domingo, 30 de abril de 2023

SAÍDA A DOADE.

Réplica casa castrexa.(Imaxe de treintayseis)
Falamos do Día Mundial da Terra e poderiamos relacionalo directamente coa visita que fixemos xusto antes das vacacións ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón"en Doade (Lalín). Alí puidemos gozar das marabillosas "cousas de antes" e aprendemos como vivían os nosos antepasados. Eles si que sabían como reutilizar!

xoves, 27 de abril de 2023

A MATERIA (II).

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
E para seguir repasando, Curro e Pancha fálannos das fontes de enerxía, da luz e do son. Pero que guapis e churruscos son!!!

domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO (2023).

Cartel deseñado por Ester García
Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, data decretada pola UNESCO para axudar ao fomento da lectura e dar a coñecer os dereitos dos autores.

sábado, 22 de abril de 2023

DÍA DA TERRA (2023).

Imaxe de Andreas en Pixabay.com
Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Mundial da Terra. Estamos cansos de escoitar falar de quecemento global,do cambio climático, do efecto invernadoiro....pero, que facemos para invertir as tornas?

martes, 18 de abril de 2023

A MATERIA.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Xa estamos de cheo metidos en materia. Para repasar todo o que aprendemos, déixovos os vídeos sobre o tema de Curro e Pancha; que sei que vos gustan!

xoves, 13 de abril de 2023

sábado, 8 de abril de 2023

VALENTINA.

Cartel da película
O 20 de marzo, anticipándonos á celebración do Día Mundial da Síndrome de Down, celebramos no cole unha xornada de convivencia cos mestres e alumnado do CEIP de Soutelo de Montes. 

martes, 4 de abril de 2023

DEPORTE ESCOLAR.

Imaxe de Alexander Lesnitsy n Pixabay.com
Xa falamos nunha entrada anterior do campo a través. Pois agora toca falar de deporte escolar.

sábado, 1 de abril de 2023