Recordades as nosas fabas da Paz? Si, ho! Aquelas que sementamos por xaneiro e que pensamos que non ían medrar máis? Pois foron saindo , non sen tempo e certas dificultades, e mandámolas para a casa.
Chegou o noso día!!! O dos galegos e galegas que amamos á nosa terra, a nosa lingua e a nosa cultura. Aqueles que sentimos orgullo do propio, acollemos o estranxeiro como riqueza e buscamos a dignidade do que outros pretenden erradicar.
Co mes de maio e as xestas chegan sempre as nosas Letras. Veñen cargadiñas de palabras, sentimentos e gañas de celebración. E para levala a cabo non veñen de máis uns recursiños que nos axuden coa tarefa.
Todxs temos unha mamá! De seguro que as vosas son as mellores, como a miña o é para min. Quero berralo, por se non o sabe, e pedirvos que o fagades vós tamén. Non esperedes nunca a que sexa demasiado tarde!
Falamos do Día Mundial da Terra e poderiamos relacionalo directamente coa visita que fixemos xusto antes das vacacións ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón"en Doade (Lalín). Alí puidemos gozar das marabillosas "cousas de antes" e aprendemos como vivían os nosos antepasados. Eles si que sabían como reutilizar!
Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, data decretada pola UNESCO para axudar ao fomento da lectura e dar a coñecer os dereitos dos autores.
Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Mundial da Terra. Estamos cansos de escoitar falar de quecemento global,do cambio climático, do efecto invernadoiro....pero, que facemos para invertir as tornas?
O 20 de marzo,
anticipándonos á celebración do Día Mundial da Síndrome de Down, celebramos
no cole unha xornada de convivencia cos mestres e alumnado do CEIP de
Soutelo de Montes.
Bueno, as nosas manualidades van sen tempo, é dicir, cando lle cadra. Recén estreada a primavera imos falar do que fixemos con follas secas. Non pasa nada, o tempo é relativo!
Como vos dicía na entrada anterior, celebramos o 8 M durante varios días. Aparte do cartel que compuxemos e da visita da alcaldesa, a profe Natalia propuxo facer unhas biografías de mulleres e despois xogar a adiviñar quenes eran entre todos/as. Non sei como nos amañamos pero sempre acabamos metidos en todas as leas!!!
Pois hoxe é o día de San Xosé e festexan o seu santo todos aqueles e aquelas que o levan no seu nome. Tamén é o día do Pai, bueno, na miña época era ese día. Agora hai moita polémica porque é o que se leva.
No primeiro venres de marzo, na actividade "A Maxia dos venres", tivemos a sorte de asistir á representación de "Lúa quere viaxar a... Marte!" (baseado no conto de Zeltia Figueiras).
Festexar o Día de Rosalía é un feito que debemos realizar anualmente pero non aproveitala a diario debería considerarse un delito. Para que poidamos gozala todos os días, uns recursos que nos poden axudar.
Durante a semana pasada, estivemos indo todos os cursos pola biblioteca para xogar coa profe Vane ao Pasapalabra. Adiviñades a temática??? O Entroido!!! Foi moi divertido e aprendemos un montón dos diferentes personaxes que campan as súas anchas por Galicia adiante nestas datas.
Hoxe é o Día da nosa Rosalía! Despois dun Entroido axetreado e cheo de troula , retornamos ao cole para celebrala. Case estou segura que está todo dito desta magnífica autora pero aínda así, mostrar a nosa admiración por ela e a súa obra nunca está de máis.
Hoxe é un día importante. Imos celebrar a Lingua Materna!!! Porque debemos aproveitar as ocasións que temos para festexar todo o que sexa cultura, raíces,idioma....En dúas palabras, o propio.
A semana pasada tivémola moi movidiña; con isto do Entroido, case todo foi festa.E tomar medidas, e probar disfraces, e facer maracas.... Bueno, non nos adiantemos aos acontecementos.
Como xa dixemos na entrada anterior, celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha estupenda sesión de Ciencia, enmarcada na "Maxia dos venres" da biblioteca. Esta actividade levárona a cabo alumnos/as do IES "Chano Piñeiro" coa súa mestra María García Chao á fronte.
Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nós onte festexámolo no cole pero iso será para outra entrada. Nesta, imos con información!
O pasado 30 de xameiro, celebramos o día Escolar da Paz e a non Violencia no cole. Xa durante a semana anterior falamos do tema e fixemos unha plantación de fabas máxicas. Si, si, como o oídes! Máxicas de todo. Tanto é así, que aínda estamos esperando que saian!😅
Neste tema de Ciencias Sociais tocáronnos as Comunidade Autónomas, coas súas provincias, capitais...
Como vos dixen en clase, vouvos compartir algún xogo para practicar de Seterra. Uns compis profes suxeríronme outra páxina, DIDACTALIA (en galego). A ver se vos gusta!
Como vos prometín habería máis vídeos de Curro e Pancha. Gústanme moito estas montaxes porque explican de maneira sinxela temas de ciencias que vemos na aula e están feitos en Lingua Galega (para o meu gusto hai pouquiño material na nosa lingua). Polo tanto imos a aproveitalo. Repasade e divertídevos con estes dous colegas.
Falando de España na Unión Europea saiu o tema da moeda e decidín utilizar o tema para os puntos de clase. Porque siiii; seguimos tendo puntos de clase e nestes primeiros 10, xogamos para poder ler os libros que trouxeron os compañeiros/as para a biblioteca de aula.
Como pasa o tempo! Xa estamos na división de dúas cifras. Como nos está custando un pouquiño e todas as axudas son boas vouvos compartir uns vídeos explicativos.
Tamén nos últimos días das vacacións nos dedicamos a facer postais para enviarlles aos avoíños/as das residencias. Por un lado, á de Forcarei e polo outro, á de Campolongo, que fixo un chamamento nas redes e convertiuse en viral.
Hoxe, día dos Reis Magos, imos rememorar a nosa saída ao cine. Foi como un agasallo anticipado, un paseo A Estrada para ver nos Minicines Central dúas estupendas películas.