Imaxe de Wolfgang Eckert en Pixabay.com
Como xa vai sendo hora de coller vacacións, imos ir contando as últimas actividades que fixemos para pechar este curso.
O luns, 19 de xuño, arrancamos cara Cambados coa esperanza de poder mariscar . Para iso o tempo tiña que recompoñerse, xa que estaba cuberto pero, no canto diso, comezou a chover. Menos mal que temos un equipo directivo que está en todo e xa nos diriximos cara O Grove con outra alternativa de saída.
Cando chegamos demos unha volta pola Illa da Toxa en tren turístico. Fixémolo en dúas quendas e menos mal que o tren era cuberto porque a choiva non quixo dar tregua.
Máis tarde fomos ao acuario, antes de xantar no pavillón do cole de Noalla. Que sorte ter un sitio ao enxoito onde comer!
Pola tarde o tempo foi máis xeneroso e deixounos gozar dun paseo precioso en catamarán. Isto é vida!
Montaxes realizadas con Pizap.com
Despois dunha boa merenda regresamos ao cole e xa lle puidemos contar ás nosas familias que fora un día estupendo!!!
Y se nos ha ido otro curso casi sin darnos cuenta. Un abrazo y disfruta de las merecidad vacaciones activas. Soy Blanca B. de Actividades para Ed. Infantil, es que no me funciona bien Blogger y no puedo comentar con mi cuenta. Un besazo muy calentito.
ResponderEliminarMuchísimas gracias, Blanca. Te deseo un estupendo y reparador verano a ti también.
EliminarBesitos de verano.