Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoración. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS (2026).

Imaxe obtida na páxina de Turismo de Vigo
Chegou  un día marcado no calendario, deses que se festexan coa xornada libre e a boca chea de ser galegos/as de ben. Pero que é ser un galego/a de ben? Alá o que cada un considere; non hai resposta máis atinada para una nacido en Galicia.
Para min unha amante da Terra, da cultura e a Lingua, defensora do propio e militante do xusto ; ao fin, unha alma galega.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Obtido na canle de Youtube de Uxía Oficial

venres, 1 de maio de 2026

EFEMÉRIDES DE MAIO.

Montaxe creada con Canva,com
Como dicía Curros Enríquez "Aí ven o maio de frores cuberto". 
Así se presentou, case sen decatarmos, e entrou coas súas xestas protexéndonos das meigas.
Neste mes, onde se celebran os maios por toda Galicia, imos falar dun arbusto que é protagonista  nesta festa e nos nosos montes: a xesta.
Antes disto, podedes premer na imaxe do calendario para informarvos das efemérides máis importantes deste florido mes.

xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO (2026).

Imaxe de Александра en Pixabay.com
Hoxe, 23 de abril, celebramos na nosa clase o Día do Libro, unha xornada moi especial para fomentar o gusto pola lectura e compartir momentos únicos cos compañeiros e compañeiras.

sábado, 21 de marzo de 2026

21 DE MARZO:EFEMÉRIDES.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Recén estreada a primavera comezan a agromar celebracións e datas importantes. Como todas estas son do día 21(e son hoxe, sábado sábado), nós xa empezamos onte no cole.

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA (2026).

Imaxe obtida en puzlefactory.com
No noso cole, estes últimos días de febreiro, estanse enchendo de palabras fermosas, lembranzas e poesía no noso idioma. O 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, e o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, son datas relevantes para lembrar e celebrar.

venres, 30 de xaneiro de 2026

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA (2026).

Imaxe de iPicture modificada en Canva.com
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. É un día moi importante para aprender a vivir en paz, a respectarnos, a coidarnos uns aos outros e facelo extensivo ao resto do ano. 

mércores, 28 de xaneiro de 2026

DÍA MUNDIAL DO ABRAZO (2026).

Imaxe de Alana Jordan en Pixabay.com
O pasado 21 de xaneiro celebramos na escola o Día Mundial do Abrazo, unha xornada moi especial chea de emocións, agarimo e moitos sorrisos.

luns, 22 de decembro de 2025

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN.

Imaxe de Rosy/Bad Homburg/Germany en Pixabay.com
Comezamos o mes de decembro vivindo un día moi especial para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

xoves, 20 de novembro de 2025

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA 2025.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia, unha data creada para lembrar a toda a sociedade que os nenos e nenas son o máis valioso que temos. Neste día destacamos que todos teñen dereito a vivir en paz, a recibir educación, a xogar, a ser coidados e a medrar nun entorno seguro e cheo de cariño.

domingo, 9 de novembro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO INVENTOR/A (2025).

Obtido na páxina de 20 minutos.es
Hoxe, 9 de novembro, celebramos o Día Internacional da Inventora e do Inventor, unha xornada moi especial para lembrar a todas as persoas que, grazas á súa creatividade e curiosidade, fixeron posible que o mundo avanzase con novas ideas e descubrimentos.

mércores, 29 de outubro de 2025

DÍA DA SAÚDE MENTAL (2025).

Imaxe obtida na páxina de  Colegio Ana Pellegrini
O pasado 10 de outubro celebramos no noso cole o Día da Saúde Mental. Foi unha data moi especial, xa que aprendemos o importante que é coidar da nosa mente, das nosas emocións e das dos demais.

venres, 6 de xuño de 2025

A NOSA CELEBRACIÓN DAS LETRAS.

Imaxe atopada en ALI Juguetes
O martes 13 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha xornada moi especial chea de música, libros e emocións. Este ano tivemos a sorte de recibir a visita de Icía Varela, que nos presentou o libro "Cantareiras", escrito xunto ao seu pai, Xosé Manuel Varela.

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Imaxe de wiwid wijayanto en Pizabay.com

Hoxe é un día moi especial… é o Día do Libro e do Dereito de Autor! Sabes por que é tan importante? Porque os libros son como portas máxicas que nos levan a mundos cheos de aventuras, soños e aprendizaxes.

venres, 21 de marzo de 2025

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN (2025).

Imaxe da ONG Yo sí que sé
Hoxe, Día Mundial da Poesía, Día Mundial dos Bosques e recén estreada a primavera, tamén conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down. Esta data, que se celebra dende o 2006, foi recoñecida pola Organización das Nacións Unidas en 2011.

mércores, 19 de marzo de 2025

DÍA DO PAI (2025).

Imaxe obtida no blog.sarafarinha.com
Hoxe é un día especial. Como o son todos cando temos un papá. Non credes? 

sábado, 8 de marzo de 2025

8 M (2015).

Imaxe de Alexey Hulsov en Pixabay.com
Hoxe é 8 de marzo e celebramos o Día Internacional da Muller, e mañá, e pasado, e ao seguinte...

domingo, 2 de febreiro de 2025

IMOS DE CASAMENTO!

Imaxe obtida na páxina do IES David Buján de Cambre.
Estreamos febreiro, mes do amor por excelencia, cunha celebración ben bonita: o casamento dos paxariños. Aínda que o do mes do amor non o comparto moito porque xa sabedes que eu son máis de repartir o bo ao longo do ano.

venres, 27 de decembro de 2024

NOVEMBRO 2024(III).

Imaxe de Free Fun Art retocada en Canva

Para rematar o mes falaremos de dúas datas moi importantes: o 20 e o 25 de novembro.

xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS (2024).

Imaxe  de ⚠️Custom images➡️ Info Profile en Pixabay
Xa sabedes que hai conmemoracións polas que sinto especial debilidade. É o caso do Día das Bibliotecas, que celebramos hoxe , 24 de outubro. É esta unha data que nos invita a reflexionar sobre a importancia destes espazos máxicos que nos conectan co saber, a cultura e a imaxinación. As bibliotecas son moito máis que simples edificios cheos de libros; son lugares de encontro, aprendizaxe e descubrimento.

sábado, 1 de xuño de 2024

EN XUÑO...

Imaxe de Kanenori en Piaxabay.com
Como case nun soño o curso chegou a xuño, o mes  do remate escolar. Así se pasan os días da vida!