venres, 24 de febreiro de 2023

DESFILE DE ENTROIDO.

Imaxe de Liam Ortiz en Pixabay.com
Durante a semana pasada, estivemos indo todos os cursos pola biblioteca para xogar coa profe Vane ao Pasapalabra. Adiviñades a temática??? O Entroido!!! Foi moi divertido e aprendemos un montón dos diferentes personaxes que campan as súas anchas por Galicia adiante nestas datas.
O venres foi o día do desfile por Forcarei. O día veu solleiro e nós puxemos a alegría. Despois de pasar pola gardería, subimos desfilando ata a residencia e alí actuamos para residentes e coidadores. Cando rematamos subimos á praza do concello, realizamos unha nova actuación e repuxemos forzas coa rosca con chocolate que nos ofreceu o concello. Así desfila calquera! Voltamos ao cole contentos/as por ter pasado unha mañá tan divertida.
Queremos darlles as grazas a todas as familias que fixeron un esforzo para ir a vernos e que se disfrazaron para acompañarnos, especialmente a "avoa xoaniña".
Montaxes realizadas con Pizap.com
Aquí vos deixo a canción da nosa actuación.

4 comentarios:

  1. Qué requeteguapos todos y todas. Muy original el disfraz. Me encanta. bss

    ResponderEliminar
  2. Colorido y divertido, veo pasasteis un buen día.
    Besos

    ResponderEliminar