xoves, 18 de xuño de 2015

XA CHEGOU FINAL DE CURSO.



Fai arredor dun ano que rematamos o curso de cuarto asinando un contrato (Un contatro de por vida) que nos comprometía a escribir un comentario no blogue na entrada que se creara para este fin. Como vedes, eu cumprín a miña parte creando o post , agora tócavos a vós formalizar o prometido. Gustaríame que o fixésedes porque vos apetece facelo, non por obriga; porque recordades con cariño tantas cousas que vivimos xuntos.
Este ano incorpóranse os nenos/as de cuarto deste curso,xa que  forman parte deste blogue e ocupan un "cachiño" do  meu corazón; como todos vós.

44 comentarios:

  1. Hola profe!!!
    Hoxe é o día de fin de curso.. e estou contenta pero á vez triste.. contenta porque comeza o verán e triste porque é moito tempo sen ver aos meus compañeiros.Ademáis, Sabela e Alicia marchan para Francia..
    Bueno, non che conto máis que teño que ir comer!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bueno, Ana, o final de curso sempre ten sentimentos enfrontados, pero o verán logo pasa. Ademais nas vacacións, seguro que coincides cos teus compis nas festa, na piscina.... Xa me contarás!!!
      Bo verán!!!

      Eliminar
  2. Felices vacaciones, te las mereces.
    Un besico.

    ResponderEliminar
  3. Eu estou como Ana alegre e a vez triste.Alegre porque empezamos as vacacións e triste porque e moito tempo sin ver aos compis de clase,Sabela e Alicia que marchan para Francia e sobre todo porque e moito tempo sen ver a profe Anabel,

    Marcos Abad

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pero Marcos se aínda nos vimos hoxe!!! Tranquilos, recordades o principio de curso? Que dixestes ao final? Que rápido pasou o tempo!!!! Pois as vacacións pasan voando. A disfrutalas!!!

      Eliminar
  4. hola profe,queria darche as grazas por todas as cousas que nos ensinaches este ano, foi un dos mellores anos que pasei .onte estaba triste pensando que xa rematara este curso e dame pena pero tamen estou contento e con ganas de volver a empezar en setembro e que o ano que ven sea tan bo coma este.
    moitas grazas profe , que pases unhas boas vacacions e te acordes de nos.!!!!!!!!!.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti, Iván, polas túas palabras e o teu agradecemento; significa moito para min. Eu tamén che desexo unhas boas vacacións e créeme cando che digo que en algún momento me lembrarie de vós.

      Eliminar
  5. Ola profe Anabel .
    Chegou o día de recordar os maravillosos momentos que vivimos xuntos durante esos espectaculares 4 anos , anque eu ( e seguro que todos os meus compañeiros ) recordoos todos os días cando chega a hora de durmir .
    Este ano, en 5° , pasámolo todos moi ben ( con risas e bronquiñas ) , anque , como sempre digo ; 4 anos non se olvidan así por así e sobre todo eses tan inolvidables.
    En fin , o que che quero decir é que te quero moito , que eses catro anos foron os mellores da miña vida , que me parece unha estupenda idea que se unan tamén os nosos compañeiros de cuarto e que , como non , QUE PASES UN FELIZ FELIZ VERÁN !!!!!!! ;3 Moitos biquiños de Diana .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai, Diana, que vou dicir eu agora, despois destas preciosas palabras? Para min tamén foi unha época estupenda, na que traballei un montón pero gocei inmensamente. Sobre ti, xa sabes o que te quero e tamen che desexo moi feliz verán!!! Biquiños mil

      Eliminar
  6. Boas tardes profe este curso pásame como a Ana que estamos un pouco tristes porque Sabela e Alicia se marchan ara Francia pero tamen contento porque asi non teño que estudar e profe na entrega de notas estabas bastante guapa:).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Daniel: Grazas polo cumplido. Dígoche o mesmo que aos demais.
      Goza do verán que logo pasa!!!

      Eliminar
    2. Hola profe!!!!!
      Dame moita pena que non nos vaias a dar 5° .Tamén me da pena que non aia cole por un tempo .Por certo profe xa vin o CD vouno gardar para sempre e recordarte todas as veces que o vexa.
      Chao!!!!Bo verán!!!!
      Veronica .

      Eliminar
    3. Vero, aínda non sabemos quen vai estar en cada curso para o ano que ven. Gústame moito a idea de gardar o CD, será un recordo marabilloso dunha época da túa vida.
      Que pases moi bo verán!!!

      Eliminar
  7. Uxía
    Hola profe
    Eu estou contenta porque comezan as vacaciòns de veràn , eso significa que comezan as vacaciòns màis longas de todo o curso (aìnda que logo pasan) .Grazas polos regalos gustaronme moito .Ahhh xa lin o libro e vin o vìdeo e pareceronme super chulos.Este curso paseino moi ben haber se repetimos para o ano .
    Que pases un booooo veràn !
    Chao e grazas por todo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Uxía:
      Eu tamén estou contenta de que empecen as vacacións (aínda que eu sigo traballando) e de que che gustaran os agasalliños que vos dei. Es moi rápida lendo!!! Seguro que tes máis libros agardando porque os descubras.
      Disfruta moito do verán!!!!

      Eliminar
  8. Hola profe!
    Aquí estoy, cumpliendo mi contrato de escribirte cada año.
    Hemos estado 4 años juntos, y pasamos momentos un poco ``complicadillos´´ porque me distraía, pero, otros fueron muy divertidos.
    Este año, lo he pasado bien con el profe Julio, pero el tiempo que estuve contigo tampoco se olvida.
    Espero y deseo que pases un buen verano.
    Te mando un besote desde Forcarei.
    Adrián

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola,Adrián:
      Que ledicia tan grande ter novas túas!!! É certo que este ano nos vimos e falamos no cole pero comprobar que cumpres unha promesa éncheme de orgullo (como o que sinto por cada un de vós).
      Biquiños desde Lamas e feliz verán !!!

      Eliminar
  9. Hola profe, xa te boto moito de menos e a os meus compañeiros tamen.
    Este año ainda que empecei con moito medo , foi un ano maravilloso ,un ano donde aprendin moitas cousas.
    Espero que pa o ano que ven sigamos todos xuntos , un gran bico.
    Sheila

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Sheila:
      Eu tamén vos estraño, aínda que non tiven tempo de parar, nin no cole nin no blogue. Quédome con moitas cousas boas e aconsélloche que non teñas medo, todos somos profes e queremos o mellor para vós.
      Agora descansa e pasa un feliz verán!!!

      Eliminar
  10. Ola profe Anabel ! Ya llego fin de curso y nuestro número de alumnos disminue cada vez más, pero tenemos todas las vacaciones para disfrutar del calor, los amigos y de no llevar deberes a casa. Pero vamos a echar de menos a Sabela y Alicia.
    BESAZOS de INÉS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Inés, por fin rematou o cole e toca disfrutar. Espero que o pases xenial no campamento; xa me contarás que tal!!
      Non te preocupes por Sabela e Alicia, seguro que están ben. Ademais xa sabes que vos habilitarei unha entrada para que vos poidades comunicar.Biquiños.

      Eliminar
  11. Hola profe son Paula Campos, eu tamén recordo, como todos, eses inolvidables 4 anos contigo profe Anabel, e como non con todos os meus compañeiros.
    Este ano en 5º de Primaria pasamolo moi ben, con momentos bos e momentos malos, quero dicir que esos 4 anos serán inolvidables para min con 18 compañeiros maravillosos e unha mestra requete-maravillosa, que as veces enfadabáse un pouco, pero polo noso ben !!! GRAZAS PROFE ANABEL !!!
    Este ano para min foi e é un ano duro porque as nosas compañeiras Sabela e Alicia vanse a Francia, pero hai que entender que van por motivos da vida.
    En fin, BO VERÁN A TODOS !!! E poñedevos moi morenos !!
    BICOS !!! :P Paula Campos !!!


    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Pauliña, que ledicia terte por aquí de novo. Non me contaches que tal che fora por Madrid, pero supoño que ben.
      Para min tamén foron anos inolvidables os vividos con todos vós pero penso que aínda nos quedan cousas moi bonitas por facer xuntos.
      Agora toca descansar e gozar do verán. E non esquezas que tes unha ventá aberta de comunicación con Sabe e Alicia para contactar con elas cando queiras.
      Moitos biquiños.

      Eliminar
  12. Ola son Eva
    Eu chego tarde pero escribo o comentario que e o que conta, os 4 anos para a miña opinion foron e seran inolbidables, paseino moi ben nas actividades que faciamos coa profe Vane e os seus nenos, faciamos filloas recitabamos poesias e todo era moi divertido
    Quero que volvan esos tempos!!!!!!!
    BICOS.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Eva: Graciñas por pasarte a comentar. A min tamén me gustaría rememorar ese tempos!!!!
      Espero seguir véndote por aquí.
      Biquiños.

      Eliminar
  13. Hola profe somos Sofía e PaulaP .
    Entre luchas e pelexas,porque non nos poñiamos de acordo xa sabemos o que escribirche...
    Os catro anos que pasamos contigo foron estupendos ,con regaliños da fada perella ,sorpresas coa profe Vane ...........
    6º,esta sendo un curso moi dificil ,pero todo o que nos ensinaches ,estanos servindo de moito .
    Dous bicazos ,e ata a proxima .

    PAULA P E SOFIA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, chicas:
      Por fin!!! Terei que facer a vista gorda porque escribades as dúas pero vendo o esforzo pasareivolo. Estou moi contenta de que pensedes que todo o aprendido vos está servindo en 6º, pero tendes que pensar que sodes vós quen o aprendestes e que , sen lugar a dúbidas, moitas veces vos servirá na vida. Diso se trata!!!
      Un biquiño para cada unha e espero vervos máis por aquí.

      Eliminar
  14. Hola profe somos Santi e Oscar ,os anos que pasamos xuntos foron maravillosos,nunca os olvidaremos
    BESOS E ATA A PROXIMA.!!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Espero que exista unha próxima , chicos, que me tendes moi abandonada.É que xa sodes tan maiores.......
      Biquiños.

      Eliminar
  15. hola profe Anabel , los años que pasamos juntos fueron estupendos y muy divertidos juntos.Nunca de los jamases los olvidare.
    BESOS YASTA LA PROXIMA.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Candela (menos mal que sei quen es, que senon....) De ti tamén espero que haxa unha próxima visita.
      Biquiños.

      Eliminar
  16. Hola profe Anabel,os 4 anos que estivemos contigo foron os mellores da vida .Nunca os olvidaremos .
    BICOS MARIO E MARCELA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Outros que o fan xuntos, deber ser para aforrar espazo, non? Bueno, vale, deixareivos polo esforzo.
      Un bico grande para cada un.

      Eliminar
  17. Ola profe Anabel,paseimo moi ben nestos 4 anos,tamén gustábame moito cando facíamos actividades ca profe Vane e os seus nenos.
    Foron uns anos inolVidables e espero que ti sempre os recordes.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo comentario, Lorena. Creeme se che digo que non os esquecerei.
      Biquiños.

      Eliminar
  18. Hola son ivan picallo veño a cumplir o papel coa miña asinacion . As cuosas van tirando coa profe Maria José,anque un que outro berro hay, meus novos compañeiros canme moi ven pero nunca olvidarei os catro anos contigo furon fantásticos pero tamen había unhas puocas broncas pero eran con razon por que non facia de vez en cuando os deberes... Bueno,a verdade eche que me gustaría moito estar contigo pra o ano que ven eres a millor profesora do mundo:-)
    P.D:quedó abrir a cápsula do tempo faime moita ilusión saber cómo vai o meu obxeto.
    Motos bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Iván:
      Agradézoche enormemente que decidiras pasarte por aquí para comentar. Non solo por min, que tamén, senon polos teus compañeiros/as e pola posibilidade de poder abrir a nosa cápsula.
      Xa sabes que o pasei moi ben os catro anos que estiven con todos vós, aínda que houbera algunhas broncas e desgustillos. Sei que podedes chegar moi lonxe porque todos/as tendes moito potencial e espero velo cos meus ollos.
      Volvo a darche as grazas e mándoche un biquiño:)

      Eliminar
  19. Hola profe son Brais perdón pola tardanza

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Brais: Moitas grazas por escribir. Estás perdoado, jejeje.

      Eliminar
  20. Hola profe son Martín, espero abrir pronto a cápsula do tempo.

    ResponderEliminar
  21. Hola profe son Adán teño moitas ganas de abrir a cápsula do tempo. Chao.

    ResponderEliminar