martes, 2 de abril de 2024

EN ABRIL...

Imaxe de Annette en Piaxabay.com
Este ano comezamos abril coa Pascua pero non co bo tempo. Non se pode ter todo! Aínda así, de  celebracións sempre imos ben surtidos. Antes, toca a artista do mes.
No mes de abril naceu... Rita Fernández Queimadelos. Para ser máis exactos Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos. Naceu o 12 de abril de 1911 en A cañiza e foi unha das tres primeiras mulleres españolas en obter o título de arquitecta.
Para saber máis consultade a súa biografía en Kiddle Español.
Ilustración de Abi Castillo
Na serie "Aprende coas mulleres galegas" da Consellería de Emprego e Igualdade, aparece unha unidade didáctica sobre dita arquitecta.
Agora xa podedes consultar as efemérides deste mes de abril.
Montaxe realizada con Pizap.com

2 comentarios:

  1. Que buena idea resaltar la figura de un artista cada mes.
    ¡Abril viene cargado de festejos!
    Un abrazo enorme Anabel.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Sandra por pasarte y comentar.
      Es cierto que abril es un mes festivo.
      Muchos besos.

      Eliminar