Miña nai!!! O tempo non chega a nada!!! Xa sei que temos estes temas dados pero.... que vos parece se facemos un repasiño a través de xogos? Iso, nunca está de máis!!
Hoxe, xa preto de volver a vernos, quero recordar como rematamos o trimestre. Foi un día moi especial, como eses de antano, que parece que xa non existen.
Este curso fixemos dúas manualidades de Nadal, que non se diga! Optamos pola tradicional tarxeta de felicitación (que supoño vos chegaría ás vosas casas) e fixemos unha vela decorativa.