sábado, 28 de xaneiro de 2023

DÍA DO BIBLIOBÚS.

Imaxe obtida en ccbiblio.es
 Hoxe,28 de xaneiro, é o Día do Bibliobús. Como na recompilación de datas de xaneiro non aparecía, pensei que sería interesante falarvos deste día.

venres, 27 de xaneiro de 2023

OS APARATOS DO CORPO HUMANO

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Como vos prometín habería máis vídeos de Curro e Pancha. Gústanme moito estas montaxes porque explican de maneira sinxela temas de ciencias que vemos na aula e están feitos en Lingua Galega (para o meu gusto hai pouquiño  material na nosa lingua). Polo tanto imos a aproveitalo. Repasade e divertídevos con estes dous colegas.

domingo, 22 de xaneiro de 2023

PESETAS.

Imaxe de annca Pixabay.com
Falando de España na Unión Europea saiu o tema da moeda e decidín utilizar o tema para os puntos  de clase. Porque siiii; seguimos tendo puntos de clase e nestes primeiros 10, xogamos para poder ler os libros que trouxeron os compañeiros/as para a biblioteca de aula.

xoves, 19 de xaneiro de 2023

MANUALIDADES.

Imaxe de Stefan Schweihofer en Pixabay.com
Toca falar de manualidades, parécevos? Este curso non é que fixeramos grandes cousas pero imos ensinarvos algunha. Hoxe: follas de outono.

sábado, 14 de xaneiro de 2023

DIVIDINDO.

Imaxe de Clker-Free-Vector-Images en Pixabay.com
Como pasa o tempo! Xa estamos na división de dúas cifras. Como nos está custando un pouquiño e todas as axudas son boas vouvos compartir uns vídeos explicativos.

domingo, 8 de xaneiro de 2023

ÚLTIMOS DÍAS!!! (III).

Imaxe de PublicDomainPictuires en Pixabay.com
Nos últimos días do cole organizamos un obradoiro de adornos de Nadal.

sábado, 7 de xaneiro de 2023

ULTIMOS DÍAS!! (II)

Imaxe de Mediamodifier en Pixabay.com
Tamén nos últimos días das vacacións nos dedicamos a facer postais para enviarlles aos avoíños/as das residencias. Por un lado, á de Forcarei e polo outro, á de Campolongo, que fixo un chamamento nas redes e convertiuse en viral.

venres, 6 de xaneiro de 2023

SAÍDA AO CINE.

Imaxe de Mohamed Hassan en Pixabay.com
Hoxe, día dos Reis Magos, imos rememorar a nosa saída ao cine. Foi como un agasallo anticipado, un paseo A Estrada para ver nos Minicines Central dúas estupendas películas.

xoves, 5 de xaneiro de 2023

ULTIMOS DÍAS!!

Imaxe de Jill Wellington en Pixabay.com
Tócanos rememorar agora os últimos días antes das vacacións.

mércores, 4 de xaneiro de 2023

CALENDARIO DE ADVENTO.

Imaxe de Stefan Schweihofer en Pixabay.com
Hoxe falaremos do noso calendario de advento. Perella, coma todos os anos, propúxonos facer algo distinto.

luns, 2 de xaneiro de 2023

domingo, 1 de xaneiro de 2023

FELIZ 2023!!

 
Obtido no canal de Youtube de Anabel García
E como agasallo para estrear o ano, este vídeo resumo do trimestre que rematamos. Grazas, profe Vane!! Quedouche ben chuliño!!!