martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS (2023).

Imaxe atopada no Facebook de Andana Editorial
Xa sabedes que temos entradas mensuais coas datas destacadas de cada mes pero hai algunhas que son especiais, e merecen ter unha entrada propia.
Isto pasa co Día das Bibliotecas , que celebramos hoxe, 24 de outubro. Nunha data tan significativa, como non pode ser doutro xeito, abriu as portas a nosa biblioteca escolar para préstamo de familias e adultos. Aquí tedes toda a información.
Este ano, baixo o lema "Tecendo comunidades", preténdese resaltar a importancia destas institucións como nexos creadores de comunidades cidadás. Baixo o esqueleto do edificio, latexa un corazón que nos chama a unirnos e comunicarnos.Aquí radica o seu encanto.
O deseño do cartel conmemorativo é de Nuria  Riaza, unha estupenda artista plástica que, entre outras habiliades, debuxa con bolígrafo e gran realismo.(Se cliclades no nome iredes á súa páxina).
Cartel de 2023 de Nuria Riaza
Déixovos información sobre o día recollida na páxina de Loqueleo Santillana.
A tamén a opción a revisar entradas de anos anteriores. Aquí.
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario