Amosando publicacións coa etiqueta Manualidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manualidades. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de xuño de 2023

MANUALIDADES (III)

Imaxe de husnil khawatim en Pixabay.com
Seguimos falando de manualidades. Hoxe tócalle o turno á nosa cidade de inverno.

xoves, 30 de marzo de 2023

MANUALIDADES(II).

Imaxe de StockSnap en Pixabay.com
Bueno, as nosas manualidades van sen tempo, é dicir, cando lle cadra. Recén estreada a primavera imos falar  do que fixemos con follas secas. Non pasa nada, o tempo é relativo!

xoves, 19 de xaneiro de 2023

MANUALIDADES.

Imaxe de Stefan Schweihofer en Pixabay.com
Toca falar de manualidades, parécevos? Este curso non é que fixeramos grandes cousas pero imos ensinarvos algunha. Hoxe: follas de outono.

martes, 5 de xullo de 2022

sábado, 8 de xaneiro de 2022

MANUALIDADES (III):

Imaxe de donations welcome en Pixabay.com
Este ano fixemos unha manualidade de Nadal moi sinxeliña e, ademais, cun uso variado. A miña idea ía cara unha bomboneira pero houbo quen lle viu posibilidades como lapiseiro ou como base para unha candea. Cada quen pode darlle usalo como prefira.

mércores, 22 de decembro de 2021

MANUALIDADES 3º (II).

Imaxe de Easy Paesy and Fun
Esta ano polo Samaín tocoulle ao morcego. Saquei a idea da páxina Easy Peasy and Fun  e creo que non quedou de todo mal.

xoves, 16 de decembro de 2021

MANUALIDADES 3º.

Imaxe de rawpixel.com en Freepick.es
Comezamos a contar as manualidades que fixemos neste trimestre. A primeira foi a nosa folla de outono.

sábado, 3 de xullo de 2021

MANUALIDADES (VIII).

Imaxe de Robert Armstrong en Pixabay.com
Para cerrar o ciclo das manualidades que fixemos este curso, mostrámosvos o cartafol  no que recollemos todos os nosos traballos e debuxos.

sábado, 26 de xuño de 2021

MANUALIDADES (VII)

Imaxe de Gloria Kaye en Pixabay.com
Xa había un tempo que non falabamos de manualidades. Queredes coñecer outra das que fixemos no curso? Atentos/as!!!

venres, 30 de abril de 2021

MANUALIDADES (VI).

Imaxe de Ernesto Barrachina en Pixabay.com
Tiñamos esquecidas un pouco as manualidades, non si? Pois hoxe imos falar dunha lámina que fixemos fai un tempo. Poderiamos chamarlle "Cidade de inverno".

venres, 5 de marzo de 2021

domingo, 3 de xaneiro de 2021

MANUALIDADES (III).

Imaxe de Gundula Vogel en Pixabay.com
Este curso fixemos dúas manualidades de Nadal, que non se diga! Optamos pola tradicional tarxeta de felicitación (que supoño vos chegaría ás vosas casas) e fixemos unha vela decorativa.

sábado, 2 de xaneiro de 2021

MANUALIDADES (II).

Imaxe de ElissaCapelleVaughn en Pixabay.com
Outra das manualidades que fixemos no primeiro trimestre foi unha casa encantada. Sacamos a idea de Pequeocio pero sempre dándolle un toque diferente.

sábado, 19 de decembro de 2020

MANUALIDADES (2020-2021)

Imaxe de Poison Ivy en Pixabay.com
Inauguramos a nosa sección este curso,cunha manualidade de outono (antes de que acabe).

mércores, 26 de febreiro de 2020

MANUALIDADES (III).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hoxe imos ver un par de sinxelas manualidades que fixemos para o Día da Paz e para o Entroido.
-Xa sabedes que estamos sempre querendo innovar e buscando cousas novas que fagan que o noso alumnado aprenda de maneira divertida. Ás veces, o tempo non nos da para máis e recurrimos a actividades que xa fixemos algunha vez. Pois ben, intentando repetir un modelo visto en KROKOTAC e que xa fixeramos en primeiro, saiu outra cousa.(Consultade aquí o xa feito).

sábado, 4 de xaneiro de 2020

MANUALIDADES 2019 (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Chegados a decembro fixemos unhas manualidades de Nadal. Comezamos cun anxo para colocar na árbore ou en calquera parte da casa. Fixémolos seguindo unhas instruccións sinxelas.
Os anxos quedaron moi simpáticos, que lle puxemos as nosas caras. Mágoa que a profe, cos apuros, non fixo ningunha foto.
Tamén fixemos unha árbore decorativa. Pintamos rolos de papel hixiénico, marrón para o tronco e verdes para a copa. Para o tronco necesitamos un rolo completo e para a copa 6 aros do cartón. Da montaxe e a decoración encargouse a profe porque se fixo con silicona quente; hai que evitar accidentes.  A ver se vos gustan!!
Montaxes realizadas con PiZap

xoves, 2 de xaneiro de 2020

MANUALIDADES 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Antes de falar das manualidades que realizamos no Nadal, imos a contar as que fixemos no outono.
Comezamos facendo unha composición de follas de outono. Debían pintalas coas cores outonais, recortalas e facer unha creación sobre cartolina negra. Estes foron os resultados.
Polo Samaín, fixemos un simpático morcego. Pintamos o noso rolo de papel hixiénico de negro, fixemos unhas ás de cartolina negra cunha plantilla, debuxamos e recortamos a boca, os colmillos e uns ollos. Despois,  pegamos todo.
Así foi como nos quedaron os bichiños.
Montaxes realizadas con PiZap

mércores, 4 de xullo de 2018

MANUALIDES FINAIS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Para finalizar con este apartado de manualidades imos mostrarvos dúas cousiñas. Comezamos coa nosa vaca de primavera.
Volvemos á socorrida páxina de Krokotac para facer unha vaquiña moi especal , co corpo  entrelazado.
Preme aquí para ver como se fai.
Así, fixemola nós.
Montaxe realizada on PiZap.
Por último, comentarvos que precisabamos "algo" para gardar os nosos traballos (todos aqueles que aínda estaban na aula). Fixemos estes cartaces de catolina. A ver se vos gustan!!!
Obtido no canal de Yoube de Anabel García.

luns, 2 de xullo de 2018

MANUALIDADES LECTORAS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Para o Día do Libro, este ano, realizamos uns marcapáxiñas de serpe moi chulos. É unha mágoa que non teñamos fotos pero sacamos a idea de Krokotac. Xa os fixera coa clase de 1º, podedes velos aquí. (A única diferenza foi que lle fixemos no reverso un corazón coma a serpe e escribímoslle Día do libro, 23 de abril de 2018 e un lema sobre a lectura que cada un inventou).
 De paso elaboramos uns mini libros coa historia da data. Están sacados a páxina de Actiludis.
O Día das Letras Galegas tamén o celebramos cunha manualidade de Krokotac. Fixemos uns lectores e lectoras (cada un o que quixo) que gozaban dun libro de Mª Victoria Moreno (a autora homenaxeada deste ano).
Montaxes realizadas con Pizap.