Hoxe celebramos o Día Mundial dos Docentes,cumpríndose este ano o vixésimo aniversario da súa instauración. Parabéns a todos aqueles que un día decidiron adicar a súa vida á docencia e se entregaron a ela dunha maneira paixonal.A todos os mestres, a todas a mestras; grazas por pola vosa dedicación e entrega, polo traballo ben feito e por aprender dos erros. Ogallá cambie a visión social para recoñecer unha labor encomiable e un esforzo que so vai dirixido ao ben dos alumnos/as; ao ben común.
A imaxe de Manu Velasco, que encabeza esta entrada, resume axeitadamente a labor dos docentes de vocación,dos que intentamos chegar aos nenos/as dun xeito diferente para que poidan descubrir o seu camiño e poidan valerse por eles mesmos.
Para celebralo, compártovos este vídeo de Tiching que fixeron para homenaxearnos.
E tamén unha imaxe de Docentes para el fomento de la lectura.
Hola Anabel! Grazas por compartir esta fermosa entrada. Feliz Día do Docente para tí tamén. Unha aperta!
ResponderEliminarGraciñas, Natalia. Feliz día a ti tamén. Un bico.
ResponderEliminarUnha entrada moi bonita, Anabel. Moi feliz día, amiga. Unha aperta.
ResponderEliminarGraciñas,amiga. Feliz día para ti tamén.Biquiños.
ResponderEliminar