viernes, 21 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO(III)

E hoxe, Día Mundial da Poesía, recibimos a terceira entrega das lecturas de 3º. Foi bonito lembrar o Proxecto colaborativo no que o pasado ano participamos, loando a Gloria Fuertes, e vernos un pouco máis pequenos. É certo que medramos  e melloramos nalgunhas cousas pero seguimos tendo algo intacto: A ILUSIÓN!!!
Por iso seguimos  traballando, aprendendo e gozando.
Celebramos o día de hoxe dunha maneira especial. Contarémolo noutra entrega porque o vídeo está  no taller de maquetación da profe Vane e non queremos  atosigala que ten máis cousas que facer.

2 comentarios:

  1. O recitado fabuloso e seguro que o que fixeches para celebrar o día da poesía non se queda atrás. Estou desexando velo. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Ana. Esperamos non defraudarte co seguinte recitado. Biquiños e boa finde a ti tamén.

    ResponderEliminar