martes, 11 de xullo de 2023

REMATAMOS CURSO.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
E como quen non quere a cousa chegou o final do curso; dun que estivo moi ben e foi exitoso para case todxs. (Recordade sempre que querer é poder e como mínimo, hai que intentalo).
Tivemos unha despedida de curso por todo o alto con colchonetas no campo de fútbol que compartimos coa rapazada do cole de Soutelo. Ademais de obradoiros de maquillaxe, globoflexia, abelorios, merendola saudable e sesión de zumba coa nosa querida Priscila.
Pero aínda nos quedaba o último día! Un deses moi emotivo e tamén divertido, onde houbo agasallos,música, merenda e despedidas.
Montaxes creadas con Pizap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario