Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2026

EFEMÉRIDES DE XUÑO.

Montaxe realizada con Canva.com
Comezamos hoxe o último mes do calendario escolar. Parece curto pero é tan intenso...

venres, 1 de maio de 2026

EFEMÉRIDES DE MAIO.

Montaxe creada con Canva,com
Como dicía Curros Enríquez "Aí ven o maio de frores cuberto". 
Así se presentou, case sen decatarmos, e entrou coas súas xestas protexéndonos das meigas.
Neste mes, onde se celebran os maios por toda Galicia, imos falar dun arbusto que é protagonista  nesta festa e nos nosos montes: a xesta.
Antes disto, podedes premer na imaxe do calendario para informarvos das efemérides máis importantes deste florido mes.

mércores, 1 de abril de 2026

EFEMÉRIDES DE ABRIL.

Montaxe creada con Canva.com
Chegou o mes das augas mil cun sol radiante que se agradece. E con el , unha nova planta da cal aprender. Antes diso, podedes premer na imaxe para coñecer as conmemoracións máis importantes deste mes.

sábado, 21 de marzo de 2026

21 DE MARZO:EFEMÉRIDES.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Recén estreada a primavera comezan a agromar celebracións e datas importantes. Como todas estas son do día 21(e son hoxe, sábado sábado), nós xa empezamos onte no cole.

domingo, 1 de marzo de 2026

EFEMÉRIDES DE MARZO.

Montaxe creada con Canva.com
Parece que o sol agroma e quere chamar pola primavera que está pronta a chegar. Mentres tanto nós seguimos cos "Tesouros verdes de Galicia".

domingo, 1 de febreiro de 2026

EFEMÉRIDES DE FEBREIRO.

Montaxe creada con Canva.com
Comezamos hoxe o mes máis curto do ano e, nesta ocasión, un dos máis festeiros: febreiro. Con el  veñen unha chea de efemérides que merece a pena mencionar.

venres, 2 de xaneiro de 2026

EFEMÉRIDES DE XANEIRO.

Montaxe creada con Canva.com
Repousado o comezo do ano, neste día 2 chegan as efemérides de xaneiro. Podedes premer nas imaxe para ir vendo que nos deparará o primeiro mes deste 2026.

luns, 1 de decembro de 2025

EFEMÉRIDES DE DECEMBRO.

Montaxe creada con Canva.com
Non sei se rápido ou lento pero si sen sentir, presentouse  decembro e chamou á porta. Por iso aparecen as efemérides deste mes e podedes consultalas, coma sempre, premendo da imaxe.

sábado, 1 de novembro de 2025

EFEMÉRIDES DE NOVEMBRO (2025).

Montaxe creada en Canva.com
Tras a noite de Samaín, chega  Todos os Santos para inaugurar  novembro e con el, as efemérides deste mes. Premede na imaxe para acceder a elas.

mércores, 29 de outubro de 2025

DÍA DA SAÚDE MENTAL (2025).

Imaxe obtida na páxina de  Colegio Ana Pellegrini
O pasado 10 de outubro celebramos no noso cole o Día da Saúde Mental. Foi unha data moi especial, xa que aprendemos o importante que é coidar da nosa mente, das nosas emocións e das dos demais.

mércores, 1 de outubro de 2025

EFEMÉRIDES DE OUTUBRO (2025).

Montaxe creada en Canva.com
Botabades de menos as efemérides? Pois xa están de volta!
Nesta ocasión ímolas relacionar con plantas autóctonas de Galicia e moi pronto vos contaremos o por que desta decisión. Para acceder a elas premede na folla do calendario.

sábado, 1 de xuño de 2024

EN XUÑO...

Imaxe de Kanenori en Piaxabay.com
Como case nun soño o curso chegou a xuño, o mes  do remate escolar. Así se pasan os días da vida!

mércores, 1 de maio de 2024

EN MAIO...

Imaxe de Mohammad Usman en Piaxabay.com
Chegou o mes de maio cargado de flores e letras. Así nolo describía  Manuel Curros Enríquez:
Ahí ven o maio
de flores cuberto…
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros. 
Se queredes ler o poema completo premede aquí.

martes, 2 de abril de 2024

EN ABRIL...

Imaxe de Annette en Piaxabay.com
Este ano comezamos abril coa Pascua pero non co bo tempo. Non se pode ter todo! Aínda así, de  celebracións sempre imos ben surtidos. Antes, toca a artista do mes.

venres, 1 de marzo de 2024

EN MARZO...

Imaxe de Anja en Piaxabay.com
Xa  estamos en marzo e parece que a primavera se resiste a visitarnos. Nós, por iso, non nos imos botar atrás; celebaremos con ledicia todo o que este mes nos queira agasallar.Pero antes, como ven sendo habitual, descubramos a artista do mes.

xoves, 1 de febreiro de 2024

EN FEBREIRO...

Imaxe de Mohammad Usman en Piaxabay.com
Xa chegou febreiro e con el o Entroido, o casamento do paxariños, Rosalía... e moitas cousas máis. Antes de falar de todo isto, veremos a autora do mes. Non podía ser outra!

luns, 1 de xaneiro de 2024

EN XANEIRO...

Imaxe de Jörg Vieli en Pixabay.com
Comezado xa o 2024 non podemos perder tempo e debemos falar de todas as conmemoracións que están por vir. Antes diso,comentaremos a artista nacida neste mes, xaneiro.

sábado, 2 de decembro de 2023

EN DECEMBRO...

Imaxe de Julita en Pixabay.com
Comezou o mes de decembro e con el o furor do Nadal. Polo tanto todo o mundo "on" en panxoliñas e adobíos varios. Que non se diga que non somos de festa!

xoves, 2 de novembro de 2023

EN NOVEMBRO...

Imaxe de Martina en Pixabay.com
Chegou o mes de novembro un pouco revolucionado. Aire, chuvia e cicloxéneses explosivas. Así , quen vai celebrar? Pois todos/as nós; que non se diga!

xoves, 5 de outubro de 2023

EN OUTUBRO...

Imaxe de Jill Wellington en Pixabay.com
Debemos retomar o noso costume de revisar as datas importantes de cada mes porque o bo, non debe perderse. Este ano, asemade, vincularemos cada mes co nacemento dunha muller importante galega para aprender algo máis sobre aquelas que nos precederon.