Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de febreiro de 2024

CELEBRANDO A PAZ (2024).

Imaxe de Clker-Free-Vector-Images en Pixabay.com
O martes pasado celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz por todo o alto. Tivemos varias sesións de Curtas pola Paz en "A maxia dos venres" da biblio e tamén alí fixemos unhas chapas moi molonas, para nós e as nosas familias.

sábado, 26 de xuño de 2021

MANUALIDADES (VII)

Imaxe de Gloria Kaye en Pixabay.com
Xa había un tempo que non falabamos de manualidades. Queredes coñecer outra das que fixemos no curso? Atentos/as!!!

venres, 5 de marzo de 2021

xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2020.

Imagen de Alexas_Fotos en Pixabay
Nun día tan especial, no que celebramos o que queremos para diario compártovos 10 frases sobre a Paz que aparecen dentro de Guíainfantil.com. Trae varios enlaces que vos levarán a interesantes artigos.

sábado, 23 de febreiro de 2019

ECOS PASADOS.

Montaxe do Día da Paz dos alumnos/as de Infantil
Cando publiquei a entrada do Día da Paz comenteivos que tiña unha pequena sorpresa; lembrádelo?
Pois ben, procuro cumprir sempre o que prometo (aínda que sexa tarde). Aí vos vai!
Unhas crónicas dese día e da reapertura da biblioteca!!! Bueeeeno, vaaaale, esa non é a sorpresa. Poñovola a continuación.
Unha das cousas que fixemos para celebrar o Día da Paz foi aprender unha poesía para recitala. Titúlase "Mensajero de la Paz" e foi escrita por Melba N. Fernández. Escollina porque fala da Paz e do mar. Un grupo de voluntarios de clase quixo recitala para todos vós. Que vos guste moito!!!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García




venres, 8 de febreiro de 2019

CELEBRACIÓN DA PAZ.

O  30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia no noso centro. Xa na véspera  tiveramos unhas lecturas moi amenas realizadas polo alumnado de 3º e 5º.
Tamén en días anteriores, fixeramos decoracións de aulas e espazos comúns. Todo relacionado coa paz e o mar, o noso proxecto. Ollade que ben traballaron os nosos compis!Barcos, submarinos, mandalas...que máis se pode pedir?
Comezamos o acto escoitando un manifesto dos alumnos/as de 5º e 6º. A continuación, os peques de Infantil ensináronnos unha frase da nai Teresa de Calcuta.
Por último, cantamos todos/as a canción de Macaco"Mensajes del agua".Sei que nos gravaron na actuación pero o que non sei é se o vídeo está editado. Por iso , déixovos a canción orixinal.
Obtido no canal de Youtube Macaco Catálogo
Noutra entrada ensínovos algo que fixemos na clase.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

PAZ.

Imaxe atopada na rede.
Como cada 30 de xaneiro, celebramos nas escolas o Día da Paz e a Non Violencia.
Para non repetir todos os anos o mesmo, remítovos a unha información da Junta de Andalucía sobre a celebración deste día. Premede aquí.
Ata que vos conte o que fixemos este ano para conmemorar a data, déixovos dúas versións da "Cantarela dos nenos". Porque  creo que a música contribúe á Paz. Cal vos gusta máis?

Obtido no canal de Youtube de A Fernández

Obtido no canal de Youtube de Ángeles Crespo
FELIZ  E PACÍFICO DÍA!!

mércores, 14 de marzo de 2018

NOS TEMPOS QUE CORREN.

Nestes días de temporal, meteorolóxico e social, que mellor que agarrarnos á musica  e as súas mensaxes para "capear" o que toca vivir.
Déixovos  a interpretación que , para o Día da Paz e non Violencia, fixemos no cole da peza "Quérote máis..." de O Sonoro Maxín.
Que vos provoque sentimentos bonitos!!!
Premede na imaxe para acceder.

venres, 2 de marzo de 2018

CELEBRANDO A PAZ (III).

Mural realizado pola profe Puri de Relixión e os nenos/as de 6º.
Xa vos contaramos que para celebrar a Paz fixeramos varias cousiñas. Pois hoxe ímosvos mostrar a nosa aportación plástica.
A base  da  manualidade vina en KROKOTAK (utilizada para outra celebración) ,pero gustoume  e decidín facela  para a Paz.Primeiro dobramos un folio de cor e os nenos/as debuxaron a contorna da súa man(traballaron por parellas).
Despois recortarmos e pegamos nunha cartolina negra.
Por último, escribimos unha mensaxe  e decoramos ao gusto de cada un.
Tamén fixemos unha pomba crebacabezas que atopei na rede. Coloreámola con ceras brandas, recortámola, montamos sobre cartolina e despois,  recheamos de afiado as letras que nos fixo a profe Lucía. Así nos quedaron.
Montaxes realizadas con PiZap.

venres, 9 de febreiro de 2018

CELEBRANDO A PAZ(II).

Árbore realizada polos/as nenos/as coa teacher.
Fai dúas semanas fixemos moitas actividades relacionadas coa Paz. Lemos un conto "Para que serve unha tixola?" ( que eu rebauticei, traducín e adaptei da historia de Pedro Pablo Sancristán "El sartenazo") e fixemos un debuxo. Mirade que bonitos!!!
Tamén fixemos unha fichiña combinando actividades vistas na rede sobre o tema. Déixovola en Box  por se lle interesa a alguén.
Montaxe realizada con Pizap.
Noutra entrada, máis.

domingo, 4 de febreiro de 2018

CELEBRANDO A PAZ.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
O  30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e no cole, non iamos ser menos. Nós tivemos que facelo ao día seguinte porque o salón de actos estaba ocupado e non tiñamos onde xuntarnos todos/as e poder conmemorala  como debe ser.
Pola mañá, cando chegamos, o cole estaba cheo de globos coas mensaxes que previamente escribiramos todos/as.
Montaxe realizada con PiZap.
Xuntámonos no salón e, Rocío de 6º explicounos o por que desta celebración, antes de ver a curta"A ovella pelada" de Pixar. Unha bonita historia sobre a autoestima e a beleza interior.
Obtido no canal de Youtube de David e Silvia.
Rematamos o acto coa interpretación da canción"Quérote máis que a tortilla de patacas con xamón"(daí os nosos lemas deste ano). Esta preciosidade gustounos moito e ata fixemos un vídeo. Espero poder compartilo en breve.
Obtido no canal de Youtube de Músicas do país.

domingo, 5 de febreiro de 2017

ABECEDARIO DA PAZ.

O luns 30 celebramos no cole o Día da Paz e a non Violencia. Xuntámonos todos/as no salón de actos e fixemos un abecedario da Paz que levaba por detrás unha pomba con mensaxe. Despois gozamos e emocionámonos coa curta "Cuerdas", a preciosa historia de María e o seu amigo especial. Por último,cantamos a canción "A Muralla", que nos ensinou o profe Toño en galego. Aquí queda constancia do que pasou.
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un abecedario de lecturas sobre o tema  de Loqueleo de Santillana.

luns, 30 de xaneiro de 2017

PAZ 2017

Imaxe atopada na rede.
Deixovos unha recomendación de 10 libros infantís sobre o respecto , a empatía e a tolerancia; accións clave para conseguir a Paz. Atopeina  na páxina de Sapos y Princesas.
FELIZ DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA!!!

mércores, 11 de febreiro de 2015

CRONICANDO.

Aquí están as crónicas  do Día da Paz, no que tamén fixemos a actividade dos Almorzos saudables.Foi un día intenso pero moi aproveitado.

Tamén vos deixo o enlace ao blogue da nosa biblioteca ( http://bibloenforcarei.blogspot.com/) onde aparece o vídeo con todas as fotografías que mandastes que vos suxerían paz. 
Clicade na imaxe para acceder.

martes, 3 de febreiro de 2015

SEMANA DA PAZ.

 A semana pasada  dedicámola no cole á paz e ao amor. Dúas palabras bonitas que deben trascender máis alá do seu significado, materializándose nas nosas vidas e facéndose cotiás no mundo. Propuxéronnos algúns retos e ofertáronnos lecturas e representacións do máis variado.
Un día visitamos a aula de terceiro, invitados pola mestra Chus, para cantar xuntos unha canción de Gisela "Paz y amor".
 Biblo, a mascota da nosa biblioteca pediunos colaboración para decorar os corredores do cole realizando, xunto coas familias, un boneco decorado.



Como nós fixemos lectura polo Samaín nesta ocasión tocounos escoitar aos compis.
Visitamos a biblio para escoitar aos compañeiros/as de 1º recitar unhas poesías sobre a Paz, aos nenos/as de 6º contarnos "La leyenda del arco iris" e rematar cantando xuntos unha canción;aos de 5º, recitar poemas inventados por eles mesmos e representar "El pez Arcoiris" no teatro de marionetas e aos chicos/as de Infantil de 4 e 5 anos contarnos os tipos de bicos que hai e porque teñen diferente cor. Despois escollemos os bicos que máis nos gustaban e asinamos neles recibindo a cambio un bico da nosa cor.
O día da celebración xuntámonos todos no salón de actos e,como colofón a unha gran semana,interpretamos a canción "Hoy cantamos por la Paz". Tamén comezamos un mural para recoller normas de convivencia pacífica, pero como a Paz é todo o ano.....xa haberá tempo de rematalo!!!

mércores, 28 de xaneiro de 2015

CREANDO BARCOS,PERSEGUINDO SOÑOS.

"Mil barcos por un soño, mil barcos pola paz."
Baixo este precioso lema, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda, embárcase nun ambicioso reto: o de conseguir mil barcos de papel que naveguen cara a illa da paz o próximo 30 de xaneiro. Basándose na historia da nena Sadako Sasaki, no canto de grúas,os silledenses, pretenden construír naves que surquen mares de procelosas e intolerantes augas para alcanzar  a concordia e a conciliación.
Son moitos os "armadores e armadoras" que lles están botando unha man e, desde o cole de Forcarei, non quixemos ser menos. Participamos todos, que aínda que non somos moitísimos, facemos montón. Deixovos aquí  a nosa contribución desde a aula de cuarto.
Grazas profe Chus , por facernos a foto!!!

Aquí  queda  unha presentación para que vexades o proceso de creación.
E tamén un vídeo sobre o acontecido na vida de Sadako Sasaki. Na próxima entrega de "Como a vida mesma" traereivos unha curta animada sobre  a historia desta nena.

Queremos felicitar  aos compañeiros/as Colexio Plurilingüe María Inmaculada pola súa orixinal iniciativa e agradecerlles que pensasen en nós  para colaborar con eles.
GRACIÑAS, COMPAÑEIROS/AS E ...ATA A PRÓXIMA AVENTURA!!!

luns, 13 de outubro de 2014

NOBEL DA PAZ.

Imaxe obtida de La Vanguardia.

O venres pasado foron galardoados co Novel da Paz a pasquistaní Malala Yousafzai e o activista indio Kailash Satyrthi. Recíbeno pola súa loita contra a opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos á educación.
No vídeo que veredes á continuación  recóllense as declaración do premiado e un fragmento do discurso que Malala pronunciou ante as Nacións Unidas no 2013.Na gravación tamén aparecen imaxes do seu traslado cando foi tiroteada en Pakistán. Pero , por que se tirotea a unha nena de 14 anos?
No ano 2012, Malala ía coller o autobús para regresar á súa casa á saída da súa escola en Mingora, cando un talibán lle disparou na cabeza.Resultáballe molesta por estudar e defender o dereito das nenas paquistanís a recibir unha educación.
Vós que tendes tanta sorte de poder asisitir á escola, dereito a unha educación, liberdade para ser e pensar....por que non o aproveitades?