Amosando publicacións coa etiqueta Clase 4 º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clase 4 º. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA (II).

Imaxe da nova aula de 4º
 O ano anterior buscamos asento mediante un croquis da aula e este tocounos buscar os nosos sitios a través de pistas espalladas por toda a clase. Ao principio, foi un pouco raro pero tan pronto como collemos a dinámica todo foi rodado. Ollade como o fixemos.

xoves, 8 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe da nova aula de 4º
Agora si que si! Por fin empezamos un curso como os de antes da pandemia.

luns, 5 de setembro de 2022

SETEMBRO EN EFEMÉRIDES.

Montaxe sobre imaxe de Lukas (Pixabay.com) realizada en PiZap
Dos dez meses que temos de clase, só nos faltaban as datas importantes de setembro. Neste curso, seguramente, recurra a estas entradas xa feitas para falarvos de celebracións, necesitamos optimizar o tempo!

xoves, 1 de setembro de 2022

OOOOOLAAAAAA!!!

Imaxe atopada na rede
Un novo curso, un novo comezo. Temos por diante dez meses para manter a maxia e conseguir o obxectivo final: aprender divertíndonos e pasar ao seguinte nivel. Polo tanto, chicas e chicos de 4º:
BENVID@S ;
 STARTS THE GAME!!!

venres, 10 de xullo de 2015

TALENTO.

Imaxe obtida en Pixabay.com

Seguro que estades a preguntarvos que encerra esta entrada, non si? Pois trae algo moi divertido e especial.Un día, na clase, mandeilles pensar a cada un  que era aquilo no que destacaban, algo que se lles dese ben facer. En posteriores ocasións fomos falando do tema e propúxenlles aos nenos/as facer un pequeno festival, para nós, mostrando eses talentos. O certo é que solo dixeron o que ían facer, pero o traballo posterior de búsqueda, ensaio, preparación foi propia , sen profe. Dito isto creo que imos ser testemuñas dunhas grandes actuacións realizadas por uns talentosos alumnos/as
Ábrese o telón!!!

mércores, 1 de xullo de 2015

COMO NOS GUSTA A POESÍA (II).

Despois de ver o resultado das  ilustracións das poesías de Marisa Alonso e da súa publicación, todos se presentaron voluntarios para recitar poemas. Decidimos facelo de maneira conxunta e isto foi o que nos saiu.

"La sombra de la avispa"

"Torito"

venres, 26 de xuño de 2015

MÁIS ALÓ DAS FRONTEIRAS.


 Imaxe obtida do blogue Con mis hijos.

Este curso os nenos/as de 5º e de 2º(principalmente) sufriron unha perda que viviron cun tanto de anguria.: as súas queridas compis, Sabela e Alicia, trasladáronse a vivir a Francia.Pero eu creo que vos equivocastes no enfoque, chicos/as, nunca hai que pensar no que se perde senon no que se gaña. As nosas amigas vivirán estupendas aventuras, atoparán novos colegas e voltarán á casa para vernos. Todo iso é positivo!!!
 A amizade é un fío transparente e elástico que se estira a calquera lugar onde viaxe o amigo, non ten porque romperse, so temos que coidalo. Para iso (e como prometín) deixo esta ventá aberta á comunicación con elas. Cando queirades contarlles algo, deixade un comentario nesta entrada. Agardo que elas se pasen para escribirvos ( de feito Sabe xa se comunicou polo Cbox). Deixovos a sua foto no lateral dereito para que non teñades que buscar moito.
BOA AVENTURA; CHICAS!!!

xoves, 25 de xuño de 2015

COMO NOS GUSTA A POESÍA!!!

Alá polo mes de abril, a nosa xa amiga Marisa Alonso,  facía un chamamento no seu estupendo blogue Poesía infantil para todo aquel que quixese ilustrar ou recitar algún dos seus poemas. Como me gustou moito a idea, leveina á aula  dentro dos nosos habituais puntos e como unha tarefa voluntaria. Este foi o resultado. (Clicade enriba dos debuxos e iredes ás poesías do blogue).
Noutra entrada ensínovos o recitado.








mércores, 24 de xuño de 2015

FÁBULAS E LENDAS.

Seguimos mostrando o que fixemos ao longo do curso. Nesta ocasión,  inventamos fábulas e recopilamos unhas lendas galegas. A ver se vos gustan!!!

Fábulas e lendas.

More presentations from Anabel

luns, 22 de xuño de 2015

COMO A VIDA MESMA(XXIX) (2014-2015)

Imaxe atopada na rede.
Onte foi o Día Europeo da Música e hoxe clausuramos a nosa sección de reflexión ata o curso que ven. Para festexar ambos acontecementos traivos esta preciosa canción de Magín Blanco pertencente a  "A nena e o grilo nun barquiño". Este  disco-libro de Magín conta coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas e contén moitas actividades creativas e interactivas para nenos/as.                                                         
Con esta canción,titulada "Soñar", quero desexarvos un moi feliz verán a todos/as e...
OGALLÁ SE CUMPRAN TODOS OS VOSOS SOÑOS!!!

domingo, 21 de xuño de 2015

NOVO PROXECTO COLABORATIVO.

Fai dos cursos participamos no "Proyecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes" e no curso pasado no "Proyecto Colaborativo Libros del s XXI para Infantil , Primaria y la ESO". Pois este ano non ía ser menos e así  embarcámonos no "Proyecto Colaborativo II parte del  Quijote con las Tic".
Como neste ano se celebra o catrocentos aniversario da publicación da 2ª parte deste libro mundialmente coñecido, a nosa amiga, Lourdes Giraldo, fai un chamamento para que colaboremos e nos resulte produtivo levar ás aulas este inxenioso fidalgo.
O noso capítulo do libro é o 65 e , aínda que non nos deu tempo a facer moitas cousas, creo que o fundamental  está realizado:  plantamos a semente da curiosidade e lemos as dúas partes adaptadas á primaria.Creamos  esta nube de palabras para expresar o que nos gustaría atopar neste libro universal.

En breve, ensinámosvos o que fixemos.

xoves, 18 de xuño de 2015

XA CHEGOU FINAL DE CURSO.



Fai arredor dun ano que rematamos o curso de cuarto asinando un contrato (Un contatro de por vida) que nos comprometía a escribir un comentario no blogue na entrada que se creara para este fin. Como vedes, eu cumprín a miña parte creando o post , agora tócavos a vós formalizar o prometido. Gustaríame que o fixésedes porque vos apetece facelo, non por obriga; porque recordades con cariño tantas cousas que vivimos xuntos.
Este ano incorpóranse os nenos/as de cuarto deste curso,xa que  forman parte deste blogue e ocupan un "cachiño" do  meu corazón; como todos vós.

mércores, 17 de xuño de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Este ano o tempo decidiuse a acompañarnos na excursión que realizamos ao Grove, con motivo de celebrar que o curso chega ao seu fin. Foi unha marabillosa viaxe ao camping de Fieitás,onde os nenos/as realizaron actividades de monte e praia.
Xa non vos conto nada máis da viaxe.O mellor será que leades as crónicas para que vos enteredes de como nos foi.

venres, 12 de xuño de 2015

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL.

O número global de nenos/as en situación de traballo infantil é 168 millóns, dos cales, máis da metade (5 millóns) efectúan traballos de risco. Para concienciar ao mundo deste grave problema e intentar solucionalo a  Organización Internacional do Traballo (OIT) declarou o 12 de xuño como o Día Mundial contra o Traballo Infantil. Se queredes saber máis sobre esta celebración premede na imaxe.
No blogue da nosa amiga Isabel, Recursos para mi clase, aparece este vídeo da campaña de UNICEF para a protección da infancia.
Agradecede haber nacido nun lugar e nunhas familias privilexiadas e poder asistir ao cole para recibir unha educación; outros non tiveron tanta sorte.

sábado, 25 de outubro de 2014

OUTRA DE PUNTOS.

Como o fixestes moi ben na entrega anterior, nesta, imos repetir a experiencia para que collades práctica, vale?
Os puntos tratarán sobre un personaxe que me gusta moito e do que xa falei no blogue.
Xogades por 5 puntos e as preguntas son:

-Cando naceu Mafalda?
-Como se chaman os seus amigos?
-Que odia Mafalda?
-Como se chama a súa mascota e que é?
- Busca no dicionario  o significado do nome do animal. (Lembrade que tedes enlaces a dicionarios na columna da dereita).
Imaxe obtida na rede.
O último día de entrega será o luns, 3 de novembro, que tamén estará incluido.
Ánimo rapaces!!! 

mércores, 22 de outubro de 2014

HORA DE LER.

Comezou a clase pola tarde  e con ela a nosa "Hora de Ler".  Cando entramos do comedor, despois de gozar dun anaquiño de recreo, dedicámoslle 30 minutos á lectura. Na primeira semana fixemos lectura silenciosa e cada un leu o que quixo da biblioteca de aula pero na seguinte, xa empezamos con outra dinámica. Trouxemos da casa á aula  libros que nos gustaban  e agora lerémosllos aos nosos compañeiros.O primeiro en comezar foi Marcos Abad, que nos fixo rir co seu "Chistes Infantís. Os mellores 200 chistes para nenos" de Edicións Sálvora. Pero non contentos con isto, Carlos e Iván, axudáronlle para que os chistes fosen dialogados. Velaquí a mostra.

venres, 10 de outubro de 2014

APRECIADO VERÁN.


Como non podía ser doutro xeito, aquí chegan as crónicas do acontecido no verán. Falta a de Sheila, pero é porque se incorporou máis tarde e xa tiña a presentación preparada. Da próxima non te libras, eh?

luns, 6 de outubro de 2014

VOLVEN OS PUNTOS!!!

Bueno chicos/as, é hora de poñerse en marcha. Por fin aparecen  uns novos puntos!!!
O que tedes que facer é moi fácil.Lede as preguntas con calma e buscade as respostas  no  blogue (nesta ocasión empezaremos suaviño e falaremos dun tema exposto nun post anterior), copiade as preguntas e respostas nun papel(atención á ortografía), entregádeas antes da data límite e...xa teredes os vosos primeiros 5 puntos!!!

Aí van as cuestións:
- Onde e cando naceu Roald Dahl?
-Por que os seus pais lle puxeron ese nome?
-Cando faleceu?
-Escribe o nome de catro das súas obras.
-Quen ilustrou a maioría dos seu libros desde 1978?
MOITA SORTE E MOITA MAXIA!!!
Lembrade que na entrada dedicada a este autor tedes toda a información que vos pido, so tedes que sabela buscar. A data límite de entrega será o luns,  día 13 de outubro. Animádevos!!!!


domingo, 5 de outubro de 2014

DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES.

Imaxe de Manu Velasco.

Hoxe celebramos o Día Mundial dos Docentes,cumpríndose este ano o vixésimo aniversario da súa instauración. Parabéns a todos aqueles que un día decidiron adicar a súa vida á docencia e se entregaron a ela dunha maneira paixonal.A todos os mestres, a todas a mestras; grazas por pola vosa dedicación e entrega, polo traballo ben feito e por aprender dos erros. Ogallá cambie a visión social para recoñecer unha labor encomiable e un esforzo que so vai dirixido ao ben dos alumnos/as; ao ben común.
A imaxe de Manu Velasco, que encabeza esta entrada, resume axeitadamente a labor dos docentes de vocación,dos que intentamos chegar aos nenos/as dun xeito diferente  para que poidan descubrir o seu camiño  e poidan valerse por eles mesmos.
 Para celebralo, compártovos este vídeo de Tiching que fixeron para homenaxearnos.
          
E tamén unha imaxe de Docentes para el fomento de la lectura.
PARA OS MEUS MESTRES E MESTRAS; GRAZAS!!!

xoves, 2 de outubro de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE.

Imaxe obtida no blogue  El rincón de Infantil.

Onte celebrouse, a nivel mundial, o día das persoas con idade sendo o tema deste ano: "Non deixar a ninguén atrás: promoción dunha sociedade para todos". Según o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, as persoas de idade contribúen de distintas maneiras ao desenvolvemento económico e social. Non obstante, ségueselles discriminando e excluíndo da sociedade.Debemos superar estes prexuízos para conseguir que a poboación sexa activa social e economicamente, estea protexida e envelleza de forma sa.

Como o Día dos Avós se celebra tradicionalmente o 26 de xullo (e nos colle de vacacións) quero aproveitar este día para ensalzar a figura dos queridos avós, que tanto  queren e  miman aos netos. Unha figura que irradia amor e sabedoría, que cría e aloumiña, que ensina, que vale. Uns seres entrañables que se desviven por facer a vida agradable  e que so  piden a cambio un pouco de atención. As veces necesitan axuda e coidados pero...quen axudou e coidou aos nosos pais? E a nós?
Gozade dos vosos avós, como eu fixen cos meus; escoitádeos, son  a voz da experiencia; deixádevos guiar por eles, xa educaron antes e dádelles a man para camiñar, ás veces necesítano.
 Respecto sempre polas persoas de idade.

Aquí vos quedan unhas lecturas que tratan sobre os avós. A ler!!!