domingo, 30 de decembro de 2012

GLORIA FUERTES(II).

Fixemos unha nova entrada no libro virtual. Esta vez foi  a ilustración dun poema de Gloria Furetes titulado"El Rey de la Paz".
Premede na imaxe e botádelle un ollo!!!

martes, 25 de decembro de 2012

PANXOLIÑAS.

Pensei que vos gustaría escoitar as panxoliñas que vimos o outro día no libro de Lengua. Aí vos quedan, disfrutádeas!!!
"Una pandereta suena"



"El tamborilero"

"Zumba,zúmbale al pandero"

"El tarantán"

sábado, 22 de decembro de 2012

GLORIA FUERTES.

Por fin realizamos a nosa primeira publicación no Libro Virtual Colaborativo de Gloria Fuertes. Foi un Esl vídeo basado na presentación que  atopamos da autora no blogue aulatic-terradeferrol.blogspot.com/.(Capítulo 28 do Libro Virtual)
Se queredes velo solo tendes que premer na imaxe.
Graciñas a Ana Martínez por facer esta presentación tan chula.

xoves, 20 de decembro de 2012

FADA PERELLA


Ola, chicos/as!!!
Son eu , a fada Perella. Coleime no blogue da profe porque como estes días está moi liada coas notas , co festival e con non sei cantas cousas máis, seguro que non se decata de que ando por aquí.Jijiji!!!!
Xa vos dixen na miña carta que me gustaron moito os vosos debuxos  pero solo podía escoller un. A decisión foi  difícil  e o resultado foi.....
efectos de fotos

Seguiremos en contacto!

mércores, 12 de decembro de 2012

A FADA PERELLA.

Antes de que a Fada Perella  escolla o retrato gañador  do seu concurso particular, pensei que sería unha boa idea mostrar os debuxos que lle fixestes. Aí vos van!!!!

martes, 11 de decembro de 2012

A MOCHILA VIAXEIRA.

Por fin chegou un dos momentos máis esperados do curso...a saída da Mochila Viaxeira!!!
Este ano vai cargada de novos libros e materiais e ademais leva unha nova tarefa. Como desde o  cole estamos participando nun libro virtual colaborativo sobre Gloria Fuertes, coordinado por Lourdes Giraldo, a Biblo, non lle importou que o traballasemos na Mochila.Se queredes máis información, premede na imaxe.


Nós ainda non publicamos nada no libro;todo se andará. Pero podedes ver moitos traballos interesantes dos vosos compañeiros/as. Botádelle un ollo!!!(Estamos no Capítulo 39)

luns, 3 de decembro de 2012

MISTERIO EN 3º (2ª PARTE).

Pois sí, amiguiños, ao día seguinte  recibimos outra mensaxe da nosa Fada particular.Quería propoñernos un "traballiño".Este consistía en facerlle un retrato. Si, oistes ben, quería un debuxo dela e nós sen vela nunca. Menos mal que temos as ferramentas axeitadas para levar a cabo tan ardua  misión: lápis, goma , cores e moreas de imaxinación.Puxémonos mans á obra coa esperanza de que o debuxo elexido fose...cada un  o que fixo, porque a Fada dixo que publicaría o que máis se parecese a ela.
                             A ver que pasa!!!

domingo, 2 de decembro de 2012

MISTERIO EN 3º.

Hai un días recibimos correo do mundo da fantasía. Despois do de Biblo, pensamos que sería unha misiva súa .  Pero non!
 Era dunha misteriosa remitente que quería que adiviñásemos o seu nome. Puxémonos mans a obra para descubrir de quen se trataba e fomos parar... ao blogue dos noso xogos!
Alí se atopaba a referencia a nosa amiga....   
                          A FADA PERELLA!!!
Contestamos á súa carta é...
 

sábado, 1 de decembro de 2012

SANTA ICÍA.

Con motivo da festividade  de Santa Icía, patrona dos músicos, dos poetas e dos cegos, visitounos no cole un personaxe moi particular. Chámase Cé orquestra Pantasma e ese día, tan especial, fixo as delicias de pequenos e grandes. Se non mirade, mirade!!!!