sábado, 4 de xaneiro de 2025

DECEMBRO EN ACTIVIDADES(III).

Imaxe de Oleksandr Pidvalnyi en Pixabay.com
Outra das actividades que tamén se están convertendo en tradición polo Nadal é a visita á residencia de maiores Virxe das Dores.
 O día 18 de decembro,o alumnado de infantil, 1º e 2º subimos en autobús a visitar aos nosos amigos maiores. Alí nos esperaban cos brazos abertos para recibir as nosas apertas, bicos e unhas postais que fixeramos en días anteriores con moito cariño. Cantamos, tocamos e, coma sempre,comemos. Cada vez que imos, pasámolo xenial!
Despois , os de 1º e 2º volvemos dando un paseo ao cole ben agradable polo camiño de Sorribas. Levounos o profe Javi, que é o que máis controla de Forcarei.
Montaxe realizada con PiZap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario