sábado, 30 de marzo de 2019

REPASAMOS AS TÁBOAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Que vos parece se hoxe repasamos as táboas? Pois imos logo. Primeiro podemos cantalas.
Obtido no canal de Youtube Doremi
E despois de cantar podedes xogar un pouco.
Tedes todas as táboas aquí. Comezade coas que xa sabedes para repasar e, cando as teñades seguras.... a probar coas seguintes!! Espero que vos guste!

miércoles, 27 de marzo de 2019

INVÍTOVOS AO TEATRO!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como cada 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro, desde que se instaurou a conmemoración no ano 1962.Impulsada polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), cada ano escolle a unha figura representativa desta arte para pronunciar a mensaxe  sobre este día. Este ano o seu autor é o director de escea, dramaturgo, educador teatral e profesor cubano Carlos Celdrán.
Para que saibades o que son as obras de teatro, aquí vos deixo un vídeo de Aula 365.
Obtido no canal de Youtube  de Aula 365
Tamén vos comparto unha compilación de lecturas teatrais para todas as idades  de LOQUELEO, Santillana.
Para poder ver as entradas de anos anteriores, premede aquí.
FELIZ DÍA DO TEATRO!!!

lunes, 25 de marzo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (II).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Quedamos en suspenso co que pasaría coas nosas cartas enviadas antes de Nadal. Para a nosa ledicia, nada máis voltar das vacacións agardábanos unha grata sorpresa.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
O meu querido Iago contestara e a súa postal estaba esperando no buzón a ser lida. Contábanos moitas cousiñas desde o Reino Unido, onde está de "aventura laboral"( É que este chico vale moito!).
Non vos vaides a pensar que me puxen de primeira por ser a profe. O que pasa é que tiven a sorte de ser a primeira en recibir misiva. Queremos compartir con todos vós a nosa ledicia e o que recibimos pero, algúns detalles teñen que quedar entre nós e os nosos remitentes; Non se pode contar todo!!
Seguimos visitando diariamente o noso buzón e, uns días despois, pasou isto.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
Foi  unha postal preciosa, chea de moito cariño. Ademáis traía unha bonita sorpresa : unha foto familiar para que Héctor os puidese ver cando os botase de menos!  Colocámola na aula nun lugar ben visible.
Montaxes realizadas con PiZap
Seguiremos informando!

sábado, 23 de marzo de 2019

OUTRA DE CELEBRACIÓNS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa falamos  dunhas cantas festas o outro día, pero aínda hai máis.
-Día Mundial da Narración Oral.
Imaxe atopada na páxina Tercera vía
O 20 de marzo celebramos esta tradición ancestral, que todos practicamos algunha vez e a practicaron con nós tamén. Algo tan marabilloso como que che conten historias non se debería perder. Por iso, na páxina de Loqueleo de Santillana, aparecen os dereitos dos nenos/as  escoitar contos. A ver que vos parecen!
Obtido na páxina do Facebookde Loqueleo Santillana
- Día Internacional dos bosques.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa estudamos todas  as cousas importantes que nos poden proporcionar as plantas, moitas delas precisámolas para vivir. O 21 de marzo pousamos a vista nos bosques para poñer en valor todo o que nos ofrecen. A FAO (Food and Agriculture Organization) ou o que é o mesmo, a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, preséntannos este precioso vídeo.
Obtido no canal de Youtube Food and Agriculture Organization
-Día Mundial da Auga.
Imaxe atopada en Pixabay.com
O 22 de marzo tócalle o turno a auga, que tanto necesitamos e que deberiamos coidar un pouco máis. Na páxina das Nacións Unidas tedes información sobre o obxectivo deste ano.
Para ver as entradas doutros anos, premeda aquí.
FELICES CELEBRACIÓNS!!

jueves, 21 de marzo de 2019

CELEBRACIÓNS VARIAS.

Imaxe atopada en Pixabay. com
Debe ser que xa chegou a primavera e as gañas de festa mutiplícanse. Por iso, o 21 de marzo, aglomera unha cantidade importante de conmemoracións. Imos por partes:
Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
Cartel atopado na páxina do Concello de Motril
Un  problema este que segue vixente en pleno século XXI. A discriminación racial e étnica é un fenómeno cotiá que abrangue dende  a negación dos principios básicos de igualdade das persoas  ata o convencemento de que unha raza debe ser perseguida. Se clicades no cartel, iredes á páxina ds Nacións Unidas con información sobre o tema.
Día Mundial do Sídrome de Down.
Lema do ano 2019
Este ano, baixo o lema #A sorte de terte, Dawn España pretende sensibilizar á sociedade e potenciar a inclusión  deste colectivo.  Creo que o vídeo é moi claro e reflicte á perfección o que pretende a campaña.

Obtido no canal de Youtube Down España
-Día Mundial da Poesía.
Imaxe atopada en Pixabay. com
A poesía que nos conmove ou irrita, nos adormece ou nos axita é un xénero pouco visible.Por iso temos un día para ela, para promovela  e gozala o resto da vida. Déixovos uns recursos para a aula (Valen para todo o ano!) da páxina Educación 3.0.
E para rematar un agasallo.
Noutra entrada, máis.
FELICES CELEBRACIÓNS!!!

martes, 19 de marzo de 2019

PAPÁ.

Imaxe de  freepik.com
Nun día tan especial, anímovos a pasar tempo cos vosos papás, a dicirlles que os queredes e a achuchalos ata cansarvos. Un debuxo, unha manualidade ou unha aperta sentida son agasallos moi importantes para eles. Xa sabedes, facer feliz a un pai non é nada complicado!
Atopei estas recomendacións lectoras de libros sobre papás e para papás. A ver que vos parecen!
Para festexar este día , compártovos o conto titulado "Te quiero, papá" de Melanie Joyce. Eu tamén quero ao meu papá pero teño que conformarme con mandarlle moito amor e sentir o seu. Quérote, papá!
Obtido na páxina de Youtube A jugar
Podedes ver outras entradas deste día , aquí.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 17 de marzo de 2019

CITA A CEGAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Tranquilo/as, o título non está equivocado!! Correspóndese cunha das primeiras actividades que fixemos na biblio desde que abriu : "Cita a cegas cun libro". Os profes escollemos libros que nos pareceu que lle podían gustar aos nosos nenos/as, coa axuda do alumnado de 6º de primaria empaquetámolos e escribímoslle  unha pista sobre o seu contido. Unha vez na biblioteca, cada un escolleu o seu libro guiándose polo atractivo da frase e levouno para a súa casa. Polo que contaron uns días despois, houbo pleno de frechazos. Que ben!!!
(As fotos son de profesinal, como podedes observar facía sol e tiñamos a persiana  a medio baixar. Évos o que hai!)
Tamén recibimos uns pasaportes para ir anotando os libros que imos lendo e que nos selarán cada vez que devolvamos unha  lectura.
Montaxes realizadas con Pizap

jueves, 14 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019.

Non poderiamos falar dunha celebración como é debido sen facer unha crónica sobre ela. Non si? Cada un interpretou o que había que facer dunha maneira distinta, polo que uns, contaron a festa do cole e outros, o Entroido na casa. Na variedade está o gusto! Déixovos os escritos e unha montaxe para que vexades o guapos que ían todos/as.

Montaxe realizada con PiZap

lunes, 11 de marzo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Alá polo  mes de novembro, falamos de escribir cartas. Desas  das de antes, das que van polo correo de toda a vida e chas achega o carteiro/a. 
Primeiro, cada un  decidiu a quen lle quería escribir. Iso levounos un pouco de tempo, porque algún quería escribirlle  ao seu curmán , que vía nas fins de semana. É normal!!!Saíu de todo: familia, antigos profes, amigos/as...
Despois houbo que buscar as direccións e escribir as cartas. Utilizamos unha plantilla común e cada un escribiu a súa. Despois de mandalas , so quedaba esperar.
Á volta das vacacións levouse mellor ao atopar un buzón tolo destinado á recepción das nosas misivas.
Montaxes realizadas con Pizap
Noutra entrada contareivos como foi o noso experimento. Atentos/as!!!

viernes, 8 de marzo de 2019

MULLER.

Imaxe  de Pedrita Parker
O 8 de marzo conmemora o Día Internacional da Muller. Aínda existe esta data no calendario porque na nosa sociedade segue habendo diferenzas de dereitos entre as mulleres e os homes.
O debate está na rúa máis candente que nunca, pero a min interésanme as realidades e os feitos no canto das palabras baleiras. Temos por diante un traballo que facer que nos achegue á verdadeira igualdade ; non nos deixemos perder en discursos inútiles.
Sabela, Aida e Olaia, ou o que é o mesmo Tanxugueiras téñeno moi claro. Que ninguén nos negue a onde somos capaces de chegar!
Obtido no canal de Youtube Seispes Producións Creativas
Se podemos cambiar o mundo, por que non facelo?
Imaxe obtida en Realkiddys
FELIZ DÍA, PERSOAS DO MUNDO!!!

miércoles, 6 de marzo de 2019

RECURSOS DÍA DA MULLER.

Imaxe atopada na rede
Para ir quentando motores con respecto a esta conmemoración, compártovos algúns recursos:
- Información sobre a orixe e historia deste día. Premede na icona da imaxe das Nación Unidas.
-Tamén comparto, da páxina Educación 3.0, unha compilación de recursos para traballar esta data.
-Na páxina do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), ofrécennos recursos no noso idioma.
-Mergullándome pola páxina dos Mestres de Galicia, Esther Estévez Fernández, menciona unha canción de La Guagua moi chula. Buscade aquí "Todo pode ser".
-Por outra banda, Tío Pepe recomenda "Son muller", que aparece no portal Galego de Educación, BOTÓNS.
- Na páxina da Junta de Andalucía aparecen  "As aventuras de Minicornio", un conto coeducativo que pretende educar na igualdade , sen estereotipos de xénero, sen discriminación e sen violencia.
Obtido no canal de Youtube do Instituto Andaluz de la Mujer
Recursos de anos anteriores, aquí.

martes, 5 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019.

Imaxe do noso Facebook: O Formigueiro de Forcarei
O venres, día 1, chegou o momento de festexar o Entroido que levabamos esperando toda a semana. Comezamos as actividades coa representación  de  "Abordaxe pirata" da compañía Barafunda. Non foi unha actuación calquera, acabamos todos/as participando activamente.
A continuación, unha exhibición de zumba a cargo de Priscila Dance e os seus alumnos/as do cole. Rematamos bailando todos/as; coma sempre!
E para rematar, como non podía ser doutro xeito, unha fantástica degustación de larpeiradas do Entroido.O cole agasallounos con orellas, rosca e filloas acompañadas dun exquisito chocolate. Por iso este ano non fixemos filloas coa profe Vane, para que non fose excesivo.
Montaxes realizadas con Pizap
Para o próximo curso, máis e mellor!!

sábado, 2 de marzo de 2019

SEMANA DE ENTROIDO.

O meco D. Manolo.
Esta semana foi moi intensa porque D. Manolo (o noso meco particular)  estivo dando ordes diarias, que debiamos cumprir se queriamos evitar o pote. Como podedes observar nas fotografias, este ano púxose moi "mareiro" a disfrazouse de pirata con tridente de Neptuno (no Entroido todo vale para o disfrace). Tendo en conta que estamos a tope co mar, ollade o que nos mandou traer:
Día primeiro: algo na cabeza ou na cara ( O primeiro era fácil).
Día 2: camisa floreada ou de raias mariñeiras (A buscar nos baúis, rapaces/as!)
Día 3: chanclas con calcetíns (Debía ser para que non nos arrefriaran os pés).
Día 4: flotador ou manguitos ( A ver se imos afogar con tanta auga!).
Montaxes realizadas con BeFunky
Noutra entrada falamos da festa.