Imaxe creada con Gemini
A nai de Unai, María, visitounos cunha proposta diferente: en lugar dun conto tradicional, trouxo unha receita de xeado para ler e compartir con todos/as nós. Encantounos a idea! Primeiro escoitamos con atención os pasos da receita e, despois, puxémonos mans á obra para elaborala entre todos/as. Traballamos en parellas e foi unha experiencia moi enriquecedora.
Unha vez preparado, deixamos o noso xeado no conxelador do cole, aínda que tamén tivemos a sorte de probar un que María trouxera xa feito… estaba boísimo!
Ademais, María sorprendeunos cunhas plantillas moi especiais para escribir a nosa propia receita que atopou na páxina de "Una pizca de educación”.
E o mellor chegou despois: á semana seguinte, levamos o noso xeado para casa, completando así unha experiencia diferente, divertida e moi saborosa.
Montaxe realizada con Canva.com
Moitas grazas, María, por esta actividade tan orixinal! Seguimos desfrutando de “As familias tamén contan” con todos os sentidos!


Ningún comentario:
Publicar un comentario