luns, 4 de xaneiro de 2021

MANUALIDADES (IV).

Imaxe de Gábor Adonyi en Pixabay.com
Como quedamos onte, hoxe toca ver as postais que fixemos.
A idea do modelo debémoslla á profe Susana, que é unha experta no tema e se lle dan xenial estas cousas.
Nunha cartolina branca, dobrada á metade,fixo unhas raias para cortar. Como explicalo así pode ser difícil de entender, busqueivos un titorial en Youtube que vos axude. Máis ou menos sería así.
Obtido no canal de Youtube  Juntines Planes
Nós utilizamos letras adhesivas de purpurina e formas troqueladas para a portada e cuños e pedriñas brillantes para decorar por dentro. Ollade o resultado!!!
Montaxe realizada con PiZap

Ningún comentario:

Publicar un comentario