Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de xullo de 2023

ATA SETEMBRO!!!

Imaxe de Bibliotheek Bornem en Pixabay.com
Agora toca descansar, ler pasear...Espremer intensamente un verán que non volverá. Por iso non deixedes escapar ningunha oportunidade de pasalo ben, de aprender e aproveitade ao máximo todo o que a vida vos ofrece. Soa moi profundo pero chámase VIVIR!
Vivide a tope, meus nenos/as,non espero menos de vós!
Déixovos un pequeno agasallo para darvos as grazas. O importante xa o vivimos e o dixemos, iso queda para nós.

BO VERÁN! 
VÉMONOS EN SETEMBRO!

martes, 11 de xullo de 2023

REMATAMOS CURSO.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
E como quen non quere a cousa chegou o final do curso; dun que estivo moi ben e foi exitoso para case todxs. (Recordade sempre que querer é poder e como mínimo, hai que intentalo).

venres, 7 de xullo de 2023

SAÍDA DE FIN DE CURSO (2023).

Imaxe de Wolfgang  Eckert en Pixabay.com
Como xa vai sendo hora de coller vacacións, imos ir contando as últimas actividades que fixemos para pechar este curso.

xoves, 22 de xuño de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(II).

Imaxe de André Santana en Pixabay.com
Seguimos parolando de familias e das visitas que nos fixeron durante o mes de abril para contarnos unha chea de historias.

luns, 19 de xuño de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Imaxe de Alex G. Ramos en Pixabay.com
En abril, con motivo da celebración do mes do Libro, a biblioteca propúxonos que as familias podían virnos a contar historias á aula. Fíxose dende ela unha invitación formal e a esperar.

xoves, 15 de xuño de 2023

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS(II) (2023).

Imaxe obtida na páxina de Cultura de Galicia.
Xa sei que estamos no remate do curso pero vós tamén sabedes que eu vou con retardo. Ando a mil por hora e non dou chegado a todo. Sígovos contando do festexo das Letras.

martes, 6 de xuño de 2023

MÁQUINAS.

Imaxe de 3209107 en Pixabay.com
Como falamos hoxe na clase, déixovos os vídeos de Curro e Pancha sobre as máquinas simples e compostas. Veña chicos/as, que falta pouquiño!!! 

luns, 5 de xuño de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (2023).

Imaxe obtida en Ucaragón
O 5 de xuño é unha desas datas que deberiamos celebrar, concienciar, vivir....todos os días do ano! Se non coidamos o lugar onde vivimos, que podemos esperar? Por iso é tan importante estar en contacto coa natureza, vivenciala como agasallo e coidala como propia.

domingo, 4 de xuño de 2023

MANUALIDADES (III)

Imaxe de husnil khawatim en Pixabay.com
Seguimos falando de manualidades. Hoxe tócalle o turno á nosa cidade de inverno.

venres, 26 de maio de 2023

VERBOS (II).

Imaxe de Vasiliu Gabriel en Pixabay.com
Como levades o estudo dos verbos? Creo que estes xogos que atopei vos poden axudar  e de seguro que vos gustan.
Xa me contaredes!

xoves, 25 de maio de 2023

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS (2023).

Imaxe obtida na páxina cidadedacultura.gal
Este ano, coma sempre, comezamos a celebración das Letras co inicio do mes. Fixemos fichas, vimos vídeos, falamos... pero imos ir por orde!

luns, 22 de maio de 2023

PLANTAS.

Imaxe de vicznutz en Pixabay.co
Recordades as nosas fabas da Paz? Si, ho! Aquelas que sementamos por xaneiro e que pensamos que non ían medrar máis? Pois foron saindo , non sen tempo e certas dificultades, e mandámolas para a casa. 

sábado, 20 de maio de 2023

VERBOS.

Imaxe de Mahesh Patel en Pixabay.com
Como vos dixen o venres, cólgovos o vídeo con truqiños para aprender os verbos máis facilmente.Pero antes, repasemos as formas simples e compostas.

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS (2023).

Imaxe obtida en Primavera das Letras
Chegou o noso día!!! O dos galegos e galegas que amamos á nosa terra, a nosa lingua e a nosa cultura. Aqueles que sentimos orgullo do propio, acollemos o estranxeiro como riqueza e buscamos a dignidade do que outros pretenden erradicar.

xoves, 11 de maio de 2023

RECURSOS LETRAS GALEGAS( 2023).

Imaxe de "A primavera das letras"
Co mes de maio e as xestas chegan sempre as nosas Letras. Veñen cargadiñas de palabras, sentimentos e gañas de celebración. E para levala a cabo non veñen de máis uns recursiños que nos axuden coa tarefa.

domingo, 7 de maio de 2023

CON N DE NAI.

Imaxe de JackieLou DL en Pixabay.com
Todxs temos unha mamá! De seguro que as vosas son as mellores, como a miña o é para min. Quero berralo, por se non o sabe, e pedirvos que o fagades vós tamén. Non esperedes nunca a que sexa demasiado tarde!

luns, 1 de maio de 2023