O último día de cole celebramos unha gran festa de fin de curso. Foi unha xornada chea de xogos, risas e momentos inesquecibles para despedir este fantástico curso.
O calendario que nos trouxo a fada propoñíanos pequenos retos en distintos ámbitos e de diversa natureza. O outro día falamos dalgúns relacionados coa aula e hoxe tocan os da casa.
A principios do mes de decembro, o alumnado de 1º de Primaria recibimos unha visita moi especial: a da fada Perella. Ela trouxo á aula un fermoso calendario de Advento, cheo de sorpresas, ilusión e moitas actividades para compartir.
O martes pasado todo o alumnado asistimos ao salón de actos para recibir a visita de Elena Ferro, a zoqueira de Merza, recoñecida polo seu traballo artesanal e pola tradición familiar dos zocos.
E chegou o día máis esperado: o do desfile por Forcarei. Despois de vestirnos con calma, cos imprevistos de última hora (Profe, caume un topo; profe, levamos a merenda?; profe, eu non vou ao baño..... e a profe suando porque as paxariñas non acaen cos imperdibles!), saímos a dalo todo polas rúas do pobo.
Xa repousado o tempo de festa podemos contar como nos foi nela. A semana resultou do máis intensa pero saimos airosos/as, como non podía ser doutro xeito.