Imaxe creada con Gemini.
A nosa actividade “As familias tamén contan” continuou traendo momentos inesquecibles á aula. Nesta ocasión tivemos unha dobre ración de contos que nos encantou!
Por unha banda, visitounos Martín, o pai de Mateo, que compartiu con nós o conto “Os Bolechas. Cando andabamos polo monte”. Acompañámolo nesta divertida aventura e gozamos moito coas historias destes personaxes tan coñecidos.
Por outra banda, Fran sorprendeunos coa lectura de “Un traballo novo”, un conto que espertou a nosa curiosidade e nos fixo reflexionar mentres o escoitabamos con moita atención.O conto trata dun elfo e estaba un pouco fóra de tempo pero como o escolleu Álvaro, a todos/as nos pareceu fantástico.
Montaxes realizadas con Canv.com
Foi unha xornada moi especial, chea de ilusión, risas e, sobre todo, amor polos libros. Moitas grazas ás familias por participar e facer da lectura unha experiencia compartida tan enriquecedora.

.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario