xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSA.

Poster de Franck Sastre
Hoxe é o Día da nosa Rosalía! Despois dun Entroido axetreado e cheo de troula , retornamos ao cole para celebrala. Case estou segura que está todo dito desta magnífica autora pero aínda así, mostrar a nosa admiración por ela e a súa obra nunca está de máis.
Pioneira onde as haxa e adiantada ao seu tempo, Rosalía sería hoxe en día unha grande "influencer" (non tendes máis que repasar os seus poemas).
Para celebrala uns humildes versiños e un precioso vídeo do Concello da Estrada para a conmemoración deste ano. Que o gocedes!
ROSA
Rosa dos mares, 
rosa dos ventos,
a que triste canta
para os seus adentros.

A que chora as penas
e enfronta as perdas,
e do campo louva 
as súas herbas.

Rosa do Sur, 
rosa do Norte
a que resiste en pé
e se fai máis forte.

Abofé que o tempo
non pasará en balde, 
o xusto recoñecemento
será quen te salve.
                                                               Anabel García

Obtido na canle de Youtube de Concello da Estrada
FELIZ DÍA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario