Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2012-2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2012-2013. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO(III)

E hoxe, Día Mundial da Poesía, recibimos a terceira entrega das lecturas de 3º. Foi bonito lembrar o Proxecto colaborativo no que o pasado ano participamos, loando a Gloria Fuertes, e vernos un pouco máis pequenos. É certo que medramos  e melloramos nalgunhas cousas pero seguimos tendo algo intacto: A ILUSIÓN!!!
Por iso seguimos  traballando, aprendendo e gozando.
Celebramos o día de hoxe dunha maneira especial. Contarémolo noutra entrega porque o vídeo está  no taller de maquetación da profe Vane e non queremos  atosigala que ten máis cousas que facer.

mércores, 19 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO(II)

Xa dixemos que poñeriamos máis vídeos relativos ás lecturas que en 3º fixemos sobre Gloria Fuertes.Como a profe Vane xa nos maquetou outro vídeo, aí volo deixo. Espero que vos guste moito.

martes, 18 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO.

Esta semana preséntase como unha das máis poéticas do ano. Sabedes por que?
O vindeiro venres celebraremos o Día da Poesía, escollido pola UNESCO "para reflexionar sobre o poder da  linguaxe poética e o florecemento das capacidades ceadoras de cada persoa".
Pois para celebralo imos sacar do baúl dos recordos unhas gravacións realizadas no curso pasado sobre os poemas de Gloria Fuertes que máis vos gustaran. Lembrádesvos de cales eran?
Isto pode servirvos de recordatorio.
Ofrecemos  unha parte , haberá máis!!!
Grazas á profe Vane por maquetarnos o  traballo  se non....non quedaría tan vistoso!!!!

sábado, 4 de xaneiro de 2014

VESTIXIOS DO PASADO.

Lembrádesvos do noso Proxecto Documental Integrado do ano pasado? 
Ah, menos mal, xa pensei que  o termpo fixera estragos en vós. Pois ben, quero deixarvos aquí un resumo-recordatorio de todo o que fixemos. Tomádeo con humor , porque así o fixo a profe
Espero que vos guste.
(Un  pequeno anticipo de Reis).

luns, 16 de decembro de 2013

RECURSOS DE NADAL


Non é sin tempo, pero xa están aquí cousiñas para o Nadal. Podedes premer na imaxe  e tamén no icono que da na marxe dereita do blogue.
Que os gocedes moito!!!

xoves, 4 de xullo de 2013

TODO O BO REMATA.

Non pensedes que o título é froito da euforia do remate de curso, non, porque , a verdade, é que tivemos un  ano realmente intenso e interesante. Pero despois de traballar  moito, aprender, ler, rir, saír, ser visitados e algunas cousiñas máis, chegamos ao final.  Non é triste, porque necesitamos as vacacións, e ademáis para setembro.....MÁIS E MELLOR.
BO VERÁN!!!

mércores, 3 de xullo de 2013

O QUE MÁIS NOS GUSTOU EN TERCEIRO.

Este curso foi intenso e aprendemos moitas cousas. As que máis nos gustaron foron as seguintes:
(Premede sobre os debuxos para velos  máis grandes).

martes, 2 de xullo de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

De todos os marabillosos libros; que limos este curso estes son os que escollemos. A ver se vos gustan!!!



luns, 1 de xullo de 2013

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Din que as cousas, coa perspectiva do paso do tempo, se ven doutra maneira. Pois menos mal; porque se chego a escribir o que se me pasaba pola cabeza o día que chegamos da excursión....non sei que podería haber pasado. Afortunadamente, acumulouseme o traballo e non o puiden facer ata agora. Que sorte para todos!!!Deixovos unas fotiños  do día; sen máis comentarios.

domingo, 30 de xuño de 2013

AS SECUELAS DO MALAMÉN.

Como non podía ser doutro xeito o conto que nos escribiu César deu para moito .Aquí vos düístaseixo os debuxos que fixeron os seus protagonistas da súa propia aventura.
(Non hai acentos nas palabras por causa do tipo de letra, nos admite, e recordade como se escribe lingüistas).

martes, 25 de xuño de 2013

EXPERIMENTO.

Ola chicos/as!!!!
 Acabo de recibir un comentario de Paula Campos desde Madrid na entrada do Deporte Escolar. Entón pensei que, sería interesante ter un lugar onde comunicarnos se non queremos escribir nada sobre unha entrada, e púxenme mans á obra cun novo experimento. Fun ao blogue da profe Vane(http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/) e copiei a idea dunha caixa de comentarios  para falar. A ver que sae de aquí!!!Coloqueina debaixo da nube de etiquetas no lado dereito do blogue.
Tendes que clicar enriba de nome e escribir o voso nome  e facer o mesmo en mensaxe  para escribir o que queirades, despois darlle ao OK e xa está.
Espero os vosos comentarios ( os de todo o mundo que teña algo interesante que dicir) pero se non chegan, porque estamos en verán, xa faremos que funcione durante o curso.
Boas vacacións!!!

mércores, 19 de xuño de 2013

A VOZ DUN SOÑO.

O pasado venres, día 14, tivemos a sorte de contar na nosa aula coa presenza de César López Cachafeiro. Este mecánico de profesión e escritor de vocación quixo pasar parte da súa mañá con nós para recibir as nosas  impresións sobre o conto co que decidiu agasallarnos; "Malamén".
Xa puideramos gozar da súa lectura e de facer debuxos previos sobre o noso monstro particular, pero a súa visita foi xenial. Formulámoslle una morea de preguntas, deunos consellos para escribir mellor as historias, leunos o final do conto e tamén nolo asinou a cada un de nós. Solo podemos dicirche:
GRAZAS, CÉSAR!!!

luns, 17 de xuño de 2013

QUEN É O MALAMÉN?

Fai uns días(a finais de Maio) chegou ás miñas mans un conto titulado "Malamén". Nel faise unha descrición do ser que lle da título á historia:
"(...) Malamén,un mounstruo malvado, una especie de lagarto mutante muy especial que desea la ignorancia de la humanidad para someterla bajo su mandato...y que además disfruta haciendo el mal en general."
Pero quen é realmente este monstro? Pedinlle aos nenos que tentasen averígualo.
 Este foi o resultado.

domingo, 16 de xuño de 2013

ADIVIÑANDO.

Agora, ao final de curso, acumúlase o choio!!!Mentres me poño ao día.....por que non xogar a adiviñar de  que ferramenta se trata?
Adiante !!! Creamos estes acertixos para que vos divirtades xogando.
Que estades a esperar?


venres, 14 de xuño de 2013

EXPOSICIÓN.

Este pasado luns foi un día especial no cole. O Proxecto Documental Integrado(PDI) chegaba ao seu remate coa exposición e mostra ás familias dos traballos realizados. Os nenos/as de 3º, reinvindicamos o contacto humano,e por iso, fixemos una presentación-resumo ,en vivo e en directo, do aprendido durante o curso. Tamén vimos os vídeos dos nosos compañeiros e ,ao final, disfrutamos coas nosas familias da mostra exposta sobre os oficios.

martes, 11 de xuño de 2013

CLAUSURA DO DEPORTE ESCOLAR.

O venres,7 de Xuño, puxemos rumbo ao pavillón de Tenorio para celebrar a festa do Deporte Escolar. Alí atopámonos cos mestres e compañeiros dos outros centros participantes, incluso levamos agradables sorpresas volvendo a ver amigos coñecidos noutros coles.
 Recibimos medallas e copas polo esforzo realizado e a deportividade demostrada.
Foi un día estupendo. 

domingo, 9 de xuño de 2013

FADA PERELLA.

OOOOOlaaaaa!!!!!
Aquí estou de novo para cumprir a miña promesa. Xogaremos polos derradeiros positivos do curso que serán directos, como os últimos. Estades preparados?
1.Que artesáns nos visitaron o luns 3 de Xuño? Cales eran os seus nomes? (Creo que a profe publicou unha entrada sobre o tema, pero sssshhhhssss ,eu non digo nada , que todo se sabe).
2.Cal é a diferenza entre un zoco e unha zoca?
3.Como se chaman as zocas propias de Asturias?
4.Nomea dúas madeiras coas que se fai un cesto.
5.Cal foi o oficio anterior do noso cesteiro?
6.Nomea tres tipos de peles que nos ensinaron no obradoiro do coiro.
7.Que foi o máis che gustou do día?
Como podedes ver as preguntas son moi faciliñas. Entregádellas á profe antes do xoves 13 e teredes o voso premio.

venres, 7 de xuño de 2013

ANIMACIÓN ANIMADA.

Onte tivemos outra sorpresa no cole. Grazas á Biblioteca Escolar puidemos disfrutar dunha especial contadora de historias chamada Sabela. Primeiro contounos un conto sobre un galiñeiro revolucionado e despois descubrimos que o noso compañeiro Carlos tiña poderes porque podía transformarse nun camaleón.
 Foi unha sesión marabillosa!!!
GRAZAS SABELA!!!

xoves, 6 de xuño de 2013

LETRAS PARA ARMAR POEMAS.

O martes visitounos o noso amigo Jose para ler, dramatizar, bailar, xogar e gozar de Letras para armar poemas de Ana Pelegrín. O libro xa o traballaramos na aula así que  tocaba divertirse. Lemos algunhas poesías, fixemos rir aos compañeiros, realizamos coreografías en grupo e xogamos a adiviñar as figuras que facían os demais.Foi tan estupendo coma sempre!!!

GRAZAS,JOSE!!!

luns, 3 de xuño de 2013

ARTESANÍA DE GALICIA.

Hoxe foi un día moi artesán no  cole. Dentro do noso Proxecto Documental Integrado  tivemos unha xornada de obradoiros sobre tres oficios tradicionais galegos.  O zoqueiro Alberto Geada
 sorpendeunos coa súa maxistral feitura de zocas e explicounos moitas cousas arredor do seu oficio.
O señor Gustavo, o cesteiro, e o seu axudante, Manuel, ensináronnos como facer un cesto. E.... xa se sabe , o que fai un cesto fai un  cento!!!
Para rematar ben a tarde estivemos no obradoiro de José Villar que nos dixou facer pulseiras de coiro.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA SÚA SABEDORÍA E BO FACER!!!