Amosando publicacións coa etiqueta crónica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta crónica. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xaneiro de 2025

O QUE PASOU NAS VACACIÓNS.

Imaxe de Couleur en Pixabay.com
As vacacións xa nos quedan como un vago recordo e parece que foron fai moooooito tempo.

luns, 23 de setembro de 2024

DÍAS DE VERÁN.

Imaxe de John en Pixabay.com
Recén comezado o outono, que vos parece se rememoramos o xa estrañado verán? Farémolo da mans das letras do alumnado de 2º de primaria, que fixo unhas redaccións que contan o ben que o pasaron na estacion estival.

sábado, 1 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES/AS.

Montaxe de Blanca B 
Con esta preciosa montaxe, que a nosa amiga Blanca publicaba no seu blogue Actividades para Educación Infantil no ano 2019, quería homenaxear ás traballadoras de MUXOTE POTOLO BAT.

sábado, 24 de abril de 2021

O DÍA DESPOIS.

Andrés Faro
Hoxe é o día despois e Faro expresa moi ben na súa viñeta o que toca... Seguir lendo!!!!

domingo, 28 de abril de 2019

CÓNTOCHO?

Imaxe obtida en Pixabay.com
Aquí vos deixo unhas crónicas sobre as vacacións de Semana Santa. Creo que na maioría dos casos foron moi produtivas. Botádelle un ollo!

xoves, 14 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019.

Non poderiamos falar dunha celebración como é debido sen facer unha crónica sobre ela. Non si? Cada un interpretou o que había que facer dunha maneira distinta, polo que uns, contaron a festa do cole e outros, o Entroido na casa. Na variedade está o gusto! Déixovos os escritos e unha montaxe para que vexades o guapos que ían todos/as.

Montaxe realizada con PiZap

sábado, 23 de febreiro de 2019

ECOS PASADOS.

Montaxe do Día da Paz dos alumnos/as de Infantil
Cando publiquei a entrada do Día da Paz comenteivos que tiña unha pequena sorpresa; lembrádelo?
Pois ben, procuro cumprir sempre o que prometo (aínda que sexa tarde). Aí vos vai!
Unhas crónicas dese día e da reapertura da biblioteca!!! Bueeeeno, vaaaale, esa non é a sorpresa. Poñovola a continuación.
Unha das cousas que fixemos para celebrar o Día da Paz foi aprender unha poesía para recitala. Titúlase "Mensajero de la Paz" e foi escrita por Melba N. Fernández. Escollina porque fala da Paz e do mar. Un grupo de voluntarios de clase quixo recitala para todos vós. Que vos guste moito!!!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García




martes, 5 de febreiro de 2019

CONTAMOS.

Xa vos comentei que tanto da charla sobre o concurso de Pilabot como da saída ao Museo do Mar de Galicia fixeramos unhas redaccións contandoo todo, todo. Aquí está o resultado final. Non vos perdades detalle!!

venres, 18 de xaneiro de 2019

CRÓNICAS VACACIONAIS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa están aquí as crónicas das vacacións! Podedes comprobar que todos/as o pasaron xenial e tiñan moitas cousas que contar. Botádelle un ollo!

Crónicas vacacionais

More presentations from Anabel
Se non podes velo, clica no título.

luns, 8 de outubro de 2018

QUE PASOU NAS VACACIÓNS?

Imaxe obtida en Pixabay.com
Como non podía ser doutro xeito, empezamos o curso contando as nosas vacacións: a onde fomos, que fixemos, que lemos..... Estas son as crónicas que resumen un marabilloso verán.

¿Qué pasó en las vacaciones?


Se non podes velo, clica no título.

sábado, 2 de xuño de 2018

MÁIS CRÓNICAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Aquí vos queda unha nova ración de crónicas. Esta vez sobre as vacacións de Semana Santa (que quedaran esquecidas) e sobre a saída que fixemos ao auditorio de Cerdedo.