venres, 30 de xaneiro de 2026

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA (2026).

Imaxe de iPicture modificada en Canva.com
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. É un día moi importante para aprender a vivir en paz, a respectarnos, a coidarnos uns aos outros e facelo extensivo ao resto do ano. 
A paz é axudar, compartir, escoitar e xogar sen pelexar. A non violencia significa que cando temos un problema falamos con calma e buscamos solucións sen facer dano.
Na nosa aula fixemos unha actividade moi especial: construímos unha pomba da paz, igual que fixeron todos os nenos e nenas do cole. A pomba é un símbolo da paz e gustounos moito facela.
Montaxe realizada con Canva.com
Iamos participar nunha carreira solidaria, pero tivemos que aprazala polo mal tempo. Xa vos contaremos como  nos foi.
Ademais, lemos o conto “Para que serve unha tixola?”, unha historia que nos ensinou valores como a amizade , o respecto e a paz. Despois fixemos un debuxodo que máis nos gustou do conto.

Presentación feita con Calamèo
 Aprendemos que con pequenos xestos podemos facer do noso colexio e do mundo un lugar mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario