sábado, 28 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS (2023).

Imaxe atopada en  PREVENSYSTEM
O Día das Bibliotecas celebrouse o pasado 24 de outubro pero nós, no cole, esperamos ata o venres para festexalo rodeados da súa maxia.
Montaxe realizada con Cava pola profe Vane.
Para inaugurar como se merece " A maxia dos venres" visitounos a cercana e simpática, Ana Meilán. A escritora de Taboada, afincada en Lugo dende fai anos, veu a presentarnos "os seus filliños de papel" como ela mesma chama aos seus libros.
Comezou cos peques de Infantil e 1º (aí fomos nós).Así coñecemos ao bebé que pode viaxar en mil vehículos ou que pode ser mil animais e ao lobo Rigoberto, co cal coñecimos o valor da amizade e rimos un montón. Tivemos a sorte de que nos firmase os seus libros!!!

Montaxe realizad con Canva.
En segundo , terceiro e cuarto gozaron con "Un universo na túa maleta" e a rapazada de quinto e sexto, escoitou "O que a serea esqueceu". Tamén puideron escribir os seus recordos en papel e gardalos nunha cápsula do tempo, que Ana nos convidou a abrir o último venres do ano 2030.
Entre tanto axetreo, aínda houbo tempo para que Sara, Pablo e Gabriel lle fixesen unha entervista a autora. Resultou ser ben interesante!
Premede na imaxe para acceder a ela.
Moitas grazas, Ana Meilán, pola túa visita!!!
Seguiremos lendo os teu contos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario