viernes, 31 de octubre de 2014

FELIZ SAMAÍN.

Imaxe obtida da rede.

Feliz día, nenos e nenas!!! Hoxe , 31 de outubro, cando celebramos o Día do Ensino,chega o Halloween-Samaín ao noso calendario tamén.
Como non podía ser doutra maneira, para festexar esta data deixovos unha historia..... arrepiante!!!
Espero que a gocedes sen pasar moito medo pero non sei se poderedes soportar tanta tensión. 
Adiante, meus valentes a historia nunca a escribiron os cobardes!!!
Esta curta de animación  dirixida por  Jorge Hernádez , cóntanos a historia de Santiago, un neno normal que vive entre zombies ameazado por un temible monstro amarelo.

jueves, 30 de octubre de 2014

COCIÑA TERRORÍFICA.

Coa celebración de Halloween- Samaín necesitamos receitas axeitadas para convidar aos nosos amigos e familiares.Os nenos e nenas de 4º ofrécennos unhas propostas innovadoras e arrepiantes.
Atrevédesvos ???
 
Sirva de aperitivo para a festa.

Tamén atopei en Mundo Primaria unhas  táboas con monstros que nos poden vir moi ben para repasar; porque repasar nunca está de máis.

martes, 28 de octubre de 2014

RECURSOS PARA O SAMAÍN.

O Samaín está á volta da esquina e para celebralo temos ao noso alcance infinitas posibilidades.Aquí vos deixo un acceso á compilación que realicei este curso. Tamén quedará no lateral do blogue para que  non os perdades de vista. Hai cousas ben interesantes!!!
Nós, polo momento, xa empezamos coas celebracións e estamos indo á biblioteca a escoitar contos de medo. Hoxe tocounos ler a nós, pero xa volo ensinaremos noutra entrada.

sábado, 25 de octubre de 2014

OUTRA DE PUNTOS.

Como o fixestes moi ben na entrega anterior, nesta, imos repetir a experiencia para que collades práctica, vale?
Os puntos tratarán sobre un personaxe que me gusta moito e do que xa falei no blogue.
Xogades por 5 puntos e as preguntas son:

-Cando naceu Mafalda?
-Como se chaman os seus amigos?
-Que odia Mafalda?
-Como se chama a súa mascota e que é?
- Busca no dicionario  o significado do nome do animal. (Lembrade que tedes enlaces a dicionarios na columna da dereita).
Imaxe obtida na rede.
O último día de entrega será o luns, 3 de novembro, que tamén estará incluido.
Ánimo rapaces!!! 

jueves, 23 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 O mes de outubro está adicado ás Bibliotecas Escolares e o día 24 dese mes conmemórase o Día  da Biblioteca. A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil  celebra este día como homenaxe á labor que desempeñan os bibliotecarios e bibliotecarias.
Este ano Carme Solé é a autora do cartel e Antonio Rodríguez Almodóvar  escribiu no pregón un precioso recordo a Ana María Matute.
Se premes sobre el  accederás ao pregón.
En Bibliotecas Escolares de Galicia atoparás o cartel deste curso e máis informción sobre o tema.
Como recomendación para este día deixovos unha de Docentes para el fomento de la lectura.
Hoxe tamén é o Día da Nacións Unidas, premede na foto para saber máis.

miércoles, 22 de octubre de 2014

HORA DE LER.

Comezou a clase pola tarde  e con ela a nosa "Hora de Ler".  Cando entramos do comedor, despois de gozar dun anaquiño de recreo, dedicámoslle 30 minutos á lectura. Na primeira semana fixemos lectura silenciosa e cada un leu o que quixo da biblioteca de aula pero na seguinte, xa empezamos con outra dinámica. Trouxemos da casa á aula  libros que nos gustaban  e agora lerémosllos aos nosos compañeiros.O primeiro en comezar foi Marcos Abad, que nos fixo rir co seu "Chistes Infantís. Os mellores 200 chistes para nenos" de Edicións Sálvora. Pero non contentos con isto, Carlos e Iván, axudáronlle para que os chistes fosen dialogados. Velaquí a mostra.

domingo, 19 de octubre de 2014

INSPIRA,EXPIRA.

Seguimos avanzando no Coñecemento do Medio e chegamos á Respiración. Deixovos os enalces ás entradas do ano pasado e algunha cousiña nova. A repasar!!!
-A circulación.
Agora  mirade o que atopei no Espazo Abalar sobre o tema .  Está realizado pola Junta de Andalucía  e traducido ao galego. Ven bastante completiño. Ollade!!!
 A presentación do aparato circulatorio tamén é da Junta de Andalucía pero no atopei traducido ao galego. Para repasar vale igual.

jueves, 16 de octubre de 2014

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Imaxe obtida na rede.

O Día Mundial da Alimentación levouse a cabo por primeira vez o 16 de outubro de 1981.A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura marcou este día por ser cando se fundou o organización en 1945.
Este ano o tema principal da celebración é a agricultura familiar, da cal se celebra o Ano Internacional proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.Este é un claro sinal do recoñecemento da comunidade internacional sobre a importante contribución dos agricultores familiares á seguridade alimentaria mundial.
O lema escollido en 2014"Alimentar o mundo, coidar o planeta" escolleuse para promover a sensibilización sobre a agricultura familiar e os pequenos agricultores.

Neste vídeo aparecen todos os temas centrais dos Días da Alimentación desde a súa creación.
Aquí quedan unhas actividades que vos poden orientar para traballar este día.


lunes, 13 de octubre de 2014

NOBEL DA PAZ.

Imaxe obtida de La Vanguardia.

O venres pasado foron galardoados co Novel da Paz a pasquistaní Malala Yousafzai e o activista indio Kailash Satyrthi. Recíbeno pola súa loita contra a opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos á educación.
No vídeo que veredes á continuación  recóllense as declaración do premiado e un fragmento do discurso que Malala pronunciou ante as Nacións Unidas no 2013.Na gravación tamén aparecen imaxes do seu traslado cando foi tiroteada en Pakistán. Pero , por que se tirotea a unha nena de 14 anos?
No ano 2012, Malala ía coller o autobús para regresar á súa casa á saída da súa escola en Mingora, cando un talibán lle disparou na cabeza.Resultáballe molesta por estudar e defender o dereito das nenas paquistanís a recibir unha educación.
Vós que tendes tanta sorte de poder asisitir á escola, dereito a unha educación, liberdade para ser e pensar....por que non o aproveitades?

viernes, 10 de octubre de 2014

APRECIADO VERÁN.


Como non podía ser doutro xeito, aquí chegan as crónicas do acontecido no verán. Falta a de Sheila, pero é porque se incorporou máis tarde e xa tiña a presentación preparada. Da próxima non te libras, eh?

lunes, 6 de octubre de 2014

VOLVEN OS PUNTOS!!!

Bueno chicos/as, é hora de poñerse en marcha. Por fin aparecen  uns novos puntos!!!
O que tedes que facer é moi fácil.Lede as preguntas con calma e buscade as respostas  no  blogue (nesta ocasión empezaremos suaviño e falaremos dun tema exposto nun post anterior), copiade as preguntas e respostas nun papel(atención á ortografía), entregádeas antes da data límite e...xa teredes os vosos primeiros 5 puntos!!!

Aí van as cuestións:
- Onde e cando naceu Roald Dahl?
-Por que os seus pais lle puxeron ese nome?
-Cando faleceu?
-Escribe o nome de catro das súas obras.
-Quen ilustrou a maioría dos seu libros desde 1978?
MOITA SORTE E MOITA MAXIA!!!
Lembrade que na entrada dedicada a este autor tedes toda a información que vos pido, so tedes que sabela buscar. A data límite de entrega será o luns,  día 13 de outubro. Animádevos!!!!


domingo, 5 de octubre de 2014

DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES.

Imaxe de Manu Velasco.

Hoxe celebramos o Día Mundial dos Docentes,cumpríndose este ano o vixésimo aniversario da súa instauración. Parabéns a todos aqueles que un día decidiron adicar a súa vida á docencia e se entregaron a ela dunha maneira paixonal.A todos os mestres, a todas a mestras; grazas por pola vosa dedicación e entrega, polo traballo ben feito e por aprender dos erros. Ogallá cambie a visión social para recoñecer unha labor encomiable e un esforzo que so vai dirixido ao ben dos alumnos/as; ao ben común.
A imaxe de Manu Velasco, que encabeza esta entrada, resume axeitadamente a labor dos docentes de vocación,dos que intentamos chegar aos nenos/as dun xeito diferente  para que poidan descubrir o seu camiño  e poidan valerse por eles mesmos.
 Para celebralo, compártovos este vídeo de Tiching que fixeron para homenaxearnos.
          
E tamén unha imaxe de Docentes para el fomento de la lectura.
PARA OS MEUS MESTRES E MESTRAS; GRAZAS!!!

jueves, 2 de octubre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE.

Imaxe obtida no blogue  El rincón de Infantil.

Onte celebrouse, a nivel mundial, o día das persoas con idade sendo o tema deste ano: "Non deixar a ninguén atrás: promoción dunha sociedade para todos". Según o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, as persoas de idade contribúen de distintas maneiras ao desenvolvemento económico e social. Non obstante, ségueselles discriminando e excluíndo da sociedade.Debemos superar estes prexuízos para conseguir que a poboación sexa activa social e economicamente, estea protexida e envelleza de forma sa.

Como o Día dos Avós se celebra tradicionalmente o 26 de xullo (e nos colle de vacacións) quero aproveitar este día para ensalzar a figura dos queridos avós, que tanto  queren e  miman aos netos. Unha figura que irradia amor e sabedoría, que cría e aloumiña, que ensina, que vale. Uns seres entrañables que se desviven por facer a vida agradable  e que so  piden a cambio un pouco de atención. As veces necesitan axuda e coidados pero...quen axudou e coidou aos nosos pais? E a nós?
Gozade dos vosos avós, como eu fixen cos meus; escoitádeos, son  a voz da experiencia; deixádevos guiar por eles, xa educaron antes e dádelles a man para camiñar, ás veces necesítano.
 Respecto sempre polas persoas de idade.

Aquí vos quedan unhas lecturas que tratan sobre os avós. A ler!!!