domingo, 31 de maio de 2026

OBRADOIROS EDUCALECRÍN.

Logo de Educalecrín

O pasado 27 de abril, no salón de actos do cole, o alumnado do 1º ciclo participou nun interesante obradoiro organizado por Educalecrín centrado no traballo das emocións e da convivencia.
Durante a xornada, os nenos e nenas puideron aprender a identificar e expresar o que senten a través de diferentes actividades dinámicas e participativas. Entre os espazos que máis lles gustaron estiveron o Recuncho da Calma, onde aprenderon técnicas para relaxarse e recuperar a tranquilidade, e o Recuncho do Enfado, no que reflexionaron sobre como actuar cando sentimos rabia ou frustración.
Para rematar a actividade, cada alumno e alumna coloreou unha mochila moi especial. Nela pegaron varias opcións relacionadas con boas accións e actitudes positivas que se comprometían a cumprir no seu día a día, fomentando así o respecto, a empatía e a boa convivencia entre compañeiros e compañeiras.
Montaxe realizada con Canva.com
Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todo o alumnado participante.
Os demais ciclos do centro tamén tiveron os seus propios obradoiros adaptados ás diferentes idades, gozando igualmente desta actividade tan educativa e necesaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario