Imaxe creada con Gemini.
Continuamos coa nosa querida actividade “As familias tamén contan”, chea de historias que nos fan viaxar coa imaxinación.
Para pechar o ciclo de lecturas deste curso, visitounos a nai de Adara, que compartiu con nós o fermoso conto “O ladrón de sol”. Escoitamos a historia con moita atención, deixándonos levar pola maxia do relato e polas emocións que nos transmitía.
Foi un momento moi especial no que, unha vez máis, comprobamos o importante que é compartir a lectura en familia e na escola. Grazas a Andrea por vir e regalarnos este anaco de sol en forma de conto.
Montaxe realizada con Canva.com


Ningún comentario:
Publicar un comentario