

MÁIS TRABALLIÑOS.

Xa quedamos en que ao longo deste curso fixemos moitísimas cousas. Algunhas terán que quedar no tinteiro pero outras quero mostrárvolas. Nesta entrada poderedes disfrutar duns Seres Fantásticos que os nenos/as escolleron e describiron, previa recollida de información, e dunhas estupendas greguerías , que se Don  Ramón levantase a cabeza.....seguro que se sorprendía gratamente.Un traballo está en Lingua Galega e outro en Lingua Castelá para que vexades que dominamos  as dúas (cando nas meturamos, jejeje)
Este é o debuxo que fixo o papá de Adrián Soto dun troll.
Grazas Domingo pola túa aportación.

domingo, 11 de maio de 2014

¿TE ENTREVISTO?

Durante a Semana Santa, os nosos intrépidos xornalistas realizaron as súas entrevistas despois de habelas traballado na aula. Estamos realizando a súa redacción  para poder publicalas. Mentres tanto, aquí vos deixo o manual que seguimos traducido ao  castelán (por se fose do interese dalguén).