sábado, 30 de novembro de 2013

DOCE PREMIO

O proxecto colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes ven de ser galardoado co Premio Nacional de Educación aos equipos docentes, na modalidade de proxectos de colaboración nacional no ámbito das TIC.
Desde o noso recuncho queremos  felicitar á nosa coordinadora, Lourdes Giraldo Vargas, polo seu esforzo e entusiasmo ao frente desta  maravillosa idea; a todos os participantes e , en especial, aos profes e nenos/as do noso cole  que tanto agarimo lle puxeron aos seus traballos.
PARABÉNS A TODOS!!!
Para ver os traballos, premede na imaxe. (Somos o nº 39)
Para saber máis , clica  na imaxe
Preme aquí para ver a listaxe de participantes no proxecto.

martes, 26 de novembro de 2013

SE ME QUERES , NON ME MALTRATES!

O 25 de Novembro é o Día Internacional para a eliminación  da violencia contra a muller. Parece mentira que despois de haber evolucionado tanto aínda exista no mundo un problema tan grave como a violencia contra a muller. Pero non solo contra o noso xénero, senon contra todo aquel que é máis débil ou diferente.Para erradicar este elemento distorsionador dunha sociedade avanzada debemos comezar por unha educación en igualdade  e libre de estereotipos. Porque somos iguais e temos os mesmos dereitos e deberes; loitemos xuntos para eliminar das nosas vidas a violencia, sexa da índole que sexa.
Da biblioteca do CEIP de Pazos traiovos estes dous interesantes vídeos. Reflexionade sobre eles.

sábado, 23 de novembro de 2013

NOVOS PUNTOS

Bueno, en vista da gran acollida que tiveron os puntos anteriores, terei que aproveitar a racha e ofrecervos uns novos. Xogaremos outra vez por cinco puntos e , como xa vos anunciei, falaremos sobre o Día Universal do Neno.

1.O 20 de novembro celebrouse o Día Universal do Neno e a Nena
   -Que organización o instaurou?
   -Que conmemora?
   -Celébrase en todos os países o mesmo día? Se a resposta é negativa averigua 3 datas de tres países  diferentes.

2. Cales son os 4 principios fundamentais en que se basan os dereitos da infancia?

3.Escribe 5 dereitos que teñan os nenos/as.

4.Nomea 5 deberes dos nenos/as.

Recordade que tendes unha entrada con enlaces informativos, vídeos  e xogos e que toda a información que vos pido a podedes atopar aí. Tamén están os buscadores que vos poden axudar.
A entrega será o día 29 de novembro, venres.
A por eles!!!

mércores, 20 de novembro de 2013

DÍA UNIVERSAL DO NENO (II)

Sabedes xa que día se celebra hoxe? Espero que si porque o falamos na clase.
Deixareivos enlaces intersantes relacionados co tema:

-Un pouco de información:
Wikipedia
Unicef
- Un vídeo moi intersesante:
 Recordade que son moi importantes os Dereitos dos nenos pero tamén que os nenos tedes un DEBERES que hai que cumprir para poder convivir e ser felices todos.
Ángela Rodríguez Marrero y Mª del Carmen Santana Curquejo
- E agora  uns xogos:


A profe  Ana Martínez Rey, do blogue  Aula Tic, fixo unha estupenda recopilación de materiais para traballar o Día do Neno. Dalí collín os xogos que nós podemos utilizar. Non vos vou a contar nada sobre o día en cuestión porque penso utilizalo para a próxima entrega dos puntos.
Polo de agora, gozade!!!

DÍA UNIVERSAL DO NENO.


domingo, 17 de novembro de 2013

PERELLA´S HOUSE

Ola, chicos:
Que preciosidades de casas me enviastes!!!Como non podía escollelas todas pero tampouco me decidía por unha , pensei en darlle o premio a tres debuxos: un por orixial e futurista, outro por artístico e outro porque é o que máis se parece á miña casa. Adiviñades cal é cal?
Os debuxos son de Paula Campos, Mario e Diana.
Parabéns para todos os participantes porque o fixéstedes francamente ben!!!

sábado, 16 de novembro de 2013

MAÑÁ DE MAGOSTO

Onte, venres, celebramos o Magosto no cole.Antes de comer as castañas había que asalas, e diso encargouse o profe Javi. Nós mentres tanto dedicámonos a xogar a pasar a castaña e a facer carreiras con elas. Ata corremos os profes!!!Despois de tanto exercicio, abreusenos o apetito e.... a comer castañas!!!
Foi unha mañá xenial, un pouco fresquiña, pero xenial.


xoves, 14 de novembro de 2013

CONCURSO: CASA DA FADA PERELLA

Como xa sabedes a fada Perella sempre está a propoñernos  retos . Nesta ocasión organizou un concurso para elexir a casa que máis se parecese a súa. Estes son os debuxos participantes.
Fada Perella, vaiche estar difícil!!!

luns, 11 de novembro de 2013

POR FIN ,CHEGARON OS PUNTOS!!!

Moito piastes por eles e ,ao fin, chegaron.A temática deste bloque serán o Samaín e o Magosto. Imos coas preguntas:
1.Que día se celebra o Samaín?
2.Cal é o seu significado?
3.Dí, alomenos, tres nomes diferentes que se lle dan á festa das cabazas e dí en que lugar de Galicia onde se celebra.
4.Que significa Magosto?
5.Qe significan as seguintes palabras relacionadas coas castañas?
-Bullote.
-Caldudas.
-Tixolo.
-Petelar.
6.Escribe tres tipos de castañas.

Ata aquí as preguntiñas, agora sodes vós os que tendes que investigar.
Pista:Recordade que tesdes na columna lateral dúas entradas de recursos sobre estes temas, o diccionario e os buscadores infantís; pero hai que saber buscar.
Xogaremos por 5 puntos e a data de recollida será o día 15 de novembro, venres.
Ánimo, rapaces!!!

sábado, 9 de novembro de 2013

O MAGOSTO

Como estamos no tempo das castañas deixovos no lateral un enlace para que aprendades e gocedes deste tema .Atención, pode que valga para conseguir....PUNTOS!!!

xoves, 7 de novembro de 2013

RECEITAS TERRORÍFICAS

Co gallo da celebración do Samaín decidimos  elaborar unhas receitas terroríficas que esperamos sexan do voso agrado.
Alguén se atreve a probar???

domingo, 3 de novembro de 2013

RECOMPENSA AO TRABALLO BEN FEITO.

Aínda que todas as cabazas presentadas eran estupendas e estaban moi ben traballadas,  tiña que haber unha gañadores.No noso ciclo tivemos dous premiados na aula.
Parabéns aos gañadores, a todos os participantes  e as súas familias por colaborar!!!
Nós pasámolo de meeedooo!!!

sábado, 2 de novembro de 2013

venres, 1 de novembro de 2013

CORRE, CORRE,CABACIÑA!!!

Queredes ver que fantásticas cabazas trouxeron os nenos/as de 4º ao cole? Pois non perdades detalle do excelente traballo que fixeron coas suás familias. Isto si que é arte, o demais son tonterías!!!

CABAZAS 2013 - diapositivas