Amosando publicacións coa etiqueta Actividade colaborativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividade colaborativa. Amosar todas as publicacións

domingo, 31 de maio de 2026

OBRADOIROS EDUCALECRÍN.

Logo de Educalecrín

O pasado 27 de abril, no salón de actos do cole, o alumnado do 1º ciclo participou nun interesante obradoiro organizado por Educalecrín centrado no traballo das emocións e da convivencia.

mércores, 19 de febreiro de 2025

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ (2025).

Imaxe de No Name 13 en Pixabay.com
Hoxe queremos compartir como foi a nosa celebración do Día da Paz, que realizamos o 31 de xaneiro cunha emocionante carreira en colaboración con ASANOG. Foi un día cheo de alegría, amizade e, sobre todo moita solidariedade.

domingo, 7 de abril de 2024

PLANTAS INVASORAS.

Imaxe de jacqueline macou en Pixabay.com
Antes das vacacións de Semana Santa, no cole, instalouse unha exposición sobre as PEI (Plantas Exóticas Invasoras). O día  18 de marzo visitounos Manu da Asociación AMABUL para contarnos como estes seres vivos non  son malos pero si invasivos e como debemos comportarnos cara eles.

xoves, 29 de febreiro de 2024

DESFILE DE ENTROIDO (2024).

Imaxe de ArtRose en Pixabay.com
Este ano o noso Entroido foi especial. Foino por varios motivos pero, o principal, é que fixemos o desfile por Forcarei fóra de data. Xa vedes, o tempo que é moi traizoeiro! Como o día 9 de febreiro estaba unha mañá especialmente desapacible decidimos adialo para o 16.  O día anterior nas tiñamos todas con nós (o pronóstico era regular) pero chegado o momento, lanzámonos á aventura!

luns, 22 de maio de 2023

PLANTAS.

Imaxe de vicznutz en Pixabay.co
Recordades as nosas fabas da Paz? Si, ho! Aquelas que sementamos por xaneiro e que pensamos que non ían medrar máis? Pois foron saindo , non sen tempo e certas dificultades, e mandámolas para a casa. 

xoves, 9 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ (2023).

Imaxe de Arek Socha en Pixabay.com
O pasado 30 de xameiro, celebramos o día Escolar da Paz e a non Violencia no cole. Xa durante a semana anterior falamos do tema e fixemos unha plantación de fabas máxicas. Si, si, como o oídes! Máxicas de todo. Tanto é así, que aínda estamos esperando que saian!😅

venres, 30 de decembro de 2022

VISITA COGAMI (II)

Imaxe obtida na páxina de Fundación Aenilce
Pois hoxe toca contar a visita que nos fixeron os amigos/as de COGAMI.

xoves, 29 de decembro de 2022

VISITA COGAMI.

Imaxe atopada na páxina FAMMA
Comezamos decembro da mellor das maneiras...con visita!!! O día 3 celebrábase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade pero nós adiantámonos. Recibimos a visita dos usuarios/as e monitores de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

venres, 3 de decembro de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO LITERARIO.

Imaxe  de Kevin Sanderson en Pixabay.com
Hoxe veño a contarvos a fantástica iniciativa que estamos levando a cabo dende a biblioteca escolar en colaboración co EDLG.

luns, 24 de febreiro de 2020

AI, ROSIÑA!!!!

Ilustración de Eva Casais
Por fin chegou o momento!! O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das nosas autoras máis universais e querida por todos/as. Cada ano intentamos facer algo especial para conmemorar a data do seu nacemento  e  nesta ocasión non ía ser menos.

luns, 15 de xullo de 2019

SAÍDA POR FORCAREI.

Preparados/as para saír.
Tiñamos pendentes varias cousas de final de curso e, unha delas, era a saída que fixemos, xunto cos nenos/as de 1º, por Forcarei.
Tivemos que pospoñela por ameaza de choiva pero , por fin , chegou o día. Arrancamos nada máis chegar ao cole dirixíndonos  á panadaría "A Conquista". Alí esperábannos os sorrintes Loli  e Aurelio, o  matrimonio de panadeiros que nos ían a ensinar o segredo para facer un bo pan.
Puxémos os nosos delantais e atendemos moi ben ás explicacións de Loli, que nos contou como se amasaba agora cunha máquina. Despois houbo e poñerse mans á obra e facer os nosos propios bolos de pan (Menos mal que nos tiñan a masa preparada que se non.... vai ti saber que sairía!). Unha vez metidos no forno, despedímonos  ata  un tempo despois. 
Mentres os bolos quedaban no forno, marchamos cara a cima de Forcarei para visitar a Oficina de Correos. Alí, Mari Carmen, recibiunos moi amablemente para contarnos unha morea de cousas e contestarnos a todas as  nosas preguntas. Despois botamos as cartas que escribiramos aos compis (por sorteo e en segredo) e, por último, recibimos uns agasallos de correos que nos entusiasmaron: caramelos, marcapáxinas e un libriño de pasatempos!
Tivemos que repor forzas e dirixímonos á praza da Igrexa para merendar alí. Unha vez que rematamos, fomos facer a compra. Cada grupo dirixiuse a un supermercado; os de 1º ao Claudio da familia Rivas e os de 2º ao Aliprox Eroski. Entre todos/as xa fixeramos a lista da compra na clase e mercamos os produtos para facer unha merendola no cole. Foi toda unha experiencia!!  E houbo detalles para todos os nenos/as.
Voltamos á panadaría  e alí xuntámonos  para facer unhas deliciosas pizzas. Ao rematar de cocelas,  levámonos os nosos bolos, uns "croissants" e as pizzas, que as baixou Aurelio ao cole para que non foramos cargadas.Que "majo"!
Montaxes realizadas con PiZap
Foi un día fantástico e pasámolo xenial!!! Moitísimas grazas pola súa amabilidade a Loli e Aurelio, a Mari Carmen, ao persoal do Claudio- Carnicería Rivas e do Aliprox Eroski.

martes, 18 de setembro de 2018

UN PROXECTO ENTRE TODOS.

Imaxe do proxecto.
Como un novo curso ou como un cambio de estación, volve "Un proxecto entre todos". Estivo activo durante algo máis de cinco anos, aglutinando en ocasións, 200 blogues que compartían enlaces  para a realización de traballos nas aulas. En 2017 botaron o peche deixándonos un estupendo SITE onde consultar o material recopilado.
Agora voltan con forzas renovadas para ofrecernos a oportunidade dun lugar común donde poder axudarnos.
Se queredes participar premede aquí para ter toda a información. Xa hai 24 blogues participando e, o noso, acaba de ser aceptado!
GRAZAS ANA, FINI, MIREN E NOELIA!!!

martes, 27 de febreiro de 2018

ROSALÍA PRESENTE.

Imaxe creada por Iria Ribadomar para Deica Creacións.
Despois do noso recitado familiar, quixemos ter un detalle coas nosas familias. Primeiro, visitamos a aula dos nenos/as de 3 e 4 anos para compartir con eles o visionado da nosa creación e despois, repartímoslles o dvd coa gravación e unha bolsiña con bombóns e unha tarxeta de agradecemento ás familias. Creo que aos nenos/as lles gustou, e ás familias? Desexamos que tamén.
Montaxe realizada con PiZap.
E para deixarvos un estupendo sabor de boca, compártovos esta producción de Lucas Terceiro realizado para o Concello de A Estrada. Pon en valor a relevancia universal da nosa poetisa máis recoñecida.
Obtido no canal de Youtube do Concello de A Estrada.
PARABÉNS A TODOS /AS OS ARTÍFICES!!
(Que ben traballa a xente de A Estrada!!! Nada que ver, que eu sexa dalí ! 💚💜💛)

venres, 30 de decembro de 2016

SORPRESAS POR NADAL (II)

Manualidade atopada  no blogue Vivir sano con Patty.
Lembrádesvos que quedaramos facendo galletas, non si? Pois ese día tamén lle demos un agasallo á profe Vane. Como sempre nos está axudando e se alía coa profe nun montón de aventuras, decidimos facerlle unha felicitación de Nadal e un Papá Noel moi especial. Esa foi a manualidade que levamos todos para a casa(Na foto de arriba)
Pola tarde, recibimos a esperadísima visita de Papá Noel que , como todos os anos , escoitou as nosas peticións e preguntounos se foramos bos durante o ano.
Montaxes realizadas con PiZap.
Aquí vos deixo as cartas que escribístedes a Papá Noel e aos Reis Espero que vos traian todo!!

martes, 27 de decembro de 2016

SORPRESAS POR NADAL.

Montaxe realizada con BeFunky
O luns, 19 de decembro, foi un día moi intenso na aula de 2º. Cando chegamos á clase , atopámonos cunha nova mensaxe de Perella. Nela, desexábanos un feliz Nadal e deixávanos unhas golosas piruletas de chocolate para compartir cos nenos/as de tres anos. Pero...por que? Non é que non nos guste repartir, o tema estaba en por que con eles. A última vez que a fada nos touxera lambetadas (polo Samaín co xogo de pistas)  acabaramos na aula dos picariños compartindo bombóns.
Logo comprendimos que pasaba, cando  apareceu a profe Vane pola porta cos seus peques.Viñeran a... facer galletas!!! Como o oídes!!! Facemos cousas moi convencionais, outras non tanto pero sempre realizamos cousiñas divertidas.
Mirade para que dou a mañá!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Grazas profe Vane e picariños por compartir con nós tantas aventuras. Por moitas máis!!!
Na próxima entrada veremos outras  cousas que pasaron neses días.

martes, 6 de setembro de 2016

PASAPALABRA CERVANTINO.

Caricatura de Cervantes atopada na rede.

Non nos esquecemos da participación que este curso pasado fixemos no proxecto do Libro Virtual "Cervantes y las TIC".  Nesta ocasión a actividade é para nenos e nenas  algo maiores que os de primeiro e segundo. Trátase dun Pasapalabra baseado na vida e obra do autor, consultada no libro" Me llamo... Miguel de Cervantes"
A ver que vos parece!!!

martes, 12 de xullo de 2016

BOTÓN COLABORADOR.

Hoxe recibín, chea de ledicia, o meu botón ao blogue colaborador dentro da aventura "UN PROYECTO ENTRE TODOS".
Quero dar as grazas ás chicas do Claustro blog pola súa labor de coordinación e recopilación  para chegar a crear ese fantástico SITE  que nos é de tanta utilidade no noso traballo. Asemade , quero recoñecer  o seu entusiasmo e  esforzo para levar a cabo o proxecto e mantelo con éxito durante todo este tempo.
MOITAS GRAZAS ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOE.
MOI FELIZ VERÁN PARA TODAS!!!

mércores, 4 de maio de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(VIII)


E para rematar co Reino Unido, Biblo, propúxonos contarlles aos nosos compañeiros e compañeiras parte do que aprenderamos durante a nosa investigación. Asemade, nós tamén escoitamos aos demais nenos do cole e foi moi enriquecedor.
Foi así como conseguimos o noso primeiro selo no pasaporte e integrar o noso traballo nunha completísma guía sobre o Reino Unido, que tamén visitou todas as clases.

Como recompensa ao noso traballo , velaquí o selo no noso pasaporte de aula.
Misión cumprida!!!

luns, 11 de abril de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(VII)(UMM,QUE RICO(II))

Montaxe realizada con PiZap.

Tivemos a sorte de que á nosa aula chegara un paquete cheo de sorpresas. Enviábanolo a profe Vane, sabedora do proxecto no que estabamos inmersos.
Nesa caixa viñan seis clases de té e un estoxo de pastas para acompañar. Así é que tivemos que probar todas as variedades e cubrir un cuestionario sobre  as mesmas.
A profe Anabel tamén contribuiu facendo unhas pastas de té pero esas nas comparamos.