xoves, 30 de marzo de 2023

MANUALIDADES(II).

Imaxe de StockSnap en Pixabay.com
Bueno, as nosas manualidades van sen tempo, é dicir, cando lle cadra. Recén estreada a primavera imos falar  do que fixemos con follas secas. Non pasa nada, o tempo é relativo!
Pois recollemos no outono follas  e puxémolas a secar en papel de xornal e despois seguimos unha idea que vin no blogue da nosa amiga Blanca B, Actividades para Educación Infantil
Comezamos realizando a silueta dun xarrón en papel de xornal, recortámolo e pegámolo nun A3. Fixemos unha composición con follas que tamén pegamos e a lámina asegurámola en cartón pluma adhesivo. Este foi o proceso.
Montaxe realizada con Pizap.com
Así nos quedou.
Montaxe realizada con BeFunky.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario