Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xaneiro de 2025

DÍA DE REIS (2025).

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Como se portaron as súas Maxestades? Deixaron moitos agasallos? Espero que fosen xenerosos e consecuentes a partes iguais.

xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSA.

Poster de Franck Sastre
Hoxe é o Día da nosa Rosalía! Despois dun Entroido axetreado e cheo de troula , retornamos ao cole para celebrala. Case estou segura que está todo dito desta magnífica autora pero aínda así, mostrar a nosa admiración por ela e a súa obra nunca está de máis.

mércores, 25 de setembro de 2019

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe creada con PiZap
Este ano xurde pronto a nosa sección do "Caixón Desastre" porque como o luns comezou o outono e, ven con algo relacionado..... Tiña que aparecer!
Xa cambiamos de estación e na clase falamos sobre as características desta nova época na que estamos. Para  que repasedes algunha delas, aquí está esta canción do CantaJuego sobre o tema que nos ocupa.
Obtido no canal de Youtube Cantajuego VEVO
Tamén atopei esta bonita poesía de  Mª Rosa Negrín. Sodes capaces de lela? Se vos custa un pouquiño podedes pedir axuda.
FELIZ OUTONO!!

venres, 6 de xullo de 2018

POESÍA NO AR.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Con motivodas Letras Galegas traballamos a figura de Mª Victoria Moreno e coñecemos algo das súas obras. Inspirándonos nela creamos estas pequenas poesías.
Tamén fixemos na aula un obradoiro de  creación poética. Escollemos un tema entre todos; a primavera. Despois, buscamos palabras relacionadas co tema e fomos buscando algunhas rimas. Por grupos reducidos, creamos unha estrofa. Tras a posta en común, escollemos o título por votación entre varias das súas propostas.
Este foi o resultado. Todos escribiron o mesmo poema pero interpretárono de maneiras diferentes.
A ver se vos gusta!!!

domingo, 28 de maio de 2017

SOMOS POETAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Nos meses de marzo e abril estivemos a voltas coa poesía.  Está presente na nosa aula todo o ano pero ,nesta ocasión, fomos nós os creadores dos versos. Comezamos escollendo tema e escribindo palabras relacionadas co mesmo, buscamos parellas de palabras que soasen parecido (que rimaran) e... a crear!!!
Este é o resultado.
Neste mes de maio, mes por excelencia das nosas Letras, celebrámolas con poesía pura.

xoves, 15 de decembro de 2016

O OUTONO VAI REMATANDO.

Imaxe atopada na rede.
Antes de que remate o outono e teñamos que darlle a benvida ao tempo xélido e glacial que caracteriza ao inverno, quero compartirvos esta selección de poesías que recolleron os nenos e nenas de 2º. Algunhas teñen o nome do autor, outras, copiáronas de internet e non atoparon quen as escribira. Tede paciencia, estamos empezando!!!

luns, 21 de marzo de 2016

POESÍA DA AUGA.

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía e o 22, o Día Mundial da Auga. Así que este ano toca entrada conxunta. Resulta que ambas datas resaltan elementos imprescindibles para os seres humanos, en diferentes dimensións, pero necesarias na vida.
Imaxe obtida en  cultura.elpais.com
A poesía, alimento da alma e transmisora de sentimentos, envólvenos diariamente nos milagres cotiás que temos a sorte de gozar: un amencer, un arco da vella no ceo,unha nova vida...
Pois como non só necesitamos sustento para o corpo , aquí vos deixo un par de exemplos de poesías que espero que vos gusten.
Imaxes obtidas de Docentes para el fomento de la Lectura.

Imaxe de Pamela Gómez.
Auga que purifica,que refresca, que borra pegadas,que da vida ou a quita,en definitiva,que precisamos para vivir. Por todo isto debemos ser moi responsables no seu consumo e non malgastala. Somos moitos neste Planeta e todos os seres vivos a necesitamos por igual.
A continuación, Fluvi ensinaranos como coidar a auga.
Canal de Youtube Mis amiguitos Elisabet.
E para rematar, xustificaremos o título da entrada cunha  preciosa poesía de Carmen Gil. Se premedes na imaxe accederedes ao seu blogue.
Non esquecemos que hoxe tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down.
1 CORAZÓN+SENTIMENTOS= 1 PERSOA.
POLA INCLUSIÓN E A IGUALDADE.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

RUBÉN DARÍO.

Imaxe atopada na rede.

Antonte , o mundo celebraba o 149 aniversario do nacemento de Rubén Darío (1867-1916) poeta, xornalista e diplomático nicaraguano. O coñecido como o Príncipe das letras castelás deixounos unha gran cantidade de  textos en prosa e verso con diversas temáticas.
Xa sabedes o que me gusta a min saírme das datas porque, se a poesía é universal, que importa o día que a gocemos?
Por iso vos traio hoxe, esta versión do poema de Darío, A Margarita Debayle, que o autor escribiu en 1908 e que atopei en Docentes para el fomento de la lectura. Se clicades sobre o título da poesía accederedes ao texto.
Youtube (Canal de Leo Román)

mércores, 1 de xullo de 2015

COMO NOS GUSTA A POESÍA (II).

Despois de ver o resultado das  ilustracións das poesías de Marisa Alonso e da súa publicación, todos se presentaron voluntarios para recitar poemas. Decidimos facelo de maneira conxunta e isto foi o que nos saiu.

"La sombra de la avispa"

"Torito"

xoves, 25 de xuño de 2015

COMO NOS GUSTA A POESÍA!!!

Alá polo mes de abril, a nosa xa amiga Marisa Alonso,  facía un chamamento no seu estupendo blogue Poesía infantil para todo aquel que quixese ilustrar ou recitar algún dos seus poemas. Como me gustou moito a idea, leveina á aula  dentro dos nosos habituais puntos e como unha tarefa voluntaria. Este foi o resultado. (Clicade enriba dos debuxos e iredes ás poesías do blogue).
Noutra entrada ensínovos o recitado.








venres, 17 de abril de 2015

MEMORABLE VISITA.

Foto realizada polo profe Toño

Que ten que ter algo para converterse en memorable?Supoño que vai depender de cada un de nós e do que consideremos digno de gardar na nosa memoria. Así é , que non vou poder dar unha definición que se axuste ao conxunto da maioría, pero sabedes que? Tampouco o pretendo. Xa me ides coñecendo e vedes que non son de maiorías, nin do"normal", nin de tantas outras cousas que non entendo ben.
É memorable , para min, todo aquilo que toca o corazón e o fai latexar, o que provoca sentimentos crus que rabuñan a alma,o que aloumiña os sentidos e desafía a mente. Por iso, a tarde de onte foi merecedora dun lugar de honra entre os nosos recordos. Visitáronnos dous mozos, con alma de nenos e a sabedoría recollida dos vellos. Un versa música e o outro, musica versos.
Desde o cole de O Foxo (o dos meus amores como alumna) chegounos Xosé Luna, cargado de bicos de cores, de pinceladas reflexivas e preguntas curiosas.
Desde Cuntis, terma viva e curativa, apareceu un guitarrista con voz de campo e chuvia, con maxia nos dedos e alma no cantar. 
Vaia par de secuaces da Lingua , da Identidade e do Amor por Galicia!!!!
GRAZAS RAPACES POR UNHA TARDE MEMORABLE!!!

(Noutra entrada cóntovos o previo e o que deu de si a xornada).

sábado, 28 de marzo de 2015

SEMANA ARREDOR DA POESÍA.

Como o día 21 de marzo (sábado) celebrouse o Día Mundial da Poesía , na clase e no cole, andivemos a cen vivenciando esta data.Desde a Biblioteca  propuxéronnos a actividade do "Apadriñamento lector".
Como?Si, a nós pasounos o mesmo!!!
Consiste en apadriñar un compañeiro/a para lerlle un poema. Tamén  aproveitamos para escribir e ilustrar a poesía e así decorar o centro. Primeiro, fíxose un sorteo para xuntar ás parellas(apadriñaban 3º,4º,5ºe 6º), despois facíase a lectura no recreo da mañá e, por último, ilustrábase pola tarde.
Tivemos que facer un pouco de trampa. Xa levamos o poema escrito para decorar e que os nosos apadriñados nos axudaran a completalo en función da súa idade.
Na presentación seguinte poderedes ver o resultado dos nosos traballos. Clicade sobre as imaxes para velas ben.


Pero a profe tamén tivo un afillado, Hugo, de 4 anos.O que pasa é que o día da lectura os afillados aumentaron,jejeje.
E  este foi o resultado final.

sábado, 21 de marzo de 2015

DÍA SINALADO.

Que a poesía teña un día, é estupendo pero nós somos máis ben de poesía todo o ano.Desde a Biblioteca do cole propuxéronnos unha actividade moi chula para estas dúas semanas e cando rematemos xa vos contaremos a experiencia. Mentres agardamos, celebraremos este día como se merece!!!(Tamén é o Día Mundial da Sídrome de Down pero falaremos sobre o tema no próximo "Como a vida mesma").
Na clase,  buscamos unha poesía que nos gustou, recitámola (algún ata a aprendeu de memoria) e despois ilustrámola ao noso gusto. Este é o resultado. Espemos que vos guste!!!
 
Eu quero aportar o meu granciño de area cun poema dun autor que me encanta : Gustavo Adolfo Bécquer e que creo que é moi axeitado para este día
Vídeo obtenido del Canal Prescenico.
FELIZ DÍA A TODOS/AS!!!!

martes, 17 de marzo de 2015

O INVERNO EN VERSO.

Antes de que remate o inverno e como preludio ao gran día da Poesía, aquí quedan os poemas creados polos alumnos/as de cuarto sobre a mencionada estación. Que vos gusten!!!

martes, 6 de xaneiro de 2015

DÍA DE REIS.

Hoxe, como agasallo do día de Reis, quero deixarvos este vídeo sobre o verdadeiro significado do Nadal. Foi  a representación que fixemos no festival, pero cun toque especial. Espero que vos guste!!!
Agradecémoslle á profe Vane, como sempre, a súa labor de asesoramento, grabación e maquetación deste vídeo.
 Quedouche xenial, profe!!!
FELIZ DÍA DE REIS!!!

mércores, 17 de decembro de 2014

ANTES DE QUE ACABE O OUTONO.

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria fixeron unhas estupendas poesías sobre o outono e antes de que remate esta melancólica e chuviosa estación, aquí volas presentamos.

mércores, 16 de abril de 2014

COMPARANDO A PRIMAVERA.

E coa chegada da primavera  aflorou en nós o sentimento poético e as gañas de loar esta marabillosa estación e os seus fermosos agasallos.Esta vez fixémolo traballando á comparación. 
A ver que vos parece!!!!

sábado, 5 de abril de 2014

O INVERNO QUE NON PASA.



Aínda que xa estamos na primavera(que non é que se note moito)quero compartir con vós esta escolma de preciosos poemas sobre o inverno creados polos nenos/as de 4º.Se o outono tivo o seu momento creador, o inverno non podía ser menos.
Gozádeos a carón da cheminea, que parece que polo de agora, é necesaria.

domingo, 23 de marzo de 2014

ORQUESTRANDO VERSOS

O prometido é débeda!
Aquí está o vídeo que resume a nosa actuación para os Picariños de 3 anos no Día Mundial da Poesía. Interpretámoslles este fermoso poema de Antonio García Teijeiro, titulado "La orquesta", que atopamos no noso libro de Lengua Castellana.En un principio, pensamos en aprendelo de maneira voluntaria pero ao final decidimos intentalo todos/as. Quen dixo medo? A poesía está xenial pero ten a súa complicación. Creo que o resultado foi un estupendo lío orquestral. Podedes opinar.
Queremos darlle as grazas á profe Vane (aínda que se enfade) por realizar este vídeo tan xeitoso,aos Picariños por escoitarnos e recitarnos e tamén ás familias por axudarnos a  chegar ata aquí.
Como os Picariños tamén nos agasallaron co seu bo facer, se temos ocasión, ofrecerémosvos a actuación.

luns, 24 de febreiro de 2014

VOLVE ROSALÍA!!!

Como xa anunciabamos pola mañá, hoxe conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro. Queremos sumarnos á iniciativa da Asociación Galega de Escritoras e Escritores  que pretende instaurar este día como propio da autora para recitala, recordala e homenaxeala nun día especial que se traduza no gozo de vivila durante todo o ano. Porque queremos a Rosalía  libre e permanente, sincera e denunciante, de todos e para todos.
Esta é a nosa aportación á causa. Gozádea intensamente!!!
Grazas , Picariños, por ensinarnos e querernos tanto; grazas,  profe Vane, por este estupendo vídeo e todo aquilo que se queda na casa e grazas ,a aquel que asesora, pola paciencia e o ensino.