domingo, 30 de septiembre de 2018

DOBRE OU NADA.

Imaxe atopada na rede.
A finais de setembro temos unha dobre celebración: o Día Internacional das Persoas Xordas e o Día do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL) .
Nos últimos días  de setembro, as comunidades xordas, organizan unha semana internacional adicada aos que non poden oír. 
Na páxina de Guía infantil aparece un artigo sobre a xordeira na infancia.
Compártovos tamén un traballo audiovisual onde se explica a importancia da linguaxe de signos.Está realizado polo Laboratorio de Animación do Departamento de Novos Contidos de ViVe TV.
Obtido no canal de Youtube Taller Telekids.

Imaxe obtida na rede.
Desde Atelga (Asociación TEL Galicia) explícannos en que consiste o Transtorno Específico da Linguaxe.
Na web oficial de Orientación Andújar, tedes unha guía para RL e TEL da Concejalía de Educación de Andalucía.. Botádelle un ollo!
Neste pequeno vídeo aparecen signos de alerta para a detección do problema. Nunca está de máis asegurarse.
Obtido no canal de Youtube de Mi terapia con Ximena.
Consulta a entrada do ano anterior, aquí.
FELIZ DÍA!!!

martes, 25 de septiembre de 2018

NO 1º DÍA.

Antes de que avance máis o curso, ímosvos contar como foi o noso primeiro día de cole. Despois do recibimento por parte do profesorado no salón de actos, pasamos todos ás aulas. Unha vez alí, deixamos o material na mesa do fondo, e reparamos nun bote que había no medio da clase.
Era para os nenos/as de segundo e invitábanos a abrilo!
Dentro atopamos unha nota da profe que nos animaba a buscar pistas para poder encontrar os nosos novos sitios. Así nos divertimos, buscando entre todos/as!
Montaxes realizadas con PiZap.
Xa sentados, contamos as vacacións e ordenamos o material. Tivemos un recreo beeeeen longo(aínda que a algún non lle chegou a nada). Voltamos á clase, fixemos unha fichiña e ... a comer!!!
Déixovos o fantástico vídeo, que maquetou a profe Vane, con instantes deste primeiro día no cole.
GRAZAS, PROFE VANE,!!!

viernes, 21 de septiembre de 2018

QUEN ES?

Imaxe atopada en Blastingnews.
Hoxe, Día Internacional da Paz, tamén se conmemora  o Día Mundial do Alzheimer. Déixovos  este vídeo do canal de Europa Press, onde se recita a Gloria Fuertes e a súa famosa poesía "Sólo  tres letras"

Obtido no canal de Youtube de Europa Press
Como no cole celebramos a paz e non violencia  o 30 de xaneiro, centrarémonos na outra conmemoración. A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Federación Internacional do Alzheimer (ADI, siglas en inglés) escolleron o 21 de setembro como data para dar a coñecer a enfermidade e sensibilizar a todos os sectores da poboación con respecto a ela.
Compártovos un artigo de Hacer familia, que nos explica como contarlles aos máis pequenos en que consiste este terrible mal.
Hai moita literatura infantil que trata o tema. Eu déixovos un vídeo sobre o conto de Véronique Van den Abeele, "¿Mi abuela tiene Alz...qué?"
Obtido no canal de Youtube Asosiación de familiares de enfermos de Alzheimer
Pasádevos pola entrada do ano anterior, aquí.

martes, 18 de septiembre de 2018

UN PROXECTO ENTRE TODOS.

Imaxe do proxecto.
Como un novo curso ou como un cambio de estación, volve "Un proxecto entre todos". Estivo activo durante algo máis de cinco anos, aglutinando en ocasións, 200 blogues que compartían enlaces  para a realización de traballos nas aulas. En 2017 botaron o peche deixándonos un estupendo SITE onde consultar o material recopilado.
Agora voltan con forzas renovadas para ofrecernos a oportunidade dun lugar común donde poder axudarnos.
Se queredes participar premede aquí para ter toda a información. Xa hai 24 blogues participando e, o noso, acaba de ser aceptado!
GRAZAS ANA, FINI, MIREN E NOELIA!!!

sábado, 15 de septiembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO.

Imaxe obtida na rede.
Según Peter  H. Reynolds "Onde hai un punto hai un camiño" e iso é o que queremos festexar neste 15 de setembro.Preténdese dar renda solta a imaxinación e fomentar a creatividade a través do debuxo.
 Fai uns anos, Peter, creou o libro "O punto" e tempo máis tarde xurdiu este movemento global que se coñece co nome de "International Dot Day".
Déixovos o conto para que o gocedes.
Obtido no canal de Youtube de Marta.
Se premedes aquí poderes ver as entradas do ano anterior, onde hai máis información sobre o acontecemento.

miércoles, 12 de septiembre de 2018

SEGUNDO Á VISTA!!!

Imaxe obtida na rede.
Agora sí que chegou o momento, a día 12 de setembro, comezamos segundo de primaria. Teño grandes expectativas con respecto a este curso e moitas esperanzas postas en todos vós. Xa sabedes que para levalo a cabo teremos que poñer moito empeño,gañas e traballo duro. Con todo isto garantímonos  aprender de xeito divertido  e alcanzar a nosa meta; superar segundo!!!
Sempre me gusta comezar cun sorriso e o mestre Faro axúdanos niso.
Tamén Hellez lle da un toque de humor ao regreso ás aulas.

BENVIDOS A SEGUNDO!!!

sábado, 8 de septiembre de 2018

MISIVAS ESTIVAIS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Non chegaron polo mar senón por vía postal, e viñeron como resposta ás cartas de verán  que escribo  sempre aos meus alumnos/as de primeiro. Gustoume moito ter novas vosas e do estupendo verán que pasastes. Agora solo vos queda apurar os últimos días porque en nada.... VÉMONOS!!!
Montaxe realizada con PiZap.
GRACIÑAS,CHICOS/AS!!

lunes, 3 de septiembre de 2018

OLA, SETEMBRO!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Un novo comezo aparece no horizonte e parece prometedor. Unha nova oportunidade de ensinar e  poder aprender. Canto nos queda por diante.....
IMOS A POR TODAS!!!
FELIZ CURSO!!!