Amosando publicacións coa etiqueta Saída. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saída. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de xuño de 2025

SEMANA VERDE.

Logo da Feira
Que día tan especial tivemos o 6 de xuño! Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria visitamos a Feira da Semana Verde de Silleda, unha experiencia inesquecible chea de aprendizaxe, diversión e descubrimentos.

venres, 27 de xuño de 2025

PROGRAMA XOGADE.

Logo do programa Xogade
O pasado mércores 4 de xuño celebramos unha xornada moi especial e divertida no pavillón do colexio de Carballedo.

sábado, 31 de maio de 2025

NA GRANXA DE.... FERVENZAVENTURA!!!

Imaxe de Fervenzaventura en Abades

Hoxe imos falar de como comezamos o mes e maio.Vivimos unha aventura moi divertida toda a cativada do centro: fixemos unha saída a Fervanventura en Abades. Foi un día cheo de emocións, risas e novas experiencias.

martes, 15 de abril de 2025

SAÍDA A VIGO.

Imaxe da representación
A finais do mes pasado fomos ata Vigo para asistir ao musical "La Bella y la Bestia". Había varios coles e un pouco de "caos" para entrar pero, unha vez acomodados/as, puidemos gozar do espectáculo prometido.

sábado, 4 de xaneiro de 2025

DECEMBRO EN ACTIVIDADES(III).

Imaxe de Oleksandr Pidvalnyi en Pixabay.com
Outra das actividades que tamén se están convertendo en tradición polo Nadal é a visita á residencia de maiores Virxe das Dores.

xoves, 2 de xaneiro de 2025

DECEMBRO EN ACTIVIDADES.

Imaxe creada en Freepick.
Comezamos o mes de decembro do mellor xeito posible e cumprindo un ritual, que xa se convertiu en tradición: fomos ao cine da Estrada.

sábado, 13 de abril de 2024

HAKUNA MATATA.

Imaxe do Audiorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Xusto antes das vacacións, o xoves 21 de marzo, fómonos todo o cole a Vilagarcía de Arousa. Unha vez alí, no seu auditorio municipal, gozamos da representación de "O Rei León".
O mellor é que o vexades en imaxes.

xoves, 4 de xaneiro de 2024

VISITA Á RESIDENCIA.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Unha das saídas que fixemos antes das vacacións foi á residencia Virxe das Dores do noso concello.

sábado, 30 de decembro de 2023

DÍA DE CINE.

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Imos a contar algunha das últimas actividades que fixemos neste remate de trimestre.

venres, 7 de xullo de 2023

SAÍDA DE FIN DE CURSO (2023).

Imaxe de Wolfgang  Eckert en Pixabay.com
Como xa vai sendo hora de coller vacacións, imos ir contando as últimas actividades que fixemos para pechar este curso.

domingo, 30 de abril de 2023

SAÍDA A DOADE.

Réplica casa castrexa.(Imaxe de treintayseis)
Falamos do Día Mundial da Terra e poderiamos relacionalo directamente coa visita que fixemos xusto antes das vacacións ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón"en Doade (Lalín). Alí puidemos gozar das marabillosas "cousas de antes" e aprendemos como vivían os nosos antepasados. Eles si que sabían como reutilizar!

venres, 6 de xaneiro de 2023

SAÍDA AO CINE.

Imaxe de Mohamed Hassan en Pixabay.com
Hoxe, día dos Reis Magos, imos rememorar a nosa saída ao cine. Foi como un agasallo anticipado, un paseo A Estrada para ver nos Minicines Central dúas estupendas películas.

domingo, 26 de xuño de 2022

SAÍDA A MARCELLE NATUREZA.

Imaxe da entrada a Marcelle
Para ir pechando este curso imos falar das últimas actividades que fixemos neste mes de xuño.

mércores, 30 de xuño de 2021

SAÍDA.

Imaxe de rggroning en Pixabay.com
Cando xa parecía que estaba todo perdido, fíxose un milagre e o profe Javi levounos de excursión!

xoves, 18 de marzo de 2021

MINI SAÍDA.

Imaxe obtida na páxina do Concello de Forcarei
O pasado 10 de marzo fixemos a nosa segunda saída fóra do colexio (a primeira fomos ao pavillón ,no Nadal, a ver ao Che actuar).

luns, 15 de xullo de 2019

SAÍDA POR FORCAREI.

Preparados/as para saír.
Tiñamos pendentes varias cousas de final de curso e, unha delas, era a saída que fixemos, xunto cos nenos/as de 1º, por Forcarei.
Tivemos que pospoñela por ameaza de choiva pero , por fin , chegou o día. Arrancamos nada máis chegar ao cole dirixíndonos  á panadaría "A Conquista". Alí esperábannos os sorrintes Loli  e Aurelio, o  matrimonio de panadeiros que nos ían a ensinar o segredo para facer un bo pan.
Puxémos os nosos delantais e atendemos moi ben ás explicacións de Loli, que nos contou como se amasaba agora cunha máquina. Despois houbo e poñerse mans á obra e facer os nosos propios bolos de pan (Menos mal que nos tiñan a masa preparada que se non.... vai ti saber que sairía!). Unha vez metidos no forno, despedímonos  ata  un tempo despois. 
Mentres os bolos quedaban no forno, marchamos cara a cima de Forcarei para visitar a Oficina de Correos. Alí, Mari Carmen, recibiunos moi amablemente para contarnos unha morea de cousas e contestarnos a todas as  nosas preguntas. Despois botamos as cartas que escribiramos aos compis (por sorteo e en segredo) e, por último, recibimos uns agasallos de correos que nos entusiasmaron: caramelos, marcapáxinas e un libriño de pasatempos!
Tivemos que repor forzas e dirixímonos á praza da Igrexa para merendar alí. Unha vez que rematamos, fomos facer a compra. Cada grupo dirixiuse a un supermercado; os de 1º ao Claudio da familia Rivas e os de 2º ao Aliprox Eroski. Entre todos/as xa fixeramos a lista da compra na clase e mercamos os produtos para facer unha merendola no cole. Foi toda unha experiencia!!  E houbo detalles para todos os nenos/as.
Voltamos á panadaría  e alí xuntámonos  para facer unhas deliciosas pizzas. Ao rematar de cocelas,  levámonos os nosos bolos, uns "croissants" e as pizzas, que as baixou Aurelio ao cole para que non foramos cargadas.Que "majo"!
Montaxes realizadas con PiZap
Foi un día fantástico e pasámolo xenial!!! Moitísimas grazas pola súa amabilidade a Loli e Aurelio, a Mari Carmen, ao persoal do Claudio- Carnicería Rivas e do Aliprox Eroski.

xoves, 21 de xuño de 2018

VIAXE A ONS.

Rumbo a Ons.
O martes pasado fomos todo o cole de excursión á Illa de Ons. Todo eran nervios e emoción, aínda que o ano pasado xa visitaramos as Illas Cíes.
Saímos cediño do cole en autobús para coller o catamarán en Bueu e dalí ,rumbo á illa. Despois de deixar as mochilas fomos facer unha ruta coa guía María, que nos ensinou onde estaban os restos dunha antiga fortaleza, nos falou dos animais que habitan alí e ata mencionou aos piratas.
Despois da camiñata tiñamos moitísima fame ; así que procedemos a xantar.
Tomamos un xeado, fixemos tempo e.... a gozar da auga!
Depois do baño regresamos a Bueu e tivemos que repor forzas para volver ao cole con moita vitalide.
Foi unha excursión ben chula! Os nenos/as divertíronse a tope e os profes respiramos aliviados cando os entregamos ás familias sans e salvos (Señores,non é cousa de broma!).
ATA A PRÓXIMA!!!

sábado, 16 de decembro de 2017

SAÍDA A PONTEVEDRA.

Imaxe do espectáculo.
Finalizando o mes pasado, fixemos unha saída a Pontevedra para asistir a unha obra musical na sede da Fundación Abanca.
O conxunto Odaiko Percussion Group fixo as delicias de nenos/as e mestres coa súa obra "Circopeta", baseada no clown e os instrumentos cotiás.
Mirade que ben o pasamos!
Montaxe realizada con PiZap.

martes, 27 de xuño de 2017

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES.

Vista desde o Alto do Príncipe.
En plena ola de calor chegounos o tempo de ir á excursión de fin de curso. Foi o día 19  xuño e , o que máis e o que menos, nas tiña todas consigo. Pois ben, foi un día estupendo!!! As temperaturas acompañaron, os nenos/as portáronse xenial (sobre todo os de 2º) e moitos foron por vez primeira en barco.
Aquí vos deixo unhas instantáneas do día que pasamos nas Illas Cíes.
Montaxes realizadas con PiZap.
A profe na silla da Raíña.

domingo, 3 de xullo de 2016

VIVIR NA CORUÑA QUE BONITO É.


Pois nós non sabemos como é vivir na Coruña pero se o di unha canción, algo de razón levará. O que si puidemos comprobar foi o bonita que é a cidade e todas as posibilidades que ofrece (dentro dun tempo limitado, claro).
O pasado día 20 saímos ben cediño, sen que nos dese tempo nin  a facer unha foto sequera, pero é que tiñamos moitas cousas que ver. A primeira parada foi na Torre de Hércules, maxestuoso faro que nos recibiu cos brazos abertos e nos quixo ensinar cidade e o mar.
Case sen darnos conta xa estabamos na hora do xantar e fomos ata o monte de San Pedro  a repoñer forzas.
Sen tempo para xogar dirixímonos ao Acuarium Finisterrae para gozar de estrelas, cabaliños de mar, tiburóns e raias, entre outras criatura mariñas.
Pero aínda non acababa aquí a nosa viaxe. Fomos tamén á Domus (Casa do home) onde vimos  unha película en 3D "Pequenos xigantes" e divertímonos probando toda clase artiluxios.
Montaxe realizada con Pizap.
Chegamos  tarde ao cole porque tivemos unha pequena avería no autobús(nada grave). Foi unha saída estupenda; moi intensa pero estupenda.
Deixovos o tráiler da película que vimos na Domus para que vos fagades unha idea.
Obtido no canal de Youtube BBC Earth.