Amosando publicacións coa etiqueta Recursos paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos paz. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA (2025).

Imaxe de ANDRI TEGAR MAHARDIKA en Pixabay.com
A paz é algo moi importante que todos debemos coidar. Pero, que é iso a paz? Pois cando as persoas viven sen pelexas, sen discusións e respectan as ideas e sentimentos dos demais. Cando estamos en paz, todos nos sentimos felices, tranquilos e seguros.

luns, 5 de febreiro de 2024

CELEBRANDO A PAZ (2024).

Imaxe de Clker-Free-Vector-Images en Pixabay.com
O martes pasado celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz por todo o alto. Tivemos varias sesións de Curtas pola Paz en "A maxia dos venres" da biblio e tamén alí fixemos unhas chapas moi molonas, para nós e as nosas familias.

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA (2024).

Imaxe de Godon Jonson en Pixabay.com
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz. Dentro de pouco contarémosvos como foi o festexo  e  que actividades fixemos para tal fin.

xoves, 25 de xaneiro de 2024

RECURSOS PARA A PAZ (2024).

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Achegámonos a o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e pode ser que uns recursos nos axuden a enfocar o tema máis facilmente.

domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2022.

Imaxe obtida na páxina de Facebook de Asociación Caminar

Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. No cole, xa o celebramos durante a semana pasada pero como hoxe é o día propio, pois celebración outra vez.

mércores, 26 de xaneiro de 2022

RECURSOS DA PAZ (2022).

Imaxe de InspiredImages en Pixabay.com

Hoxe imos facer unha compilación de recursos da Paz e a Non Violencia. Parécevos?Pois imos aló!!!

sábado, 26 de xuño de 2021

MANUALIDADES (VII)

Imaxe de Gloria Kaye en Pixabay.com
Xa había un tempo que non falabamos de manualidades. Queredes coñecer outra das que fixemos no curso? Atentos/as!!!

venres, 5 de marzo de 2021

sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2021.

Imaxe de DavidRockDesing en Pixabay.com
Para este 30 de xaneiro, no que conmemoramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz, temos reservado un estupendo vídeo da Profe Mirian, onde nos explica  a orixe e celebración desta data.
Atentos/as!!!

martes, 26 de xaneiro de 2021

RECURSOS PAZ 2021.

Imaxe de S. Hermann&F.Richter en Pixabay.com
Imos facer unha pequena compilación de recursos para o Día da Paz.  Espero que resulte útil!

xoves, 23 de xaneiro de 2020

RECURSOS DA PAZ 2020.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Imos ver que temos por aquí para celebrar este 30 de xaneiro o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
-No blogue da nosa amiga Blanca B, Actividades para Educación Infantil, aparecen interesantes actividades sobre o día da Paz.

venres, 8 de febreiro de 2019

CELEBRACIÓN DA PAZ.

O  30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia no noso centro. Xa na véspera  tiveramos unhas lecturas moi amenas realizadas polo alumnado de 3º e 5º.
Tamén en días anteriores, fixeramos decoracións de aulas e espazos comúns. Todo relacionado coa paz e o mar, o noso proxecto. Ollade que ben traballaron os nosos compis!Barcos, submarinos, mandalas...que máis se pode pedir?
Comezamos o acto escoitando un manifesto dos alumnos/as de 5º e 6º. A continuación, os peques de Infantil ensináronnos unha frase da nai Teresa de Calcuta.
Por último, cantamos todos/as a canción de Macaco"Mensajes del agua".Sei que nos gravaron na actuación pero o que non sei é se o vídeo está editado. Por iso , déixovos a canción orixinal.
Obtido no canal de Youtube Macaco Catálogo
Noutra entrada ensínovos algo que fixemos na clase.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

PAZ.

Imaxe atopada na rede.
Como cada 30 de xaneiro, celebramos nas escolas o Día da Paz e a Non Violencia.
Para non repetir todos os anos o mesmo, remítovos a unha información da Junta de Andalucía sobre a celebración deste día. Premede aquí.
Ata que vos conte o que fixemos este ano para conmemorar a data, déixovos dúas versións da "Cantarela dos nenos". Porque  creo que a música contribúe á Paz. Cal vos gusta máis?

Obtido no canal de Youtube de A Fernández

Obtido no canal de Youtube de Ángeles Crespo
FELIZ  E PACÍFICO DÍA!!

venres, 25 de xaneiro de 2019

RECURSOS PAZ 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa se achega o Día Escolar da Paz e a non Violencia e, aínda que todos os días estemos buscando solucións para resolver conflictos e vivir en harmonía, esta data celebrarémola por todo o alto. Déixovos uns recursos para ir organizando a festa:
-No blogue El rincón de aprender teñen unha boa selección de materiais.
-Na páxina de UNICEF, aparece un bingo para a Paz.
- Os chicos de Orientación Andújar tamén nos propoñen unhas actividades.
- No Portal da Lingua Galega recollen un vídeo do CEIP Carballal de Marín que está estupendo.
- Non esquezades consultar os recursos de anos anteriores.
E rematamos con música, a do tema que abre "Xiqui, Xoque Fiú Fiú", da segunda entrega de María Fumaça. É unha beleza de canción e de vídeo. Que o gocedes!
Obtido no canal de Youtubr de Sonárbore

venres, 2 de marzo de 2018

CELEBRANDO A PAZ (III).

Mural realizado pola profe Puri de Relixión e os nenos/as de 6º.
Xa vos contaramos que para celebrar a Paz fixeramos varias cousiñas. Pois hoxe ímosvos mostrar a nosa aportación plástica.
A base  da  manualidade vina en KROKOTAK (utilizada para outra celebración) ,pero gustoume  e decidín facela  para a Paz.Primeiro dobramos un folio de cor e os nenos/as debuxaron a contorna da súa man(traballaron por parellas).
Despois recortarmos e pegamos nunha cartolina negra.
Por último, escribimos unha mensaxe  e decoramos ao gusto de cada un.
Tamén fixemos unha pomba crebacabezas que atopei na rede. Coloreámola con ceras brandas, recortámola, montamos sobre cartolina e despois,  recheamos de afiado as letras que nos fixo a profe Lucía. Así nos quedaron.
Montaxes realizadas con PiZap.

venres, 9 de febreiro de 2018

CELEBRANDO A PAZ(II).

Árbore realizada polos/as nenos/as coa teacher.
Fai dúas semanas fixemos moitas actividades relacionadas coa Paz. Lemos un conto "Para que serve unha tixola?" ( que eu rebauticei, traducín e adaptei da historia de Pedro Pablo Sancristán "El sartenazo") e fixemos un debuxo. Mirade que bonitos!!!
Tamén fixemos unha fichiña combinando actividades vistas na rede sobre o tema. Déixovola en Box  por se lle interesa a alguén.
Montaxe realizada con Pizap.
Noutra entrada, máis.

domingo, 4 de febreiro de 2018

CELEBRANDO A PAZ.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
O  30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e no cole, non iamos ser menos. Nós tivemos que facelo ao día seguinte porque o salón de actos estaba ocupado e non tiñamos onde xuntarnos todos/as e poder conmemorala  como debe ser.
Pola mañá, cando chegamos, o cole estaba cheo de globos coas mensaxes que previamente escribiramos todos/as.
Montaxe realizada con PiZap.
Xuntámonos no salón e, Rocío de 6º explicounos o por que desta celebración, antes de ver a curta"A ovella pelada" de Pixar. Unha bonita historia sobre a autoestima e a beleza interior.
Obtido no canal de Youtube de David e Silvia.
Rematamos o acto coa interpretación da canción"Quérote máis que a tortilla de patacas con xamón"(daí os nosos lemas deste ano). Esta preciosidade gustounos moito e ata fixemos un vídeo. Espero poder compartilo en breve.
Obtido no canal de Youtube de Músicas do país.

domingo, 28 de xaneiro de 2018

RECURSOS PAZ 2018 (MÚSICA).

Imaxe atopada en Pixabay.com.

Os recursos da Paz xa os publiquei pero decidín facer un pequeno apartado de cantigas para darlle un toque musical.
Comezamos con Mamá Cabra.
Obtido no canal de Youtube de Sonárbore.
Obtido no canal de Youtube de Mª José Silva Iglesias.
-Seguimos con Unai Quirós.
Obtido no canal de Youtube de Unai Quirós.
- E rematamos con Jesús Pareja.
Obtido no canal de Youtube de Jesús Pareja.
FELIZ E MUSICAL DÍA DA PAZ!!!

mércores, 24 de xaneiro de 2018

RECURSOS PAZ 2018.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
O Día da Paz está ao caer e, aínda que teñamos que fomentala todos os días, este día 30 celebrarémola a tope. Aquí vos deixo algunhas ideas interesantes.
-Na páxina de Educación 3.0 hai moito e bo en que escoller.
- Os compis de Orientación Andújar deixannos un conto e variedade de actividades.
-No blogue de Fausti, Tetuanlee, tamén nos ofrecen amplas posibilidades.
-Na páxina de SM, hai lecturas relacionadas co tema, para todos os cursos.
-No blogue, Aula de apoyo e integración, aparece unha compilación en Pinterest que está estupenda.
 -Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores.

En breve, falamos de cancións da Paz.

domingo, 5 de febreiro de 2017

ABECEDARIO DA PAZ.

O luns 30 celebramos no cole o Día da Paz e a non Violencia. Xuntámonos todos/as no salón de actos e fixemos un abecedario da Paz que levaba por detrás unha pomba con mensaxe. Despois gozamos e emocionámonos coa curta "Cuerdas", a preciosa historia de María e o seu amigo especial. Por último,cantamos a canción "A Muralla", que nos ensinou o profe Toño en galego. Aquí queda constancia do que pasou.
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un abecedario de lecturas sobre o tema  de Loqueleo de Santillana.